Arquivo por etiquetas: Gal Costa

Fantasma Accidental 4×09

 Rematamos coa triloxía de programas nos que xente de bandas galegas falan e recuperan cancións favoritas do seu repertorio, e recomendan outras de repertorios alleos escoitadas no pasado ano 2015 (ainda que non se publicaran ese ano).

|Descarga|

Toño Magariños de diola (antes en Unicornibot) escolle un tema do seu proxecto máis persoal: Marrones Burócratas. Banda na que xeralmente colabora con Rubén Abad e máis músicos invitados e que saca en edicións limitadas os seus discos en Nadal. A música que elixe do que máis lle gustou o pasado ano corresponde a Girl Band, uns irlandeses que lle recordan a impredecibilidade dos Pixies.

 

Manu G. Sanz de Selvática fainos pinchar outra vez a súa banda neste programa. Nesta ocasión bailamos ao ritmo de “Qué más da” do primeiro disco destes galegos afincados en Brasil. E precisamente do pais tropical escolle unha canción da bahiana Gal Costa do ano 1973 aparecida no seu disco Índia producido polo influinte Guilherme Araújo.

 

Raúl Santiago de Músculo! aporta “Los chicos de Chicago” coa que a súa banda adéntrouse no baile electrónico no 2013 dándolle unha identidade ao proxecto dos de Pontevedra. Cóntanos cales foron as súas favoritas do 2015 pero non vai moi lonxe para seleccionar e recomendar a Pálida, o proxecto unipersonal electrónico do vigués José Garnelo, máis coñecido como Nelo.

 

Isabel Fdez. Reviriego (Aries) é a primeira invitada na que vai ser a nova sección fixa de gravacións accidentais chamada Lemuria. Extendemos o chamamento incitando a que nos conten algo dende a emoción sobre unha gravación na que teñan participado e recomenden aquela música que teñan na cabeza nese instante. Isabel recorda a súa ex banda Charades e un fin de semana de exaltación da amizade en Brighton. Coa triste nova da morte de David Bowie retrotraese a 1965 cando o músico londinense facíase chamar Davy Jones e tiña un conxunto mod.

 

A parte final do programa recorda a David Bowie, que morría o pasado 10 de xaneiro, logo de publicar como testamento Dark Star o 8, día no que cumpría 69 anos. Deixa música e emocións para revivir ad eternum. Entendemos a súa figura musical como unha presenza continua na nosa vida. Tres filmes relacionados co camaleónico Duque Blanco foron impactos emocionais na nosa vida.

 

Con “The Man Who Sold the World” recordamos The Man Who Fell to Earth dirixida por Nicolas Roeg e protagonizada por Bowie en 1976 na que interpreta a un extraterrestre. Yo, Cristina F.(Christiane F. – Wir Kinder vom Bahnhof Zoo) dirixida por Uli Edel no 1981 foi un impacto na memoria deste lemur. Baseada na hstoria real dunha rapaza de 13 anos adicta á heroina que se prostitue e vive unha historia de amor cun rapaz adicto e chapero na estación Zoo de Berlín. Bowie interprétase a si mesmo, presente coma unha figura salvadora que vai tocar na capital da Alemaña. Na miña mente soaba “Heroes” cando el e ela corren polo metro berlinés, mais foi nunha galería do edificio culminado coa estrela da Mercedes-Benz e cunha versión en inglés e alemán do tema. Rematamos con “I´m Deranged” que soa en Lost Highway (1997) de David Lynch escoitando a voz de Bowie aparecendo e desvanecéndose nunha estrada infinita.

Bowie-Blackstar

Blackstar, testamento

Listaxe 27/01/2016

01 Marrones Burócratas – El buen perder – Semáforos (MB, 2013)

02 Girl Band – Holding Hands With Jamie – In Plastic (Rough Trade, 2015)

03 Selvática -Un mundo extraño – Qué más da (Discos de Kirlian/Mama Vynila/La nada colectiva, 2015)

04 Gal Costa – India – Relance (Philips, 1973)

05 Músculo! – Selección natural – Los chicos de Chicago (M!, 2013)

06 Pálida – Days Static – Smart II (Pálida, 2015)

07 Charades – En ningún lugar – Un día en Brighton (BCore, 2008)

08 Davy Jones and the Lower Third – You’ve Got a Habit of Leaving (7″ Sgl ) (Parlophone, 1965)

09 David Bowie – Black Star – Lazarus (ISO/RCA, 2016)

10 David Bowie – The Man Who Sold the World – The Man Who Sold the World (Mercury, 1970)

11 David Bowie – Heroes – Heroes (RCA, 1977)

12 David Bowie – Outside – I’m Deranged (Virgin, 1995)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

MONICA MURA | Italian Multimedia Artist & Designer

Monica Mura, Artista Multimedia y Diseñadora Gráfica especializada en nuevos lenguajes, formas y técnicas de expresión y comunicación para nuevos tiempos.

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.