Arquivo por etiquetas: selvatica

Fantasma Accidental 4×09

 Rematamos coa triloxía de programas nos que xente de bandas galegas falan e recuperan cancións favoritas do seu repertorio, e recomendan outras de repertorios alleos escoitadas no pasado ano 2015 (ainda que non se publicaran ese ano).

|Descarga|

Toño Magariños de diola (antes en Unicornibot) escolle un tema do seu proxecto máis persoal: Marrones Burócratas. Banda na que xeralmente colabora con Rubén Abad e máis músicos invitados e que saca en edicións limitadas os seus discos en Nadal. A música que elixe do que máis lle gustou o pasado ano corresponde a Girl Band, uns irlandeses que lle recordan a impredecibilidade dos Pixies.

 

Manu G. Sanz de Selvática fainos pinchar outra vez a súa banda neste programa. Nesta ocasión bailamos ao ritmo de “Qué más da” do primeiro disco destes galegos afincados en Brasil. E precisamente do pais tropical escolle unha canción da bahiana Gal Costa do ano 1973 aparecida no seu disco Índia producido polo influinte Guilherme Araújo.

 

Raúl Santiago de Músculo! aporta “Los chicos de Chicago” coa que a súa banda adéntrouse no baile electrónico no 2013 dándolle unha identidade ao proxecto dos de Pontevedra. Cóntanos cales foron as súas favoritas do 2015 pero non vai moi lonxe para seleccionar e recomendar a Pálida, o proxecto unipersonal electrónico do vigués José Garnelo, máis coñecido como Nelo.

 

Isabel Fdez. Reviriego (Aries) é a primeira invitada na que vai ser a nova sección fixa de gravacións accidentais chamada Lemuria. Extendemos o chamamento incitando a que nos conten algo dende a emoción sobre unha gravación na que teñan participado e recomenden aquela música que teñan na cabeza nese instante. Isabel recorda a súa ex banda Charades e un fin de semana de exaltación da amizade en Brighton. Coa triste nova da morte de David Bowie retrotraese a 1965 cando o músico londinense facíase chamar Davy Jones e tiña un conxunto mod.

 

A parte final do programa recorda a David Bowie, que morría o pasado 10 de xaneiro, logo de publicar como testamento Dark Star o 8, día no que cumpría 69 anos. Deixa música e emocións para revivir ad eternum. Entendemos a súa figura musical como unha presenza continua na nosa vida. Tres filmes relacionados co camaleónico Duque Blanco foron impactos emocionais na nosa vida.

 

Con “The Man Who Sold the World” recordamos The Man Who Fell to Earth dirixida por Nicolas Roeg e protagonizada por Bowie en 1976 na que interpreta a un extraterrestre. Yo, Cristina F.(Christiane F. – Wir Kinder vom Bahnhof Zoo) dirixida por Uli Edel no 1981 foi un impacto na memoria deste lemur. Baseada na hstoria real dunha rapaza de 13 anos adicta á heroina que se prostitue e vive unha historia de amor cun rapaz adicto e chapero na estación Zoo de Berlín. Bowie interprétase a si mesmo, presente coma unha figura salvadora que vai tocar na capital da Alemaña. Na miña mente soaba “Heroes” cando el e ela corren polo metro berlinés, mais foi nunha galería do edificio culminado coa estrela da Mercedes-Benz e cunha versión en inglés e alemán do tema. Rematamos con “I´m Deranged” que soa en Lost Highway (1997) de David Lynch escoitando a voz de Bowie aparecendo e desvanecéndose nunha estrada infinita.

Bowie-Blackstar

Blackstar, testamento

Listaxe 27/01/2016

01 Marrones Burócratas – El buen perder – Semáforos (MB, 2013)

02 Girl Band – Holding Hands With Jamie – In Plastic (Rough Trade, 2015)

03 Selvática -Un mundo extraño – Qué más da (Discos de Kirlian/Mama Vynila/La nada colectiva, 2015)

04 Gal Costa – India – Relance (Philips, 1973)

05 Músculo! – Selección natural – Los chicos de Chicago (M!, 2013)

06 Pálida – Days Static – Smart II (Pálida, 2015)

07 Charades – En ningún lugar – Un día en Brighton (BCore, 2008)

08 Davy Jones and the Lower Third – You’ve Got a Habit of Leaving (7″ Sgl ) (Parlophone, 1965)

09 David Bowie – Black Star – Lazarus (ISO/RCA, 2016)

10 David Bowie – The Man Who Sold the World – The Man Who Sold the World (Mercury, 1970)

11 David Bowie – Heroes – Heroes (RCA, 1977)

12 David Bowie – Outside – I’m Deranged (Virgin, 1995)

Etiquetado , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 4×04

Neste episodio substituímos a nosa sintonía por un pequeno manifesto anti-barbarie, coa música do xitano sinti Django Reinhardt, na memoria das vítimas do terror en París, Siria e calquera lugar do mundo.

Selvática; un mundo estraño.

Selvática; un mundo estraño.

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x04_md_9464402_wp_1.mp3″ |Descarga|

O programa está centrado na publicación dos discos de Selvática e Travesti Afgano. “Un mundo extraño” é o esperado disco de Selvática, editado conxuntamente por Mama Vynila e Discos de Kirlian.
A banda está formada por Manu G. Sanz e Paula Vilas, ambos anteriormente en Indómitos, banda referencial nacida en Glasgow, xunto con Israel Ruíz, Luismi G. Almuíña e Iban Pérez. A parella montou a banda na diáspora entre Pontevedra e São Paulo e esa será a excusa argumental para construír unha ponte co Brazil tropical. Viaxamos a finais dos anos 60 para pinchar a psicodelia tropical de Os Brazões, Os Mutantes, Caetano Veloso e o descoñecido Pedro Santos. Pescudamos nas bandas paralelas dos músicos que integran Selvática, Tot Vu Vu, Joao Tomba e Lobishome. Ademais do proxecto de bandas sonoras imaxinarias de Manu G Sanz xunto a Óscar Chamorro chamado Orphan Tracks.

Escoitaremos tamén a Travesti Afgano con “Jefes de Julais”. A banda do incombustible, incomparable e imprescindible  Rafa Anido xunto aos Lobishome Luismi González e Marcos Martínez, e a última incorporación de Camilo (Metralletas Lecheras) publica, un 20N, un tratado de surf, punk rock, afterpunk-galicianbizarre e nabos agromados co que os lemures bailan pogo.

Os Brazões, psicodelia tropical no Brazil

Os Brazões, psicodelia tropical no Brazil

Listaxe 18/11/2015
01 Django Reinhardt et le Quintette du Hot Club de France – Swing de Paris (1940)
02 Selvática – Un mundo extraño – El sabor del miedo (Mama Vynila/Discos de Kilrian, 2015)
03 Indómitos – Indómitos – Placeres de la Niñez (El Beasto, 2008)
04 Selvática – Un mundo extraño – Selvática (Mama Vynila/Discos de Kilrian, 2015)
05 Selvática – Venusiana (demo, 2014)
06 Pedro Santos – Krishnanda – Dentro Da Selva (CBS, 1968)
07 Os Brazões – Os Brazões – Feitiço (RGE Discos, 1969)
08 Selvática – Un mundo extraño – Ella es especial (Mama Vynila/Discos de Kilrian, 2015)
09 Os Mutantes – Os Mutantes – A Minha Menina (Polydor, 1968)
10 Caetano Veloso – [Tropicália] – Tropicália (Emarcy / PolyGram, 1968)
11 Orphan Tracks – The Milano Incident (2011)
12 Joao Tomba – Veterano de las cruzadas tecnológicas – No Quiero ir a Vietnam (2015)
13 Tut Vu Vu – Tut Vu Vu (LP) – Pacman (Juno Recs, 2015)
14 Selvática – Un mundo extraño – Un mundo extraño (Mama Vynila/Discos de Kilrian, 2015)
15 Travesti Afgano – Jefes de Julais – Defensa Mental (Mama Vynila, 2015)
16 Travesti Afgano – Jefes de Julais – Plan XIII (versión de Los Iribarnes) (Mama Vynila, 2015)
17 Los Iribarnes – Planeta Iribarne – A 55 (2006)
18 Travesti Afgano – Jefes de Julais – Yo no soy Mark E. Smith (Mama Vynila, 2015)
19 Lobishome – Fobias, Complejos, Historias y Huesos – Los Fantasmas (Mama Vynila, 2013)
20 Travesti Afgano – Jefes de Julais – Sexo Débil (Mama Vynila, 2015)
21 Travesti Afgano – Jefes de Julais – Berlusconi (Mama Vynila, 2015)
22 The Fall – Kicker Conspiracy Sgl – Wings (Rough Trade, 1983)

Travesti Afgano, non son Mark E. Smith

Travesti Afgano, non son Mark E. Smith

Etiquetado , , ,

Fantasma Accidental 53

Sub Rosa | Inspirándose en Dietrich

Sub Rosa | Inspirándose en Dietrich

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-53_md_4116502_wp_1.mp3″

|Descarga|

Chegamos ao ano 2015 sorprendidos de que non existan monopatíns voadores e de que a xente nova, e non tan nova, siga a facer ruído a base de guitarrazos, ou calquera instrumento, a pesar de que non exista industria discográfica (tal e como a coñecíamos).
Facemos escolma de bandas que máis que emerxentes son urxentes. Propoñemos un ano máis a unha serie de formacións galegas a seguir ao longo do ano 2015.
Unha lista con diversos xéneros musicais nos máis diversos estilos dentro da música alternativa de Galiza. Concordamos con Desconcierto na aposta por algunhas destas bandas.

Monstruo | Novas bestialidades

Monstruo | Novas bestialidades

Listaxe 07/01/2015
01 Matar Gente – Todo le llega al que sabe esperar – Absolute Terror Field (Autoeditado, 2014)
02 Duister – The Boring Sounds of Duister – Fabada Cósmica (Autoeditado, 2014)
03 Ocre – Torpe – Lejos (Discos de Kirlian, 2014)
04 Elvis Negro – estaba en llamas / el salvaje abandono – El mundo en sus manos (Prenom, 2014)
05 Sub Rosa – Dietrich / Mise en place – R.I.P. James (Autoeditado, 2015)
06 Aníbal Anisakis – Single – Bailar (Autoeditado, 2014)
07 404 Error! – Otoño – Acapulco (Autoeditado, 2014)
08 Sokram – Chuvia Ácida – Vacas (Dktc Sons, 2014)
09 VickyPolard – Mutt – Si il vio verlo usconi (Autoeditado, 2014)
10 Superoito – Todo me dá voltas – Non sabes bailar (Autoeditado, 2014)
11 Avecrem – Avecrem – Monstruo Split – Gallego de Baltimore (Porno, 2014)
12 Monstruo – Travesti Afgano / Monstruo Split – Doma, cría (Porno, 2014)
13 Hömi – Pantalla – Global (Autoeditado, 2014)
14 Selvática – Demo – Uh Uh Espejismo (Autoeditado, 2014)

Ocre | Mirando ao lonxe

Ocre | Mirando ao lonxe

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.