http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x06_md_9824837_wp_1.mp3″ |Descarga|
Conformamos un programa de electrónica e kraut rock cun ollo na actualidade sen perder o retrovisor do pasado con raíces alemás. Estreamos en exclusiva o adianto do disco de Pantis, proxecto en solitario de Rubén Domínguez (Telephone Rouges, Chicharrón), e que sairá editado por Prenom Lab o próximo ano. Escoitamos o novo de Pálida e unha maqueta do proxecto ambiental e misterioso chamado Torso.
Hans-Joachim Roedelius é unha figura musical da vangarda, activo aos seus 81 anos, do que facemos unha breve retrospectiva polas súas bandas Harmonia e Cluster. Contrastamos coa actualidade da electrónica orgánica de Klara Lewis. Tanto a anglo/sueca como Roedelius estiveron na última edición do Semibreve en Braga do que damos fe que non se botou en falla ao ausente Tim Hecker.
Falamos do microfestival organizado por Desconcierto Cultural CortaPega. A música a poñen o galego Korokati; o madrileño/nixeriano John Grvy, que ven acompañado polos lugueses LWLGHT; os, tamén de Lugo, Aloe Perra e Paspi Vicio (Disco Episcopal), xunto con Morales e Fire To Fire, ámbolos dous do selo Menta. Todos eles estarán en Compostela mostrando as últimas tendencias no xénero electrónico estatal.
Listaxe 16/12/2015
01 Ataque Escampe – B.S.O. Relatos americanos – 02 (2015)
02 Torso – demo – Untittled (2015)
03 Pantis – Pranto – Cadê (Prenom, 2016)
04 Harmonia – Musik von Harmonia – Dino (Brain, 1974)
05 Cluster – Zuckerzeit – Caramba (Brain, 1974)
06 Hans-Joachim Roedelius – Selbstportrait Vol. III “Reise durch Arcadien” – Geradewohl (Sky, 1980)
07 Klara Lewis – Ett – Untilted (Editions Mego, 2015)
08 Klara Lewis – Ett – Catt (Editions Mego, 2015)
09 Pálida – Days Static – The Secret (2015)
10 Korokati (KrKt) – Hoja Oculta CC16 – No tengo preocupación (2015)
11 John Grvy – 199X – Mad On Her (Ground Control, 2014)
12 Aloe Perra – Split EP w/PV – Want Ya (Disco Episcopal, 2015)
13 Fire To Fire – Street Riot – Street Riot Pt. II (Menta, 2015)