Arquivo por etiquetas: Derribos Arias

Fantasma Accidental 48

Estrambote, nova onda

Estrambote, nova onda

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-48_md_4021385_wp_1.mp3″ |Descarga|

Programa sobre a new wave, a nova onda aquí mais en Portugal, e os nuevaoleros. Estrambote é a banda que nos introduce cos seus frescos ritmos das Rías Baixas neste subxénero. Abel Dobarro, axitador da escena musical viguesa forma xunto a Nico (ex Fantasmage e Indomitos), Carmen e Fredo esta banda que nos fai bailalo século vinte.
A escena xerada na contorna do clube CBGB en Nova York a finais dos anos 70 é a orixe mitolóxica da new wave. Unha denominación surxida da mente do representante musical Ian Copeland para quitarlle o mal nome do punk a bandas de novo cuño dentro do DIY. Talking Heads, con David Byrne á fronte, é unha das máis representativas. Pinchamos tantos jits seguidos neste programa que parece de radiofórmula, pero con xeito e escusa argumental.

Talking Heads, despois do punk

Talking Heads, despois do punk

Reivindicamos ás bandas que tocan mal pero que o pasan ben. A movida madrileña representada polo bigote hitleriano de Iñaki de Glutamato Ye Yé no seu primer EP. Os portugueses Táxi e os franceses Indochine soando na mesma época que Metro, os gañadores do Concurso Municipal de Rock de A Coruña do ano 1982, cunha canción da que Fernando F. Rego, administrador de La Fonoteca, escribe: <>.
A parte final está dedicada a Poch, irrepetible e sobredimensionado ser que liderou Derribos Arias, quee foi parte activa da eclosión musical centralizada por Madrid e capitalizada polo PSOE na festa posterior a Transición.

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Listaxe 5/11/2014

01 Estrambote – Estrambote – Así se baila el siglo XX (Seara, 2014)
02 Hidrogenesse – Asi se baila el siglo XX (Piérdete‎, 2000)
03 Estrambote – Estrambote – La serpiente multicolor (Seara, 2014)
04 Glutamato Ye-Yé – Zoraida – Europa (DRO,1982)
05 Talking Heads – Talking Heads: 77 – The Book I Read (Sire, 1977)
06 Estrambote – Ídolos y héroes – Afonso Andrade (2013)
07 The Rubinoos – Back to the Drawing Board! – I Wanna Be Your Boyfriend (Bersekley Records, 1979)
08 Metro – Metro – Él quiere ser tu zombie (Citola, 1982)
09 Táxi – Táxi – Chiclete (Polygram, 1981)
10 Indochine – L’Aventurier – L’Aventurier (BMG Ariola, 1982)
11 La Banda sin Futuro – Grabaciones Desinfectadas – El chico más pálido de la playa del Gros (orixinal de 1983, Subterfuge, 1997)
12 Poch – Poch se ha Vuelto a Equivocar – La playa (Epic, 1985)
13 Poch (con Fania) – Nuevos sistemas para viajar – Hacia El Mar (Gasa, 1988)
14 Derribos Arias (con Iñaki Fernandez) – Disco Pocho – Branquias Bajo el Agua (Gasa, 1984)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 20

Programa emitido o 13 de novembro na Cuac FM. Dedicamos o programa á banda ferrolá Carrero Bianco. Prestáronnos a súa música para a sintonía do programa nestas dúas tempadas da nova etapa na Cuac FM. Tocaba Carrero Bianco polo tanto e presentamos o seu novo disco ‘Horror! Horror!’, eles sérvennos de escusa para falar da New Wave e poñer a bandas como Devo, Talking Heads ou The Go Go´s. Sacamos ao bigotudo Giorgio Moroder porque nos apetece máis música disco. Pinchamos temas de Aviador Dro, Derribos Arias e Radio Futura para acompañar e dende o interior do Telón de Grelos soan os lugueses new mugre wave Mullet e os distópicos coruñeses Mano de Obra.

Podes escoitalo aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-20_md_2697518_1.mp3″ Ou descargalo

Carrero Bianco

Carrero Bianco

Listaxe 13/11/2013
01 Carrero Bianco- Horror! Horror!- Música Disco
02 Devo- Total Devo- Disco Dancer (1988)
03 Devo- Are We Not Men? We Are Devo!- Jocko Homo (1978)
04 Talking Heads- More Songs About Buildings and Food- Artists Only (1978)
05 Carrero Bianco- Blister Ep- Reza lo que sepas
06 Giorgio Moroder- From Here to Eternity- From Here To Eternity (1977)
07 Aviador Dro – Pálida(Sgl)-Ella perdió el control (1994)
08 Mano de Obra- El hombre del tiempo (Sgl)
09 Carrero Bianco- Horror! Horror! – Herminio Molero
10 Radio Futura- Música moderna- Muchachita (1980)
11 Derribos Arias- A-flúor Sgl – A flúor (1982)
12 Mullet- Salmonete- Congelados y Mascotas
13 The Go Go´s – Beauty and the Beat – Our Lips Are Sealed (1981)
14 Carrero Bianco- Oferta de lanzamiento- Gafas de sol
15 Carrero Bianco- Horror! Horror!- Explosiones en las TV´s

Etiquetado , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography