Arquivo por meses: Febreiro 2016

Fantasma Accidental 4×11

|Descargar|

Episodio no que voltamos a vista atrás 30 anos para enfrentar dous discos publicados en 1986. Desde Nova York o “Licensed to Ill” de Beastie Boys e desde Vigo o “Fai un sol de carallo” de Os Resentidos.

Falamos tamén da dobre estrea de Malandrómeda publicada por Matapadre. O Hevi e O Master do Son presentan, tras cinco anos sen publicar disco, “Cada can que lamba o seu carallo” e “Os corenta e oito nomes do inimigo”. Facemos unha pequena escolma doutras gravacións do Hevi con Fluzo e Non Residentz.

malandromeda2016

Malandrómeda, de chea con…

 

Listaxe 24/03/2016

01 Beastie Boys – Licensed to Ill – (You Gotta) Fight for Your Right (to Party!) (Def Jam, 1986)

02 Os Resentidos – Galicia caníbal (fai un sol de carallo)/Canibal Galicia (It Is So Fucking Sunny)/Galicia Kanibal (Kriston Eguzkia Dago) (Gasa, 1986)

03 Beastie Boys – Licensed to Ill – Rhymin & Stealin (Def Jam, 1986)

04 Os Resentidos – Fai un sol de carallo – Pensionismo Ou Barbarie (Gasa, 1986)

05 Beastie Boys – Licensed to Ill – Paul Revere (Def Jam, 1986)

06  Os Resentidos – Fai un sol de carallo –Sector Naval (Gasa, 1986)

07 Beastie Boys – Licensed to Ill – Time to Get Ill (Def Jam, 1986)

08  Os Resentidos – Fai un sol de carallo – Líbido Rock (Gasa, 1986)

09 Malandrómeda – Os corenta e oito nomes do inimigo – VHS do futuro (Matapadre, 2016)

10 Non Residentz – Non Residentz – Mistermundo (2001)

11 Malandrómeda – Os Estranos Sempre Traen Malas Novas – AsLupasDeVerPorDentro (2006)

12 Fluzo – Fluzo – Dous secretas (2010)

13 Malandrómeda – Cada can que lamba o seu carallo – Máis Millor (Matapadre, 2016)

14 Malandrómeda – Os corenta e oito nomes do inimigoOs Calcetís De Drácula (Matapadre, 2016)

15 Malandrómeda – Cada can que lamba o seu carallo – Encontro con !@#$%!! (Matapadre, 2016)

Etiquetado , , , ,

Fantasma Accidental 4×10

Queimamos as nosas caretas tralo último baile ritual nas corredoiras choqueiras do Entroido. Mércores de cinza cun programa dedicado ao Primos Hermanos, festival de irmandamento entre Galiza e Asturias organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, que celebra a súa terceira edición este 2016. A viaxe é de ida e volta entre Compostela e Uviéu neste festival que “xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios ”

fechas_2016_rgb-no-yellow

|Descarga|

O 20 de febreiro será aprimeira cita en Compostela coa xente chegada de Asturias. Neste día o cabareteiro Rodrigo Cuevas, a alemana residente en Asturias Fee Reega xunto con Thee Operators, Autotan e Bobkat’65 actuarán en tres emblemáticos locais da cidade vella: Embora, A Casa das Crechas e o Cachán Clube. Escoitamos a todas estas músicas destacando a Fee Reega e Rodrigo Cuevas.

Pola súa banda cinco grupos galegos viaxarán a Asturias o próximo 5 de marzo na cita de Oviedo. O cartaz conta con diola, banda surxida das cinzas quentes de Unicornibot, e a banda de cantigas e rock de Ourense Os amigos dos músicos, o dúo da vella (e da nova) escola do hip-hop galego Malandrómeda, e o baile electrónico de Músculo! máis a imprevista psicodelia de Lengorón. Actuacións repartidas entre os locais La Lata de Zinc e La Salvaje.

Na nosa sección chamada Lemuria, onde unha persoa vencellada á música feita en Galicia fai unhas recomendacións musicais, temos de invitado a Rubén Domínguez (Pantis e Chicharrón) que rescata a efémera banda Cudevaso e recomenda a Jackson do Pandeiro, músico brasileiro de principios dos anos 50 considerado o Rei do Ritmo.

 

 

Listaxe 10/02/2016
01 Autotan – The Time I Sent Waiting For You To Be Ready – Lonely Boy (Autotan, 2015)
02 Thee Operators – Ups & Downs – White Lies (TO, 2015)
03 Bobkat’65 – Gwani (Bobkat’65, 2015)
04 Rodrigo Cuevas – Yo soy La Maga – Eina de Mandar Dourare (RGC, 2012)
05 Rodrigo Cuevas – Vaqueira (Extra Large Wrong Mix)
06 Fee Reega – Salvajada – El Hombre que fuma Heroína (Woodland Recordings, 2012)
07 Fee Reega & Tobio Lotto – Shoot – We Shot The World Down (Woodland Recordings, 2015)
08 Fee Reega & Nacho Vegas – Canciones Populistas – Mi novio es bobo (Marxophone Discos, 2015)
09 diola – eh!- Semáforo Fantasma (diola, 2015)
10 Lengorón – Pimienta (Lengorón, 2015)
11 Os Amigos dos Músicos – Osaka (OADM, 2010)
13 Músculo! – Vivac – Breve historia paralela (M!, 2014)
14 Jackson do Pandeiro – Forró em Limoeiro (Copacabana, 1953)
15 Cudevaso – Cudevaso EP – Xabarín (Cudevaso, 2010)

Etiquetado , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.