Arquivo por etiquetas: Apenino

Fantasma Accidental 47

Apenino, paseos polo pop

Apenino, paseos polo pop

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-47_md_4016303_wp_1.mp3″

Descarga

“Conversa Ultramarina é a canción que abre o disco (o primeiro single) e está inspirada no libro de Lois Pereiro de mesmo título, no que o poeta galego mantén unha relación epistolar coa que fora a súa noiva, Pilar, cando ela se vai a San Francisco e el vive os seus últimos días. Encántame a obra de Lois e ésta, aínda que non é a súa obra máis coñecida nin considerada, resúltame estremecedora. Un historia de amor/desamor brutal, plasmada nuns textos conmovedores. A canción compúxena, dende o inicio, buscando unha homenaxe ao autor” Marco Maril.

Presentamos “Conversa Ultramarina” como adianto da ‘Viravolta’ de Apenino. Unha canción que está inspirada no libro do mesmo título de Lois Pereiro. Repasamos a discografía deste músico de nome non artístico Marco Maril, compostelán afincado en Vigo, e as súas conexións no pasado. Con Dar Ful Ful, en unión de Xabi Font, crearon un pop lánguido comparado moitas veces con Family, é por iso que escollemos a canción na que participa Iranztu Valencia.
Deixa ver o seu gusto polas gravacións de campo nas colaboracións con Rafael Romero, tamén coñecido como Árbore e Raro. A súa discografía está ligada ao selo barcelonés Jabalina, así como aos estudios Abrigueiro, en Friol (Lugo), de Arturo Vaquero “Humanoid”.
A participación deste músico de pop estelar xunto a Mónica Vacas serve de nexo para que na segunda parte falemos do dúo asturiano Mus.
“Lusquefús” é unha canción utilizada para musicar un corto que Alexandre Cancelo filmou para Proxecto Nimbos, unha serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2014. En ‘Postal illa’ sonoriza a Illa de San Simón (convertida no lugar onde se celebra o festival co cartel máis misterioso do mundo grazas a Sinsalaudio). É a canción oficial do Festival Sinsal 2014, publicada físicamente como postal sonora e construída a partir de sons recollidos na propia illa da ría de Vigo.
Engadimos un extra, o regalo que nos fan os desaparecidos Noise Project coa canción homenaxe a Lois Pereiro “A través do colchón”

Mus, los dies, les coses

Mus, los dies, les coses

Listaxe 29/10/2014

01 Apenino – Viravolta – Conversa ultramarina (acústica) (Jabalina, 2014)
02 Apenino – Viravolta – Conversa ultramarina (Jabalina, 2014)
03 Noise Project – A través do colchón (inédito)
04 Apenino – Un rayo de sol – Días de septiembre (Jabalina, 2007)
05 Apenino – DEDICATESSEN vol. 7 – Cerca de las estrellas (Jabalina, 2013)
06 Dar Ful Ful – El Artista Adolescente – En soledad (con Iranztu Valencia) (Jabalina, 2001)
07 apenino & árbore – animals are not things! – peludiño (2012)
08 Árbore – apenino & raro – #02 (Sinsalaudio, 2005)
09 apenino, mónica vacas & árbore – lusquefús (2014)
10 Apenino – Postal illa (Apenino & Mónica Vacas) (Sinsalaudio, 2014)
12 Mus – El Naval – Al debalu (Acuarela, 2002)
13 Mus – Fai – Los díes,les coses (Acuarela, 1999)
14 Fran Gayo – Las próximas cosechas – Economía de guerra (Acuarela, 2009)
15 Mus – La Vida – Cantares de Ciegu (Green Ufos, 2007)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 40

Romaría Pop 2014

Romaría Pop 2014

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-40_md_3216736_1.mp3″ Ou descarregalo

Dedicamos o programa ao completo á Romaría Pop. Un festival de balde que se celebra no parque de Belvís de Compostela por terceiro ano consecutivo. A organización corre ao cargo da asociación Desconcerto Cultural que confeccionou un cartaz con bandas da escena musical alternativa galega e centrado no pop.

Romaría Pop 2013, pop nun día soleado

Romaría Pop 2013, pop nun día soleado | foto de Vanesa Abelairas

Horarios da Romaría Pop

Pasacalles dende o Toural
12:00 | Los Mustang Charros

Parque de Belvís | Escenario Principal
13:00 | Los Chavales
14:00 | Ataque Escampe
16:15 | Bang 74
17:30 | Linda Guilala
19:30 | Niño y Pistola
21:15 | Puma Pumku

Parque de Belvís | Escenario Pequemúsica
15:30 | Apenino
18:45 | Demonhigh
20:30 | Aries

Romaría Pop 2013, pequemúsica en Belvís | foto de Vanessa Abelairas

Romaría Pop 2013, pequemúsica en Belvís | foto de Vanesa Abelairas

Listaxe 11/06/2014

01 Los Mustang Charros – Besos y copas
02 Los Chavales – Asulado – Xa non quedan homes
03 Ataque Escampe – O disco vermello – Os problemas crecen
04 Apenino – Cerca de las estrellas – En la playa
05 Bang74 – Hi-flying dreams – Bells of revolution
06 Linda Guilala – Xeristar – Chicas guapas (que van a trabajar en moto)
07 Demonhigh – Corazón Ardiente – Corazón Ardiente
08 Demonhigh – Corazón Ardiente – Jungla de asfalto
09 Niño y Pistola – There’s a Man with a Gun Over There – By the Grace of God
10 Niño y Pistola – There’s a Man with a Gun Over There – Indian Song (Everything’s Burned)
10 Puma Pumku – Twilight Of The Mind
11 Puma Pumku – Scarlet Skies
12 Aries – Mermelada Dorada – Si te desanimé

Romaría Pop 2013, festa ata que se poña o sol | foto de Vanessa Abelairas

Romaría Pop 2013, festa ata que se poña o sol | foto de Vanesa Abelairas

Etiquetado , , , , , , , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography