Arquivo por etiquetas: Matar Gente

Fantasma Accidental 53

Sub Rosa | Inspirándose en Dietrich

Sub Rosa | Inspirándose en Dietrich

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-53_md_4116502_wp_1.mp3″

|Descarga|

Chegamos ao ano 2015 sorprendidos de que non existan monopatíns voadores e de que a xente nova, e non tan nova, siga a facer ruído a base de guitarrazos, ou calquera instrumento, a pesar de que non exista industria discográfica (tal e como a coñecíamos).
Facemos escolma de bandas que máis que emerxentes son urxentes. Propoñemos un ano máis a unha serie de formacións galegas a seguir ao longo do ano 2015.
Unha lista con diversos xéneros musicais nos máis diversos estilos dentro da música alternativa de Galiza. Concordamos con Desconcierto na aposta por algunhas destas bandas.

Monstruo | Novas bestialidades

Monstruo | Novas bestialidades

Listaxe 07/01/2015
01 Matar Gente – Todo le llega al que sabe esperar – Absolute Terror Field (Autoeditado, 2014)
02 Duister – The Boring Sounds of Duister – Fabada Cósmica (Autoeditado, 2014)
03 Ocre – Torpe – Lejos (Discos de Kirlian, 2014)
04 Elvis Negro – estaba en llamas / el salvaje abandono – El mundo en sus manos (Prenom, 2014)
05 Sub Rosa – Dietrich / Mise en place – R.I.P. James (Autoeditado, 2015)
06 Aníbal Anisakis – Single – Bailar (Autoeditado, 2014)
07 404 Error! – Otoño – Acapulco (Autoeditado, 2014)
08 Sokram – Chuvia Ácida – Vacas (Dktc Sons, 2014)
09 VickyPolard – Mutt – Si il vio verlo usconi (Autoeditado, 2014)
10 Superoito – Todo me dá voltas – Non sabes bailar (Autoeditado, 2014)
11 Avecrem – Avecrem – Monstruo Split – Gallego de Baltimore (Porno, 2014)
12 Monstruo – Travesti Afgano / Monstruo Split – Doma, cría (Porno, 2014)
13 Hömi – Pantalla – Global (Autoeditado, 2014)
14 Selvática – Demo – Uh Uh Espejismo (Autoeditado, 2014)

Ocre | Mirando ao lonxe

Ocre | Mirando ao lonxe

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 44

KRKT | Electrónica subversiva

KRKT | Electrónica subversiva

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-44_md_3684005_wp_1.mp3″ |Descarga|

Neste segundo episodio da terceira tempada confeccionamos unha selección musical que busca o futuro a través da electrónica. Experimentación e pescuda dos espazos sonoros alternativos galegos xunto á braindance e a IMD actual na península.
KRKT (Korokati) é Roberto Casteleiro, o autor da nosa sintonía e unha mente inqueda do panorama electrónico galego. Este coruñés é un arquitecto musical con letras subversivas en contra do sistema capitalista. Matar Gente (Matar Xente) é o proxecto en solitario de Nicolás Nieto, baixista de Músculo!. A súa música en loop crea ambientes expansivos en capas e capas entretecidas. Blixdeina son Santiago Rodríguez, coñecido por formar parte de Mequetrefe, e a artista Monica Mura poñen música e voz a “Tus palabras ya no me tocan” do escritor, poeta e crítico musical Fernando Fernández Rego. A poesía orixinal foi publicada en 2011 no libro “Blues From A Gun: Secuencias Interiores”.
A improvisación e a experimentación sonora, o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas conforman o proxecto chamado Ulobit. Formado por Ariel Ninas (zanfoña), Horacio Gonzalez (video) e Xoan Xil (electrónica) nesta peza revisitan “Vikingland”, a longametraxe de Xurxo Chirro do 2011. Facemos contraste coa unión de Alva Noto + Ryuichi Sakamoto e os seus bits minimalistas. Escoitamos a actualidade musical da electrónica no estado español cunha pequena selección: o catalán Uner é un dos máis importantes nomes da electrónica hispana; o dúo asturiano formado por Ana Quiroga e Uge Pañeda LCC, abreviatura de Las Casi Casiotones, involucionan para quedar coa matería principal no seu LP para Mego; Svreca é un madrileño de techno abstracto e experimentación sonora, publica có seu propio selo, Semantica, e pincha nas máis selectas cabinas europeas; mentras que Downliners Sekt é un dúo catalano-francés, con sede en Barcelona, que fichou polo prestixioso selo francés Infiné.
Aphex Twin volta a actualidade publicando “Syro” con Warp. Máis música inclasificable de Richard D. James, que ben podería ser un álbum anterior a “drukQs” (2001).
Rescatamos do pasado da música electrónica galega a dous históricos: Humanoid e Prozack, para mostrar que o futuro está escrito no pasado, ao menos na música.

LCC | Mineralogía con base electrónica

LCC | Mineraloxía con base electrónica

Listaxe 08/10/2014
01 Korokati – MaA3 – MaA2, el ascenso del estado penal
02 Matar Gente – Todo le llega al que sabe esperar – Terrible
03 Blixdeina – Palabras
04 Ulobit – Vikingland Noise Redux (live)
05 Alva Noto + Ryuichi Sakamoto – Insen – Moon (Raster-Noto, 2005)
06 Uner – Tune432 – Tierra Hueca (Original Mix) (Diynamic Label, 2014)
07 LCC – d/evolution – Quarz (Editions Mego, 2014)
08 Aphex Twin – Syro – minipops 67 [120.2] (Warp, 2014)
09 Svreca – Obscur. Alternative. – Seda Muerta (Semantica, 2011)
10 Downliners Sekt – Silent Ascent – Silent Ascent (InFine Music, 2014)
11 Humanoid – Vectorspheres – Analogue Dream (Jabalina, 1998)
12 Prozack – Tan lejos – Dualidad (Elefant, 1998)

Aphex Twin | Deep web sound

Aphex Twin | Deep web sound

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography