http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-64_md_4353297_wp_1.mp3″ |Descargar|
Neste episodio celebramos os 19 anos da Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña da que formamos parte con orgullo.
Pasamos a dar caña cos TriCiclos de Work On Sunday a quen lles dedicamos o programa. A promotora que traballa en domingo ten un gusto musical que foi amosando con cada TriCiclo dende o primeiro no 2012. A intensidade, a psicodelia, o kraut e o rock, o post rock, que tende á experimentación é a súa paixón. Apostan por cartazes difíciles de ver por Galicia, propiciando que as bandas locais podan telonear a autenticas vacas sagradas, antepoñendo o seu critério e gosto antes que o beneficio económico inmediato.
O primeiro dos TriCiclos xa anunciados é o número [7] con Oneida, People of the North e Farniente o 28 de marzo. Seguiránlle o 17 de abril Helms Alee, Russian Circles e Cuchillo de Fuego có número [8], para rematar o día 25 na edición número [9] con Nueva Vulcano, Rosvita e Djalminha. Cada TriCiclo ten o engadido do deseño dos cartazes. Tres por cada evento realizados por un mesmo artista. O número [7] feito polo vigués Jano, o [8] polo pontevedrés Xose L. García, cantante de Cuchillo de Fuego, e o [9] correspóndelle a luguesa Rebeca Losada.
Escoitamos a fondo Novelería (BCore, 2015) o último disco de Nueva Vulcano e presentamos tamén Asfixia (Sonido Muchacho, 2015) de Disco Las Palmeras!. Listaxe 25|03|15
01 Oneida – Enemy Hogs – Hard Workin’ Man (Jagjaguwar, 2001)
02 People Of The North – Deep Tissue – The Vasted Island (Brah Records, 2010)
03 Farniente – Farniente – Telursa Futur (Discos Humeantes, 2015)
04 Helms Alee – Helms Alee / Young Widows (Split) – Gas Giant (Sargent House, 2014)
05 Russian Circles feat. Chelsea Wolf – Memorial – Memorial (Sargent House, 2013)
06 Cuchillo De Fuego – Triple España – Barrido (Amawisca, 2015)
07 Rosvita – Grandes Tormentos – El Roncanrol del Macramor (2010)
08 Djalminha – Djalminha – Tema para correr (Chingaste la Confianza, 2014)
09 Nueva Vulcano – Novelería – El Mirlo (BCore, 2015)
10 Nueva Vulcano – Nueva Vulcano – Novelería – Pop y espiritualidad (BCore, 2015)
11 Nueva Vulcano – Novelería – Todo por el bien común (BCore, 2015)
12 Nueva Vulcano – Todo por el bien común 7¨ – Mogollón (La Castanya, 2013)
13 Nueva Vulcano – Los peces de colores – El Arco de Triunfo (BCore, 2009)
14 Disco las Palmeras! – Asfixia – Cállate La Boca (Sonido Muchacho, 2015)
15 Disco las Palmeras! – Asfixia – Tarde y Mal (Sonido Muchacho, 2015)