Arquivo por etiquetas: Discos da Máquina

FA5x01: Atrás Tigre, C86 e a movida viguesa de Bar

Atrás Tigre: Xiana Arias, Olalla Cociña, Pedro Solla e Xis Ele Carlín.

Atrás Tigre: Xiana Arias, Olalla Cociña, Xis Ele Carlín e Pedro Solla.

[descarga]

Nada que celebrar no día que voltamos ás ondas na Cuac FM. A nosa 5ª tempada dá comezo nun día ” rojigualdo ” no que traballamos para traer máis música, lemures, fantasmas e outros accidentes. A nova formación Atrás Tigre, que edita EP con Triunvirato, que ao día seguinte deste programa tocarán cos londinienses Flowers en Santiago nun concerto organizado por Desconcierto Cultural, fainos mirar cara o 1986 e a mitificada casete C86 editada pola revista NME. Escoitamos a unha boa representación de bandas dun Reino Unido nada macarra. Detémonos con The Wedding Present que visitarán Vigo o 30 de outubro. Seguimos con máis movidas viguesas, pero en 1982, recordando a Bar, unha efémera formación cun só disco.

The Wedding Present

The Wedding Present

Na nosa sección Lemuria temos de invitado a Tarci Ávila, ex The Blows e agora con Presumido, que nos conta unha intrigante historia sobre voces clonadas nun falso directo e fala dunha canción de Nine Inch Nails que lle puxo os pelos de punta na primeira escoita. Rematamos, sen tempo para máis, con Caxade e o seu último disco para Discos da Máquina “E isto é o amor” que presentan en directo n´A Coruña dentro do ciclo Retroalimentación.

Tarci Ávila e Nacho Dafonte son Presumido

Tarci Ávila e Nacho Dafonte son Presumido

Listaxe

01 Atrás Tigre – Atrás Tigre EP – Final (Triunvirato, 2016)
02 Atrás Tigre – Atrás Tigre EP – Bengala (Triunvirato, 2016)
03 Flowers – Flowers EP – Watch and Wonder (Cloudberry, 2013)
04 The Pastels – C86 – Breaking Lines (NME, Rough Trade, 1986)
05 Primal Scream – C86 – Velocity Girl (NME, Rough Trade, 1986)
06 McCarthy – C86 – Celestial City (NME, Rough Trade, 1986)
07 We’ve Got a Fuzzbox and We’re Gonna Use It – C86 – Console Me (NME, Rough Trade, 1986)
08 Talulah Gosh – Steaming Train – Just a Dream (53rd&3rd, 1986)
09 The Wedding Present – C86 – This Boy Can Wait (NME, Rough Trade, 1986)
10 The Wedding Present – George Best – Getting Better (fet. Amelia Fletcher, Beatles cover) (Reception Records, 1987)
11 The Wedding Present – Going, Going… – Fifty Six (Scopitones, 2016)
12 Bar – Bar – Tu turno (Citola, 1982)
13 Bar – Bar – Cada esquina, cada sombra (Citola, 1982)
14 Bar – Bar – No queda gente afuera (Citola, 1982)
15 Presumido – Vendetta – Necrotú y yo (2016)
16 Nine Inch Nails – With Teeth – All The Love In The World (Nothing Records, 2005)
17 Caxade – E isto é o amor – Independence Day (Discos da máquina, 2016)
18 Caxade – E isto é o amor – Homen bala (Discos da máquina, 2016)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 65

Das Kapital | Socialismo ou barbarie

Das Kapital | Socialismo ou barbarie

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-65_md_4409487_wp_1.mp3″ |Descarga|

Das Kapital son un tumulto, unha irrupción violenta ante este estado das cousas. Socialismo ou barbarie. Tres discos, dous largos e un EP, que din xa dabondo para eles. O deixan e nos deixan un último manifesto de ruído negro. Percorremos o seu legado discográfico.

Facemos contraste cunha visita a Portugal con a brutal visceralidade de Sektor 304, e unha pescuda no pasado do país luso para escoitar o seu latexo en espazos industriais abandonados con Ode Filípica e Erros Alternados. Engadimos a Cut Hands, proxecto en solitario de William Bennett o ex-Whitehouse, e Godflesh, a banda de metal industrial que volta aos escenarios tras dez anos separados, como posíbeis influencias da banda marxista do selo de Compostela Discos da Máquina.

