Arquivo por etiquetas: new wave

Fantasma Accidental 48

Estrambote, nova onda

Estrambote, nova onda

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-48_md_4021385_wp_1.mp3″ |Descarga|

Programa sobre a new wave, a nova onda aquí mais en Portugal, e os nuevaoleros. Estrambote é a banda que nos introduce cos seus frescos ritmos das Rías Baixas neste subxénero. Abel Dobarro, axitador da escena musical viguesa forma xunto a Nico (ex Fantasmage e Indomitos), Carmen e Fredo esta banda que nos fai bailalo século vinte.
A escena xerada na contorna do clube CBGB en Nova York a finais dos anos 70 é a orixe mitolóxica da new wave. Unha denominación surxida da mente do representante musical Ian Copeland para quitarlle o mal nome do punk a bandas de novo cuño dentro do DIY. Talking Heads, con David Byrne á fronte, é unha das máis representativas. Pinchamos tantos jits seguidos neste programa que parece de radiofórmula, pero con xeito e escusa argumental.

Talking Heads, despois do punk

Talking Heads, despois do punk

Reivindicamos ás bandas que tocan mal pero que o pasan ben. A movida madrileña representada polo bigote hitleriano de Iñaki de Glutamato Ye Yé no seu primer EP. Os portugueses Táxi e os franceses Indochine soando na mesma época que Metro, os gañadores do Concurso Municipal de Rock de A Coruña do ano 1982, cunha canción da que Fernando F. Rego, administrador de La Fonoteca, escribe: <>.
A parte final está dedicada a Poch, irrepetible e sobredimensionado ser que liderou Derribos Arias, quee foi parte activa da eclosión musical centralizada por Madrid e capitalizada polo PSOE na festa posterior a Transición.

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Listaxe 5/11/2014

01 Estrambote – Estrambote – Así se baila el siglo XX (Seara, 2014)
02 Hidrogenesse – Asi se baila el siglo XX (Piérdete‎, 2000)
03 Estrambote – Estrambote – La serpiente multicolor (Seara, 2014)
04 Glutamato Ye-Yé – Zoraida – Europa (DRO,1982)
05 Talking Heads – Talking Heads: 77 – The Book I Read (Sire, 1977)
06 Estrambote – Ídolos y héroes – Afonso Andrade (2013)
07 The Rubinoos – Back to the Drawing Board! – I Wanna Be Your Boyfriend (Bersekley Records, 1979)
08 Metro – Metro – Él quiere ser tu zombie (Citola, 1982)
09 Táxi – Táxi – Chiclete (Polygram, 1981)
10 Indochine – L’Aventurier – L’Aventurier (BMG Ariola, 1982)
11 La Banda sin Futuro – Grabaciones Desinfectadas – El chico más pálido de la playa del Gros (orixinal de 1983, Subterfuge, 1997)
12 Poch – Poch se ha Vuelto a Equivocar – La playa (Epic, 1985)
13 Poch (con Fania) – Nuevos sistemas para viajar – Hacia El Mar (Gasa, 1988)
14 Derribos Arias (con Iñaki Fernandez) – Disco Pocho – Branquias Bajo el Agua (Gasa, 1984)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 20

Programa emitido o 13 de novembro na Cuac FM. Dedicamos o programa á banda ferrolá Carrero Bianco. Prestáronnos a súa música para a sintonía do programa nestas dúas tempadas da nova etapa na Cuac FM. Tocaba Carrero Bianco polo tanto e presentamos o seu novo disco ‘Horror! Horror!’, eles sérvennos de escusa para falar da New Wave e poñer a bandas como Devo, Talking Heads ou The Go Go´s. Sacamos ao bigotudo Giorgio Moroder porque nos apetece máis música disco. Pinchamos temas de Aviador Dro, Derribos Arias e Radio Futura para acompañar e dende o interior do Telón de Grelos soan os lugueses new mugre wave Mullet e os distópicos coruñeses Mano de Obra.

Podes escoitalo aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-20_md_2697518_1.mp3″ Ou descargalo

Carrero Bianco

Carrero Bianco

Listaxe 13/11/2013
01 Carrero Bianco- Horror! Horror!- Música Disco
02 Devo- Total Devo- Disco Dancer (1988)
03 Devo- Are We Not Men? We Are Devo!- Jocko Homo (1978)
04 Talking Heads- More Songs About Buildings and Food- Artists Only (1978)
05 Carrero Bianco- Blister Ep- Reza lo que sepas
06 Giorgio Moroder- From Here to Eternity- From Here To Eternity (1977)
07 Aviador Dro – Pálida(Sgl)-Ella perdió el control (1994)
08 Mano de Obra- El hombre del tiempo (Sgl)
09 Carrero Bianco- Horror! Horror! – Herminio Molero
10 Radio Futura- Música moderna- Muchachita (1980)
11 Derribos Arias- A-flúor Sgl – A flúor (1982)
12 Mullet- Salmonete- Congelados y Mascotas
13 The Go Go´s – Beauty and the Beat – Our Lips Are Sealed (1981)
14 Carrero Bianco- Oferta de lanzamiento- Gafas de sol
15 Carrero Bianco- Horror! Horror!- Explosiones en las TV´s

Etiquetado , , , , , , ,

Fantasma Accidental 19

Pechamos a trioloxía de punk galaico neste programa emitido na Cuac Fm o 30 de outubro de 2013. Seguimos coa nosa particular arqueoloxía do punk nun programa con moito descontrol e rabia nas máquinas. Comenzamos coas figuras icónicas dos defuntos Johnny Thunders, Kike Turmix, Eduardo Benavente e Jay Reatard, tamén rendimos homenaxe ao recentemente falecido Lou Reed con Triángulo de Amor Bizarro e a súa perversión dun tema de Velvet Underground. Rescatamos temas de Samesugas, no Lixo Urbano e de Lascivos en H Records. A fornada punk galega está representada polos maqueteiros Terremoto Sí, os acelerados Srsrsra, que comparten o selo Discos Humeantes coas asturianas Chiquita y Chatarra, e os ourensanos punk-grunge Monstruo.

Podes escoitalo aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-19_md_2694087_1.mp3″ Ou descargalo

Lou Reed

Lou Reed |R.I.P.

Listaxe 30/10/2013

O1 Johnny Thunders And The Heartbreakers- L.A.M.F.- Chinese Rocks (1977)
02 Die Toten Hosen (feat.Johnny Thunders )- Learning English, Lesson One- Born To Lose (1991)
03 Pleasure Fuckers- For Your Pleasure- Masacre en el disco-bar (1996)
04 Samesugas- Alá Vai!- Lobishomen (2006)
05 Bad Brains- Bad Brains- Attitude (1982)
06 Richard Hell and the Voidoids- Blank Generation- New Pleasure (1977)
07 Lascivos- Chico Vudú (Sgl.) (2004)
08 Ludus- Riding The Rag- My Cherry Is In Sherry (1982)
09 Chiquita y Chatarra- Animal de Amor- Mami Mami
10 Srasrsra- Puchao- Oliendo a pis
11 Terremoto Sí- Demo- Termitas
12 The Reatards- Teenage Hate- I´m So Gone (1998)
13 Parálisis Permanente- Quiero Ser Santa- Yo no (1982)
14 Bad Religion- How Could Hell Be Any Worse?- We’re Only Gonna Die (1982)
15 Black Panda- A la Caza del U-666 – ¿Quien cobra en el King? (King Riots)
16 Minor Threat- In My Eyes EP- In My Eyes (1981)
17 Monstruo- Monstruo #3- Desconéctame!
18 Lou Reed- Transformer- Vicious (1972)
19 Triángulo De Amor Bizarro- Amigos del género humano- Sister Ray / Lento (2010)

Etiquetado , , , , , , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography