FANTASMA ACCIDENTAL PRESENTA EN CONCERTO A PRIMROSE E LADY LEÑO

Fantasma Accidental, o programa sobre a música contemporánea galega e as súas conexións, remata a súa primeira tempada da nova etapa en CUAC FM. Queremos celebrar este punto e aparte cun concerto no que presentaremos a dúas prometedoras formacións. As bandas que máis darán que falar na cidade da Coruña nos próximos tempos: Primrose e Lady Leño.
Dúas, e moi novas, formacións xurdidas na cidade herculina neste efervescente panorama musical galego onde este programa busca eses accidentes chamados música.
Os concertos terán lugar o venres 14 de xuño na sala LeClub.

Apertura de portas as 21:30, entrada 5€.

LADY LEÑO

lady leño_bea

A escuridade e a contundencia dunha banda que podería formar parte dos inicios dos selos GASA e DRO. Os inicios do afterpunk que xuntaba a expresividade propiciada polo DIY e a visión crítica ante unha sociedade decadente. Unha banda que podería emparentarse con aquelas bandas que se empaparon de Joy Division, The Cure ou Bauhaus para concibir as sinistras formas de Décima Víctima ou Parálisis Permanente, e a moi reivindicable encarnación de Ana Curra con Los Seres Vacios.

Lady Leño, nome e inspiración en David Lynch, son as sinistras guitarras de Iago Golpe, a batería punk de Alberto Vázquez, coñecido debuxante ademais de militar nos distópicos Mano de Obra, e o baixo e grave voz de Bea Argüelles. Coa súa primeira demo, gravada nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero, remiten a frías estancias onde a xenreira estala en diatribas como “yo construyo puertas/que me sirvan para escapar/las demás fabricáis ventanas/que sirvan para esperar” (Arquitecta).

PRIMROSE

primrose_euge
Este trío de A Coruña parece seguir os designios musicais das bandas postpunk dos inicios do selo 4AD. Escuridade con bases de electrónica, baixos de grave presencia, guitarras máis suxeridas que mostradas e a melancolía da voz envolta en reverb. Dreampop e plácidos ambientes que se tornan inhóspitos cando se asoman ao seu abismo. Dende as catacumbas onde Cocteau Twins respiraban beleza e os primeiros e lutuosos Modern English explicaban a modernidade. Cando novas formas de expresión foron saíndo á superficie para que bandas como Hugo Largo lles deran forma, e acabaran reencarnándose nunha pequena cidade cercana a Bristol chamada Portishead onde atopamos un novo, e industrial, blues.

Descubrimos en “Serial Love”, primeira gravación de Primrose, a Eugenia Sánchez na penumbra da súa voz xunto a David Vázquez, membro do dúo Light Emitting Diode (LED) e máis en solitario, nas planeadoras guitarras. Pecha o trío Roberto Casteleiro, coñecido por ser parte de Fagot y Popota e os seus heterónimos Koroiev, Korokati e Federico Flesfa.

LEMUR DJ

Factotum deste programa, pinchará música nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo para que boten os lemures. Unha selección de post, after e pre punk. Dende a apertura de portas e despois do concerto.

cartaz fantasma_imprenta

Etiquetado , , ,

Deixar un comentario

Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian record label since 2012.