Sektor 304 | Sons extraídos do lixo

Sektor 304 | Sons extraídos do lixo

Listaxe 08|04|2015

01 Das Kapital – Das Kapital – I (Discos da Máquina, 2015)
02 Das Kapital – Ruido negro – Manifesto dos enfermos (A Regueifa, 2011)
03 Das Kapital – Ruido negro – Narcisismo (Radio Océano) (A Regueifa, 2011)
04 Sektor 304 – Utopia / Decay – Vertical Structure Control (Malignant Records, 2014)
05 Ode Filípica – Impulsos anémicos – Infinito Finito (1990)
06 Erros Alternados – Corrosăo Cerebral(VA) – Qes (1991)
07 Das Kapital – Grecia – Programa (Discos da Máquina, 2013)
08 Das Kapital – Das Kapital – II (Discos da Máquina, 2015)
09 Das Kapital – Das Kapital – III (Discos da Máquina, 2015)
10 Cut Hands – Black Mamba – Black Mamba (Susan Lawly, 2012)
11 Godflesh – Cold World (maxi) – Nihil (Erache, 1991)
12 Das Kapital – Das Kapital – IV (Discos da Máquina, 2015)
13 Das Kapital – Grecia – Grecia (Discos da Máquina, 2013)

Cut Hands; William Bennett | Poder vudú

Cut Hands; William Bennett | Poder vudú

Etiquetado , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 39

Trent Reznor | Espiral descendente

Trent Reznor | Espiral descendente

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-39_md_3339290_1.mp3″ [Descarga]

Un programa cargado de angst, o término existencialista acuñado por Kierkegaard que designa o punto de vista luterano e protestante, de orixe hebráico-bíblico. A angustia frente ao pecado o “angst” ante un Deus que é tan Santo, e “fundamentalmente distinto” do ser humano pecador. A frustración fronte a incapacidade para alcanzala pureza da alma, do espírito mortal que nunca será divino.

Van vinte anos dende que Trent Reznor e Nine Inch Nails descenderon por unha espiral de angustia e tortuosa autodestrucción, puro angst. “The Downward Spiral” (Nothing/Interscope, 1994) é o punto de partida para escoitar a bandas galegas enfurecidas como Rave Party Animals, PlusLottus e MINIM xunto a carraxe de Das Kapital e a tensión en clímax ascendente de LED (Light Emitting Diode). As referencias expostas neste programa que viaxa no tempo e no espazo son as de Gary Numan, antes e agora, Bauhaus, KMFDM, Coil e The Young Gods.

LED | Climax ascendente

LED | Clímax ascendente

Listaxe 04/06/2014
01 NIN- The Downward Spiral- Mr Self Destruct (Interscope/ Nothing/ TVT, 1994)
02 Gary Numan´s Tubeway Army- Replicas- Are ‘Friends’ Electric? (Beggars Banquet, 1979)
03 Gary Numan- Splinter (Songs from a Broken Mind)- I Am Dust (Mortal/ Cooking Vinyl, 2013)
04 MINIM – 0001. Yesterday I Was In the Room of Thought- Remember the History (Mutant-E, 2012)
05 KMFDM- Angst- A Drug Against War (Wax Trax!/TVT, 1993)
06 PlusLottus- ojoRojo- Side FX (2010)
07 NIN- The Downward Spiral- Eraser (Interscope/ Nothing/ TVT, 1994)
08 Bauhaus – Dark Entries (4AD/Beggars Banquet Records, 1980)
09 Rave Party Animals- 1010010 1010000 100000- Mechanicide
10 Coil- The Wheel (Threshold House, 1987)
11 Das Kapital – Grecia – Insectos. (this is the modern wold) (Discos da Máquina, 2013)
12 LED- The Rain Sessions- Waiting
13 The Young Gods – L’Eau Rouge- La Fille De La Mort (PIAS, 1989)

Gary Numan | Cancións da mente rota

Gary Numan | Cancións da mente rota

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 37

Woody Guthrie | Esta máquina mata fascistas

Woody Guthrie | Máquina mata fascistas

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-37_md_3278849_1.mp3″ Descarga

Programa de escaleta libre, moi libre. Volta a canción protesta, posicionámonos ideoloxicamente e viramos a esquerda coas eleccións europeas de trasfondo. “Esta máquina mata fascistas” escribía Woody Guthrie na súa guitarra e Leadbelly lle cantaba a Hitler durante a segunda Guerra Mundial.
A música é un arma cargada de futuro e buscamos aliados na contenda: dende Arxentina El violinista del amor & Los pibes que miraban e as súas cancións e himnos de revolucións que non foron, Phil Ochs soa en versión de Jello Biafra e Mojo Nixon falando do amor a un liberal e Nacho Vegas se resitua unha vez máis.

Caxade | Folclore para as masas

Do lado galego rescatamos un tema do 2009 de Ataque Escampe para dedicarlla a Europa. E contamos coa compaña de Discos da Máquina, un selo discográfico e colectivo autoxestionado, cunha didáctica canción de Grampoder e o proxecto en solitario de Alonso Caxade.
Caxade é o artista ao que dedicamos a segunda parte do programa facendo unha selección de cancións de “Dança dos Moscas” e pescudando na súa procedencia, bandas como Os Modernos e Cuarteto Caramuxo. Tamén lle dedicamos unha canción como ‘Capadores de Extraterrestres’ ao día das Letras Galegas.

    Listaxe 14/05/2014
    01 El violinista del amor & Los pibes que miraban – Contra los fantasmas – La Internacional
    02 Leadbelly – Complete Recorded Works 1939-1947 In Chronological Order: Volume 4 (C. May To 27 October 1944) – Mr. Hitler (1942)
    03 Woody Guthrie – The Asch Recordings – What are We Waiting On? (rec. 1944/1945)
    04 Sharon Jones & The Dap-Kings – Naturally – This Land Is Your Land (Daptone, 2005)
    05 El violinista del amor & Los pibes que miraban – Contra los fantasmas – La mala reputación (Scatter Records/Nonsense, 2013)
    06 Jello Biafra and Mojo Nixon – Prairie Home Invasion – Love me, I’m a liberal (Alternative Tentacles, 1994)
    07 Grampoder – Golf Whiskey – Capitalismo (Mise en abyme) (Discos da Máquina, 2013)
    08 Ataque Escampe – A grande evasión – Europa e o ballet (A Regueifa, 2009)
    09 Nacho Vegas – Resituación – La vida manca (Marxophone, 2014)
    10 Caxade – Dança dos Moscas – Dança dos Moscas (Discos da Máquina, 2013)
    11 Cuarteto Caramuxo – Tiruriru – Tiruriru (Falcatruada,2009)
    12 Orquestra Os Modernos – Uruguai
    13 Caxade – Dança dos Moscas – Gente Pota (Discos da Máquina, 2013)
    14 Detektivbyrån – Wermland – Om Du Möter Varg (Danarkia, 2008)
    15 Caxade – Dança dos Moscas – Capadores de Extraterrestres (Discos da Máquina, 2013)
Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 23

Este programa foi emitido o 18 de decembro de 2013 na Cuac FM.

A volta da esquina está ese momento de amor/odio que é o nadal, chegan as listas do mellor xunto con Papa Noel e con elas as disputas sobre que é mellor. No Fantasma Accidental facemos unha escolma de música emerxente que como diría Morrisey ten urxencia por vivir.
As bandas urxentes publican con, ou pertencen a, colectivos ou selos como a Metamovida, Ensmble, Matapadre, Discos Porno, Lixo Urbano, Discos Humeantes, Tuyono estudios, Discos da Máquina ou autoeditados.

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-23_md_2800618_1.mp3″ Ou descargalo

David Tombilla

foto: David Tombilla

Listaxe 18/12/2013
01 Durarará!!- Durarararararararararararararará​!​!- Thrash!!
02 Pálida- Pálida- Nostalgia
03 Esquelas- Inciso- Atravesando la tierra húmeda
04 Lendrone- Uno- Don Balón
05 Uzumaki- (adelanto)- X
06 Unojo- Antágonos- La Culpa de Todo La Tiene H​.​Oswald
07 Jay- Vacaciones en Vietnam- Jumanji
08 La Guerra del Fuego- demo- Gran Lección
09 Curtinaitis- Curtinaitis- Feel First
10 Músculo!- Selección natural- Zelig
11 Lady Leño- Arquitectas demo- Resucitar
12 Calixta- (Basticore 2013)
13 Estrambote- Ídolos y héroes- Ciervos y demás trofeos
14 LED- The Rain Sessions- We Float, We Escape
15 Korokati- MaA3- Discursal
16 Caxade- A Dança dos Moscas- Lei d’Hondt

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

MONICA MURA | Italian Multimedia Artist & Designer

Monica Mura, Artista Multimedia y Diseñadora Gráfica especializada en nuevos lenguajes, formas y técnicas de expresión y comunicación para nuevos tiempos.

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.