Arquivo por etiquetas: Primos Hermanos

Fantasma Accidental 4×10

Queimamos as nosas caretas tralo último baile ritual nas corredoiras choqueiras do Entroido. Mércores de cinza cun programa dedicado ao Primos Hermanos, festival de irmandamento entre Galiza e Asturias organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, que celebra a súa terceira edición este 2016. A viaxe é de ida e volta entre Compostela e Uviéu neste festival que “xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios ”

fechas_2016_rgb-no-yellow

|Descarga|

O 20 de febreiro será aprimeira cita en Compostela coa xente chegada de Asturias. Neste día o cabareteiro Rodrigo Cuevas, a alemana residente en Asturias Fee Reega xunto con Thee Operators, Autotan e Bobkat’65 actuarán en tres emblemáticos locais da cidade vella: Embora, A Casa das Crechas e o Cachán Clube. Escoitamos a todas estas músicas destacando a Fee Reega e Rodrigo Cuevas.

Pola súa banda cinco grupos galegos viaxarán a Asturias o próximo 5 de marzo na cita de Oviedo. O cartaz conta con diola, banda surxida das cinzas quentes de Unicornibot, e a banda de cantigas e rock de Ourense Os amigos dos músicos, o dúo da vella (e da nova) escola do hip-hop galego Malandrómeda, e o baile electrónico de Músculo! máis a imprevista psicodelia de Lengorón. Actuacións repartidas entre os locais La Lata de Zinc e La Salvaje.

Na nosa sección chamada Lemuria, onde unha persoa vencellada á música feita en Galicia fai unhas recomendacións musicais, temos de invitado a Rubén Domínguez (Pantis e Chicharrón) que rescata a efémera banda Cudevaso e recomenda a Jackson do Pandeiro, músico brasileiro de principios dos anos 50 considerado o Rei do Ritmo.

 

 

Listaxe 10/02/2016
01 Autotan – The Time I Sent Waiting For You To Be Ready – Lonely Boy (Autotan, 2015)
02 Thee Operators – Ups & Downs – White Lies (TO, 2015)
03 Bobkat’65 – Gwani (Bobkat’65, 2015)
04 Rodrigo Cuevas – Yo soy La Maga – Eina de Mandar Dourare (RGC, 2012)
05 Rodrigo Cuevas – Vaqueira (Extra Large Wrong Mix)
06 Fee Reega – Salvajada – El Hombre que fuma Heroína (Woodland Recordings, 2012)
07 Fee Reega & Tobio Lotto – Shoot – We Shot The World Down (Woodland Recordings, 2015)
08 Fee Reega & Nacho Vegas – Canciones Populistas – Mi novio es bobo (Marxophone Discos, 2015)
09 diola – eh!- Semáforo Fantasma (diola, 2015)
10 Lengorón – Pimienta (Lengorón, 2015)
11 Os Amigos dos Músicos – Osaka (OADM, 2010)
13 Músculo! – Vivac – Breve historia paralela (M!, 2014)
14 Jackson do Pandeiro – Forró em Limoeiro (Copacabana, 1953)
15 Cudevaso – Cudevaso EP – Xabarín (Cudevaso, 2010)

Advertisements
Etiquetado , , , ,

Fantasma Accidental 26

Facemos unha conexión directa con Asturias e a industrial e primaria música de Fasenuova, que publican ‘Salsa de cuervo’, e Pablo Und Destruktion, con ‘Sangrín’, e ambolos dous dentro do selo Discos Humeantes. Porque, como escribiu Filippo Tommaso Marinetti no seu “Manifesto Futurista”:

“queremos cantar o amor ao perigo, ao hábito da enerxía e a temeridade”

Fasenuova

Fasenuova | foto de Alfredo Arias

Eles son parte do cartaz do primeiro festival Primos Hermanos organizado por Desconcierto Cultural e celebrado en Santiago de Compostela. Facemos a nosa habitual viaxe de ida e volta traendo a Chris And Cosey e Liaisons Dangereuses e no presente a Factory Floor. Escoitamos aos galegos Das Kapital outra vez no programa e a uns Anda-lh’à Lus descoñecidos para nós. Este é o último programa no horario de 20:00 a 21:00, os seguintes serán de 19:00 a 20:00. Falamos por teléfono con Pepa Díaz para que presente Tranki-magazine, o programa que ocupará a franxa horaria que deixamos na radio-comunidade de Cuac FM

Pablo Und Destruktion

Pablo Und Destruktion | foto de Javier Bejarano

Podes escoitalo aquí:
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-26_md_2996582_1.mp3″ Ou descargalo

Listaxe 29/01/2014
01 Fasenuova -Salsa de Cuervo- Deslices
02 Fasenuova- Ortigas púbicas- Mierda ondulada (2007)
03 Liaisons Dangereuses- Los Niños Del Parque (12″ Version, 1982)
04 Fasenuova- A la quinta hoguera- Vamos a bailar a la noche (2011)
05 Chris And Cosey- Heartbeat- Heartbeat (1981)
06 Fasenuova -Salsa de Cuervo – Quieres no
07 Das Kapital – Grecia- Tumulto
08 Anda-lh’à Lus- Alívios Espirituães- Bocois nos Ancares
09 Factory Floor- Factory Floor- Two Different Ways
10 Pablo Und Destruktion- Sangrín- Pierde los dientes España
11 Silencio Oso- Os quiero- Estación de las lluvias (2010)
12 Pablo Und Destruktion- Animal Con Parachoques- Agujero (2012)

Etiquetado , , , , , , , , , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

MONICA MURA | Italian Multimedia Artist & Designer

Monica Mura, Artista Multimedia y Diseñadora Gráfica especializada en nuevos lenguajes, formas y técnicas de expresión y comunicación para nuevos tiempos.

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.