http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-38_md_3314316_1.mp3″ descarga
Terra de Soños.
Dreamland, Christina Georgina Rossetti.Descansa, descansa por sempre
nas exuberantes beiras
Descansa ata que o corazón cale,
ata que o núcleo do tempo morra.
Durme un soño que a dor
non pode perturbar,
na noite que non quebrará na mañá,
ata que a alegría se apodere
da súa perfecta paz.
Facemos un programa de etérea forma dedicado ao pop máis ensoñador. Centrámonos nos 30 anos da edición do disco de Cocteau Twins “Treasure” (4AD, 1984) rescatando das sombras a This Mortal Coil e pescudando conexións e posibles influenciadxs en Galiza. Escoitamos as ensoñacións musicales no pasado de alDDao, o presente de Primrose e Linda Guilala, e ás novísimas formacións Visceral Eyes e Xoves. Anunciamos a Romaría Pop, da asociación Desconcerto, e o concerto presentación do mesmo na Zona C de Santiago de Compostela escoitando a unha das bandas impliccadas: La Dance. E completamos con Nadadora, banda xa desaparecida, e de fora de Galiza temos Beach House, Slowdive, Sensible Soccers e Silvania. Unha selección pre e post rafaelita de onírica beleza.
Listaxe 21/05/2014
01 Cocteau Twins – Treasure – Pandora (4AD, 1984)
02 Primrose – Serial Love – Not What You Thought
03 Cocteau Twins – Treasure – Ivo (4AD, 1984)
04 This Mortal Coil – Sixteen Days/Gathering Dust EP- Song to the Siren (4AD, 1983)
05 Visceral Eyes – Nebula – Empty
06 Slowdive – Hide Yer Eyes (no oficial) – Sleep (cover de Eternal) (Alti Philosophi, 2011)
07 Beach House – Teen Dream – Take Care (SubPop, 2010)
08 alDDao- alDDao EP- Crazy love show (rawmatroid, 2009)
09 La Dance – Cicloesférico – Plan B
10 Nadadora – Nadadora, Luz, oscuridad, luz – Siempre (Ernie Producciónes, 2010)
11 Linda Guilala – Xeristar – Lo Siento Mucho (Elefant Records, 2014)
12 Xoves – Getting Back
13 Sensible Soccers – Sensible Soccers EP – Fernanda (AMDISCS:Futures Reserve Label, 2011)
14 Silvania – Avalovara – En líneas sin fin (Elefant, 1995)