Arquivo por etiquetas: ataque escampe

Fantasma Accidental 4×06

Pantis, latexo kraut

Pantis, latexo kraut

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x06_md_9824837_wp_1.mp3″ |Descarga|

Conformamos un programa de electrónica e kraut rock cun ollo na actualidade sen perder o retrovisor do pasado con raíces alemás. Estreamos en exclusiva o adianto do disco de Pantis, proxecto en solitario de Rubén Domínguez (Telephone Rouges, Chicharrón), e que sairá editado por Prenom Lab o próximo ano. Escoitamos o novo de Pálida e unha maqueta do proxecto ambiental e misterioso chamado Torso.
Hans-Joachim Roedelius é unha figura musical da vangarda, activo aos seus 81 anos, do que facemos unha breve retrospectiva polas súas bandas Harmonia e Cluster. Contrastamos coa actualidade da electrónica orgánica de Klara Lewis. Tanto a anglo/sueca como Roedelius estiveron na última edición do Semibreve en Braga do que damos fe que non se botou en falla ao ausente Tim Hecker.
Falamos do microfestival organizado por Desconcierto Cultural CortaPega. A música a poñen o galego Korokati; o madrileño/nixeriano John Grvy, que ven acompañado polos lugueses LWLGHT; os, tamén de Lugo, Aloe Perra e Paspi Vicio (Disco Episcopal), xunto con Morales e Fire To Fire, ámbolos dous do selo Menta. Todos eles estarán en Compostela mostrando as últimas tendencias no xénero electrónico estatal.

 

Listaxe 16/12/2015

01 Ataque Escampe – B.S.O. Relatos americanos – 02 (2015)

02 Torso – demo – Untittled (2015)

03 Pantis – Pranto – Cadê (Prenom, 2016)

04 Harmonia – Musik von Harmonia – Dino (Brain, 1974)

05 Cluster – Zuckerzeit – Caramba (Brain, 1974)

06 Hans-Joachim Roedelius – Selbstportrait Vol. III “Reise durch Arcadien” –  Geradewohl (Sky, 1980)

07 Klara Lewis – Ett – Untilted (Editions Mego, 2015)

08 Klara Lewis – Ett – Catt (Editions Mego, 2015)

09 Pálida – Days Static – The Secret (2015)

10 Korokati (KrKt) – Hoja Oculta CC16 – No tengo preocupación (2015)

11  John Grvy – 199X –  Mad On Her (Ground Control, 2014)

12  Aloe Perra – Split EP w/PV – Want Ya (Disco Episcopal, 2015)

13 Fire To Fire –  Street Riot – Street Riot Pt. II (Menta, 2015)

 

John-Grvy1

John Grvy, o novo soul electrónico

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 40

Romaría Pop 2014

Romaría Pop 2014

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-40_md_3216736_1.mp3″ Ou descarregalo

Dedicamos o programa ao completo á Romaría Pop. Un festival de balde que se celebra no parque de Belvís de Compostela por terceiro ano consecutivo. A organización corre ao cargo da asociación Desconcerto Cultural que confeccionou un cartaz con bandas da escena musical alternativa galega e centrado no pop.

Romaría Pop 2013, pop nun día soleado

Romaría Pop 2013, pop nun día soleado | foto de Vanesa Abelairas

Horarios da Romaría Pop

Pasacalles dende o Toural
12:00 | Los Mustang Charros

Parque de Belvís | Escenario Principal
13:00 | Los Chavales
14:00 | Ataque Escampe
16:15 | Bang 74
17:30 | Linda Guilala
19:30 | Niño y Pistola
21:15 | Puma Pumku

Parque de Belvís | Escenario Pequemúsica
15:30 | Apenino
18:45 | Demonhigh
20:30 | Aries

