Arquivo por meses: Novembro 2007

MERCEDES PEÓN, Sihá

“A algunhas tocounos ser feministas para que outros non o sexan” (M.Peón)

Unha rapaza de 13 anos descobre os sons que proveñen da sua terra, ao escoitar cantar a unhas mulleres na costa da morte, e resultanlle tan exóticos coma os de Arxelia ou Marrocos. Obsesionase por coñecer máis e, grabadora en man, percorre os pobos e as aldeas.
Mercedes Peón (A Coruña 1967) representa a inquedanza por coñecer as orixes das músicas que perviven(sobreviven) no eido rural, rescatalas da fagotización das urbes.
Este coñecemento adquirido levaá a cantar con diversas bandas e a colaborar no primeiro disco de Xose Manuel Budiño, cos Diplomáticos de Montealto e mesmo Mano Negra.
Vinte anos despois publica o seu primeiro traballo Isué (Resistencia,2000), sorprendente compendio de folclore galego actualizado. Polo camiño convertese en colaboradora do programa da TVG (Televisión de Galicia) “Luar” no que apresenta a sua recolleita. Este para moitos foi o primeiro contacto con esta muller amosadora da natureza tribal do floclore galaico.

Ajrú(DiscMedi, 2003), o sua segunda grabación é un disco que rompe esquemas preconcebidos sobre o acomodaticio folk galaico de consumo interior; que devolvelle sentido a experimentación partindo da raiz mesma do son; que inxecta nova savia no vello tronco.

Con estes antecedentes, a escoita do último traballo xa non sorprende, impacta i emociona.
Sihá (DiscMedi, 2007), e outro diccionario de verbas estrañamente familiares no idioma de Mercedes Peón.
Mediante un meticuloso proceso de sampleo e secuenciación Mercedes consegue facer unha exibición do que debe ser a música como arte para ser escoitado,
Unhas pandeiretas que chisporretean electricidade, unhas gaitas provintes do espacio esterior, unhas percusións feitas con sachos, e uns baixos que retumban coma as ondas nos ollos de mar da costa da morte, a voz do matriarcado soando en loop hipnótico.
Todo elo perfectamente integrado e reinterpretado polos músicos que a acompañan no directo
Escoitar a sua interpretación de “Aiché” co seu drumkit , desde o que vai soltando os samples; vela en pe coa pandeireta frente a sua audiencia, forte, inmensa, é unha das máis impresionantes sensacios que unha artista pode ofrecer neste pais.
Chegou Mercedes Peón e nada sera coma antes na terra dos comedores de patacas; o patriarcado que gosta das gaiteiras xeitosiñas pode sentirse incomodo ante unha muller que berra con forza que non e mercadoria.

Etiquetado , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.