Arquivo por meses: Novembro 2014

Fantasma Accidental 50

La Düsseldorf, banquete de repolo

La Düsseldorf, banquete de repolo

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-50_md_4107819_wp_1.mp3″

|Descarga|

Neste episodio escoitamos a música d´Alemaña kraut, do repolo como despectivamente lle chamaron os críticos musicais ingleses. Poñemos a La Düsseldorf, a banda dos irmáns Klaus e Thomas Dinger, ambos formaron parte de Kraftwerk e Neu! A Klaus atribúlese a invención do ritmo “motorik”, un compás de 4/4 e de ritmo moderado que definiu todo un xénero, o krautrock. Cluster, dúo formado por Hans-Joachim Roedelius e Dieter Moebius, movéronse entre o kraut e o ambient e aínda están producindo música (recordamos o seu paso pola cidade da Coruña no 981 festival no ano 2010). Silver Apples soan coa súa oscilación como precursores do rock progresivo a través da electrónica e o Simeon, un sintetizador primexenio deseñado por Simeon Oliver Coxe III. Paramos en Portugal para descubrir a banda de rock progresivo Saga. Viaxamos da Alemaña dos anos 70 á Galiza contemporanea con Lendrone e Músculo! có seu disco Vivac. Ampliamos pescuda e descubrimos a unha nova banda chamada Farniente con membros de Lüger e Schwarz. Pechamos programa coa inconfundible Lætitia Sadier, que liderou StereoLab xúnto a Tim Gane, e que veu presentar novo disco á Coruña dentro do Vello, Raro, Novo comisariado por Sinsal.

Músculo! | Iluminando a noite

Músculo! | Iluminando a noite

Listaxe
01 La Düsseldorf – La Düsseldorf – La Düsseldorf (Nova/Radar, 1976)
02 Saga – Homo Sapiens – Guerra (Movieplay, 1976)
03 Silver Apples – Silver Apples – Oscillations (Kapp Records, 1968)
04 Cluster – Zuckerzeit – Hollywood (Brain, 1974)
05 Lendrone – Uno – Misa en Detroit (Matapadre, 2013)
06 Schwarz – Alquimística -El elefante blanco (Autoeditado, 2012)
07 Farniente -Farniente – Ropa Cara (Discos Humeantes, 2014)
08 Lüger – Lüger – La fin absolue du monde (Giradiscos, 2010)
09 Músculo! – Vivac – Breve historia paralela (Autoeditado, 2014)
10 Lætitia Sadier – Something Shines – Echo Port (Drag City, 2014)
11 StereoLab – Mars Audiac Quintet – Three-Dee Melodie (Duophonic Super 45s, 1994)

Laetitia Sadier | Fulgor deslumbrante

Laetitia Sadier | Fulgor deslumbrante

Fantasma Accidental 49

Qui pagi Pujol

Qui pagi Pujol | foto: Pedro Madueno

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-49_md_4089492_wp_1.mp3″ |Descarga|

“Isto é hardcore” deberon pensar os políticos de ambos os dous bandos ante a “Consulta sobre o futuro político de Cataluña” do 9N. Os lemures pensaron en poñer hardcore catalá neste programa. Oriol Junqueras emocionouse, Artur Mas non entendeu nada, Alicia Camacho ficou coa boca aberta, Mariano Rajoy tentou proibilo, Jordi Pujol quixo invadir Andorra.
Unha selección musical sobre a independencia, o amor romántico, a emancipación, a posesión; Catalunya vs Espanha, o hardcore en definitiva.

L´Odi Social | Pioneiros do hardcore catalá

L´Odi Social | Pioneiros do hardcore catalá

Viaxamos a Catalunya de Pujol entre finais dos 80 e principios da década dos 90, aos anos do hardcore punk máis combativo. Bandas como L’Odi Social, 24 Ideas, Anti/Dogmatikss e HHH facían unha radiografía do desencanto deses anos. Escoitamos moita música recollida no emblemático selo de Barcelona BCore, testemuña e recompilador da escena hardcore, punk e indie catalã.
Continuamos coa evolución cara o emocional dunha banda chamada Standstill, recomendando o documental “10 años y una zanahoria” (Buena Suerte, 2007) dirixido por Enric Montefusco, cantante e líder da banda. O post hardcore, o paso a un estado adulto e coherente lévanos a banda coruñesa Pülsar da que escoitamos temas extraidos dos seus dous discos publicados.

Pülsar | Cruzando pontes

Pülsar | Cruzando pontes

Listaxe 12/11/2014
01 HHH – A por ellos, que son muchos y están supercachas – Estúpido país (Potencial HC/Fobia, 1990)
02 La Banda Trapera del Río – La Banda Trapera del Río – Ciutat podrida (Belter, 1979)
03 Anti/Dogmatikss – Anti/Dogmatikss – Fuego en la Moncloa (Tralla Records, 2000)
04 L’Odi Social – Qui pagi Pujol – 20 Años (Potencial Hardcore, 1986/1992) ‎
05 24 Ideas ‎– Sick Of Banality – Jo i ells (BCore, 1993)
06 Corn Flakes – Childish – Really Real/No Life (BCore, 1992)
07 Rouse – Deep Wound – Trust (7 seconds cover) (Rumble Records, 1993)
08 Fugazi – Repeater – Repeater (Dischord, 1990)
09 Pülsar – Buen Viaje! – Puentes (Baten records/Radix records, 2012)
10 Pülsar – Música para animales – Nueva programación (Baten Records, 2009)
11 Pülsar – Buen Viaje! – El buen tiempo (Baten records/Radix records, 2012)
12 Standstill – The Tide – Last Bridge (Heart In Hand/DIY Product, 1998)
13 Madee – Orion’s Belt – Orion’s Belt (BCore, 2004)
14 Standstill – The Latest Kiss – Memories Collector (BCore, 2003)
15 Standstill – Vivalaguerra – 1,2,3 Sol (Buena Suerte/Intolerancia, 2006)

Standstill

Standstill | Hardcore emocional, foto: Silverthree.

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 48

Estrambote, nova onda

Estrambote, nova onda

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-48_md_4021385_wp_1.mp3″ |Descarga|

Programa sobre a new wave, a nova onda aquí mais en Portugal, e os nuevaoleros. Estrambote é a banda que nos introduce cos seus frescos ritmos das Rías Baixas neste subxénero. Abel Dobarro, axitador da escena musical viguesa forma xunto a Nico (ex Fantasmage e Indomitos), Carmen e Fredo esta banda que nos fai bailalo século vinte.
A escena xerada na contorna do clube CBGB en Nova York a finais dos anos 70 é a orixe mitolóxica da new wave. Unha denominación surxida da mente do representante musical Ian Copeland para quitarlle o mal nome do punk a bandas de novo cuño dentro do DIY. Talking Heads, con David Byrne á fronte, é unha das máis representativas. Pinchamos tantos jits seguidos neste programa que parece de radiofórmula, pero con xeito e escusa argumental.

Talking Heads, despois do punk

Talking Heads, despois do punk

Reivindicamos ás bandas que tocan mal pero que o pasan ben. A movida madrileña representada polo bigote hitleriano de Iñaki de Glutamato Ye Yé no seu primer EP. Os portugueses Táxi e os franceses Indochine soando na mesma época que Metro, os gañadores do Concurso Municipal de Rock de A Coruña do ano 1982, cunha canción da que Fernando F. Rego, administrador de La Fonoteca, escribe: <>.
A parte final está dedicada a Poch, irrepetible e sobredimensionado ser que liderou Derribos Arias, quee foi parte activa da eclosión musical centralizada por Madrid e capitalizada polo PSOE na festa posterior a Transición.

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Listaxe 5/11/2014

01 Estrambote – Estrambote – Así se baila el siglo XX (Seara, 2014)
02 Hidrogenesse – Asi se baila el siglo XX (Piérdete‎, 2000)
03 Estrambote – Estrambote – La serpiente multicolor (Seara, 2014)
04 Glutamato Ye-Yé – Zoraida – Europa (DRO,1982)
05 Talking Heads – Talking Heads: 77 – The Book I Read (Sire, 1977)
06 Estrambote – Ídolos y héroes – Afonso Andrade (2013)
07 The Rubinoos – Back to the Drawing Board! – I Wanna Be Your Boyfriend (Bersekley Records, 1979)
08 Metro – Metro – Él quiere ser tu zombie (Citola, 1982)
09 Táxi – Táxi – Chiclete (Polygram, 1981)
10 Indochine – L’Aventurier – L’Aventurier (BMG Ariola, 1982)
11 La Banda sin Futuro – Grabaciones Desinfectadas – El chico más pálido de la playa del Gros (orixinal de 1983, Subterfuge, 1997)
12 Poch – Poch se ha Vuelto a Equivocar – La playa (Epic, 1985)
13 Poch (con Fania) – Nuevos sistemas para viajar – Hacia El Mar (Gasa, 1988)
14 Derribos Arias (con Iñaki Fernandez) – Disco Pocho – Branquias Bajo el Agua (Gasa, 1984)

Etiquetado , , , , , , , , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.