Romaría Pop 2013, pequemúsica en Belvís | foto de Vanessa Abelairas

Romaría Pop 2013, pequemúsica en Belvís | foto de Vanesa Abelairas

Listaxe 11/06/2014

01 Los Mustang Charros – Besos y copas
02 Los Chavales – Asulado – Xa non quedan homes
03 Ataque Escampe – O disco vermello – Os problemas crecen
04 Apenino – Cerca de las estrellas – En la playa
05 Bang74 – Hi-flying dreams – Bells of revolution
06 Linda Guilala – Xeristar – Chicas guapas (que van a trabajar en moto)
07 Demonhigh – Corazón Ardiente – Corazón Ardiente
08 Demonhigh – Corazón Ardiente – Jungla de asfalto
09 Niño y Pistola – There’s a Man with a Gun Over There – By the Grace of God
10 Niño y Pistola – There’s a Man with a Gun Over There – Indian Song (Everything’s Burned)
10 Puma Pumku – Twilight Of The Mind
11 Puma Pumku – Scarlet Skies
12 Aries – Mermelada Dorada – Si te desanimé

Romaría Pop 2013, festa ata que se poña o sol | foto de Vanessa Abelairas

Romaría Pop 2013, festa ata que se poña o sol | foto de Vanesa Abelairas

Etiquetado , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 37

Woody Guthrie | Esta máquina mata fascistas

Woody Guthrie | Máquina mata fascistas

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-37_md_3278849_1.mp3″ Descarga

Programa de escaleta libre, moi libre. Volta a canción protesta, posicionámonos ideoloxicamente e viramos a esquerda coas eleccións europeas de trasfondo. “Esta máquina mata fascistas” escribía Woody Guthrie na súa guitarra e Leadbelly lle cantaba a Hitler durante a segunda Guerra Mundial.
A música é un arma cargada de futuro e buscamos aliados na contenda: dende Arxentina El violinista del amor & Los pibes que miraban e as súas cancións e himnos de revolucións que non foron, Phil Ochs soa en versión de Jello Biafra e Mojo Nixon falando do amor a un liberal e Nacho Vegas se resitua unha vez máis.

Caxade | Folclore para as masas

Do lado galego rescatamos un tema do 2009 de Ataque Escampe para dedicarlla a Europa. E contamos coa compaña de Discos da Máquina, un selo discográfico e colectivo autoxestionado, cunha didáctica canción de Grampoder e o proxecto en solitario de Alonso Caxade.
Caxade é o artista ao que dedicamos a segunda parte do programa facendo unha selección de cancións de “Dança dos Moscas” e pescudando na súa procedencia, bandas como Os Modernos e Cuarteto Caramuxo. Tamén lle dedicamos unha canción como ‘Capadores de Extraterrestres’ ao día das Letras Galegas.

    Listaxe 14/05/2014
    01 El violinista del amor & Los pibes que miraban – Contra los fantasmas – La Internacional
    02 Leadbelly – Complete Recorded Works 1939-1947 In Chronological Order: Volume 4 (C. May To 27 October 1944) – Mr. Hitler (1942)
    03 Woody Guthrie – The Asch Recordings – What are We Waiting On? (rec. 1944/1945)
    04 Sharon Jones & The Dap-Kings – Naturally – This Land Is Your Land (Daptone, 2005)
    05 El violinista del amor & Los pibes que miraban – Contra los fantasmas – La mala reputación (Scatter Records/Nonsense, 2013)
    06 Jello Biafra and Mojo Nixon – Prairie Home Invasion – Love me, I’m a liberal (Alternative Tentacles, 1994)
    07 Grampoder – Golf Whiskey – Capitalismo (Mise en abyme) (Discos da Máquina, 2013)
    08 Ataque Escampe – A grande evasión – Europa e o ballet (A Regueifa, 2009)
    09 Nacho Vegas – Resituación – La vida manca (Marxophone, 2014)
    10 Caxade – Dança dos Moscas – Dança dos Moscas (Discos da Máquina, 2013)
    11 Cuarteto Caramuxo – Tiruriru – Tiruriru (Falcatruada,2009)
    12 Orquestra Os Modernos – Uruguai
    13 Caxade – Dança dos Moscas – Gente Pota (Discos da Máquina, 2013)
    14 Detektivbyrån – Wermland – Om Du Möter Varg (Danarkia, 2008)
    15 Caxade – Dança dos Moscas – Capadores de Extraterrestres (Discos da Máquina, 2013)
Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.