Arquivo por meses: Decembro 2015

Fantasma Accidental 4×07

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x07_md_9945877_wp_1.mp3″ |Descarga|

Derradeiro programa do ano cun Especial Nadal no que lle pedimos a oito persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran este 2015.

Roberto Casteleiro, alias de Korokati, Koroiev e Flesfa Dublé, recupera un tema de Fagot y Popota, o seu dúo con Diego Lamas, na gravación para o Record Store Day de Desconcierto Cultural. A canción elexida por Roberto como representativa do que máis lle gustou este ano é de Hidrogenesse, os barceloneses Carlos Ballesteros e Genís Segarra, do seu disco “Roma”.

Alberto M. Vecino de Chicharrón, antes en Franc3s, escolle unha canción do disco debut da banda de Carballo e O Grobe,  a súa canción do 2015 está na emoción pura da música de Christina Rosenvinge no seu disco “Lo nuestro”.

Coque Dosil dos Puma Pumku presenta “A Window in Time” un tema da súa banda que lle trae moi bos recordos. O canción do 2015 que quere que coñezamos é dos Jay, banda ruidosa de Vigo que sacaron este ano “Los colegas no te olvidan”.

Óscar Vilariño de Musel e A Veces Ciclón escolle a súa música neste ‪‎Especial Nadal con un tema do disco “Rabuña” dos Musel que foi editado polo selo Acuarela. Gente Joven, leoneses integrantes tamén do mesmo selo, co seu “Garcilaso” é a súa eleccción dentro do que máis lle gustou deste ano.

Luismi de Lobishome, Travesti Afgano e Selvática cóntanos que o disco con Travesti Afgano é a gravación que máis lle mola e pinchamos “Defensa Mental” do Jefes de julais. Non vai moi lonxe para indicar que participa do tema que máis lle gusta deste ano: “Ella es especial” de Selvática.

Rafa Anido, de mil bandas (Travesti Afgano e Metralletas Lecheras entre elas), escolle un tema instrumental de Jimenez Los Santos co que recorda que cambiou o baixo pola guitarra. Queda en Galiza para dicir que “Las Vacaciones” de Diadermín é a súa favorita neste ano que acaba.

Bea Argüelles da formación coruñesa Lady Leño escolle un tema do seu primeiro álbum que lle fai sentir poderosa cando o toca en directo. Gústalle moito “Vigorexia Emocional” do asturiano Pablo Und Destruktion e así o recomenda.

Zippo de Sra Sr Sra e Triángulo de Amor Bizarro escolle en último lugar a súa música neste ‪‎Especial Nadal‬ cun trallazo dos Sra Sr Sra e sorprende cunha elección musical que nos leva ao ano 1950: Amos Milburn, co seu “Bad Bad Whiskey”. A ritmo de rhythm and blues despedímonos ata o próximo ano.

Etiquetado , ,

Fantasma Accidental 4×06

Pantis, latexo kraut

Pantis, latexo kraut

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x06_md_9824837_wp_1.mp3″ |Descarga|

Conformamos un programa de electrónica e kraut rock cun ollo na actualidade sen perder o retrovisor do pasado con raíces alemás. Estreamos en exclusiva o adianto do disco de Pantis, proxecto en solitario de Rubén Domínguez (Telephone Rouges, Chicharrón), e que sairá editado por Prenom Lab o próximo ano. Escoitamos o novo de Pálida e unha maqueta do proxecto ambiental e misterioso chamado Torso.
Hans-Joachim Roedelius é unha figura musical da vangarda, activo aos seus 81 anos, do que facemos unha breve retrospectiva polas súas bandas Harmonia e Cluster. Contrastamos coa actualidade da electrónica orgánica de Klara Lewis. Tanto a anglo/sueca como Roedelius estiveron na última edición do Semibreve en Braga do que damos fe que non se botou en falla ao ausente Tim Hecker.
Falamos do microfestival organizado por Desconcierto Cultural CortaPega. A música a poñen o galego Korokati; o madrileño/nixeriano John Grvy, que ven acompañado polos lugueses LWLGHT; os, tamén de Lugo, Aloe Perra e Paspi Vicio (Disco Episcopal), xunto con Morales e Fire To Fire, ámbolos dous do selo Menta. Todos eles estarán en Compostela mostrando as últimas tendencias no xénero electrónico estatal.

 

Listaxe 16/12/2015

01 Ataque Escampe – B.S.O. Relatos americanos – 02 (2015)

02 Torso – demo – Untittled (2015)

03 Pantis – Pranto – Cadê (Prenom, 2016)

04 Harmonia – Musik von Harmonia – Dino (Brain, 1974)

05 Cluster – Zuckerzeit – Caramba (Brain, 1974)

06 Hans-Joachim Roedelius – Selbstportrait Vol. III “Reise durch Arcadien” –  Geradewohl (Sky, 1980)

07 Klara Lewis – Ett – Untilted (Editions Mego, 2015)

08 Klara Lewis – Ett – Catt (Editions Mego, 2015)

09 Pálida – Days Static – The Secret (2015)

10 Korokati (KrKt) – Hoja Oculta CC16 – No tengo preocupación (2015)

11  John Grvy – 199X –  Mad On Her (Ground Control, 2014)

12  Aloe Perra – Split EP w/PV – Want Ya (Disco Episcopal, 2015)

13 Fire To Fire –  Street Riot – Street Riot Pt. II (Menta, 2015)

 

John-Grvy1

John Grvy, o novo soul electrónico

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 4×05

Emilio José, natureza salvaxe

Emilio José, natureza salvaxe

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4-05_md_9608206_wp_1.mp3″ |Descargar|

Este programa é o primeiro que fixemos practicando o nudismo nos estudios José Couso da Cuac FM.
O desbordante triplo CD de Emilio José ocupa este episodio. “Agricultura Livre” foi publicado en Foehn, o selo máis independente da independencia estatal – ten publicado a Balago, Oso Leone, Marina Gallardo ou Apeiron– está dirixido por Marc Campillo en solitario desde Barcelona.

Impactados pola gran colleita, e os gorentosos froitos, do ourensán, de Quins (Melón), aportamos nutrintes a tanta fertilidade. A nosa pescuda lévanos ata Apeiron, banda única dun so disco publicado: “Todo Sigue Intacto” no 2002 é onde se deu a coñecer Emilio José. Completan a selección natural a bossanova galega do ex-Apeiron Álvaro Lorenzo que publicou baixo o nome de Pescando em Copacabana, a brasileira de Antonio Carlos Jobim e Gal Costa, a viaxe de sorriso e pesadelo de Beach Boys no “Smiley Smile” , as 69 cancións de amor de Magnetic Fields e o jazz inmortal de Coltrane e Miles Davis configuran un programa que fixemos totalmente espidos e desfrutando en total liberdade.

Beach Boys, sorrisos

Beach Boys, sorrisos

Listaxe 02/12/2015
01 Emilio José – Agricultura Livre – Hoje- tu e eu (Foehn, 2015)
02 Emilio José – Chorando Aprendese – Invierno, 6 De La Tarde (Foehn, 2012)
03 Apeiron – Todo Sigue Intacto – Las palabras sin tejado (Foehn, 2002)
04 Apeiron – Todo Sigue Intacto – Zia (Foehn, 2002)
05 Pescando Em Copacabana – Samba, futebol, alegria – Ronaldinho (Foehn, 2007)
06 Beach Boys – Smiley Smile – Vegetables (Brother/Capitol, 1967)
07 Beach Boys – Smiley Smile – Fall Breaks and Back to Winter (W. Woodpecker Symphony) (Brother/Capitol, 1967)
08 The Magnetic Fields – 69 Love Songs – Let’s Pretend We’re Bunny Rabbits (Merge, 1999)
09 John Coltrane – Meditations – Love (Impulse!, 1966)
10 Miles Davis – Doo-Bop – The Doo Bop Song (Warner Bros, 1992)
11 Emilio José – Agricultura Livre – AGE​/​Podemos (Foehn, 2015)
12 Antonio Carlos Jobim – Wave – Wave (A&M, 1967)
13 Gal Costa – Gal Costa – Baby (Phillips, 1969)

Apeiron, pequena gran música

Etiquetado , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.