Arquivo por etiquetas: lady leño

Fantasma Accidental 23

Este programa foi emitido o 18 de decembro de 2013 na Cuac FM.

A volta da esquina está ese momento de amor/odio que é o nadal, chegan as listas do mellor xunto con Papa Noel e con elas as disputas sobre que é mellor. No Fantasma Accidental facemos unha escolma de música emerxente que como diría Morrisey ten urxencia por vivir.
As bandas urxentes publican con, ou pertencen a, colectivos ou selos como a Metamovida, Ensmble, Matapadre, Discos Porno, Lixo Urbano, Discos Humeantes, Tuyono estudios, Discos da Máquina ou autoeditados.

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-23_md_2800618_1.mp3″ Ou descargalo

David Tombilla

foto: David Tombilla

Listaxe 18/12/2013
01 Durarará!!- Durarararararararararararararará​!​!- Thrash!!
02 Pálida- Pálida- Nostalgia
03 Esquelas- Inciso- Atravesando la tierra húmeda
04 Lendrone- Uno- Don Balón
05 Uzumaki- (adelanto)- X
06 Unojo- Antágonos- La Culpa de Todo La Tiene H​.​Oswald
07 Jay- Vacaciones en Vietnam- Jumanji
08 La Guerra del Fuego- demo- Gran Lección
09 Curtinaitis- Curtinaitis- Feel First
10 Músculo!- Selección natural- Zelig
11 Lady Leño- Arquitectas demo- Resucitar
12 Calixta- (Basticore 2013)
13 Estrambote- Ídolos y héroes- Ciervos y demás trofeos
14 LED- The Rain Sessions- We Float, We Escape
15 Korokati- MaA3- Discursal
16 Caxade- A Dança dos Moscas- Lei d’Hondt

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 18

Este programa foi emitido o 23 de outubro de 2013 na Cuac FM.
Continuamos o programa anterior con máis punk e postpunk galaico e moita actitude.
Este programa de radio é totalmente ofensivo, nihilista e combativo. Pescudamos no punk galaico e nas súas conexións. Politicamente incorrecto e con moito descontrol técnico, por suposto.
Podes escoitalo aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-18_md_2686904_1.mp3″ ou descargalo

Fugazi-Jim Saah

Fugazi |Jim Saah

Listaxe (23/10/2013)
01 Joy Division- An Ideal for Living EP- Warsaw (1978)
02 MC5- Kick Out the Jams- Rocket Reducer No. 62 (Rama Lama Fa Fa Fa) (1969)
03 The Stooges- The Stooges- I Wanna Be Your Dog (1969)
04 Disco Las Palmeras- Ultra!- Parte del engranaje
05 Pere Ubu- Final Solution (Sgl) (1976)
06 The Clash- The Clash- White Riot (1977)
07 Sid Vicious- The Great Rock ‘n’ Roll Swindle- My Way (1978)
08 Public Image Ltd- Public Image: First Issue- Public Image (1978)
09 Terbutalina- Ritmo serbio- Hippies
10 Gang of Four- Entertainment!- Natural’s Not in It (1979)
11 Lobishome- Los seres extraños que habitan tu mente- Mal De Altitud ( Baracus )
12 This Heat- Deceit- S. P. Q. R. (1981)
13 Triángulo de Amor Bizarro- Año Santo- Baile de los caídos (2010)
14 Ana Curra y Los Seres Vacíos- Sueños oscuros (inédita) (1982)
15 Lady Leño- Arquitectas demo- Arquitectas
16 Franc3s- La Exhibición de Atrocidades – Asesina (2009)
17 Fugazi- Fugazi (EP)- Waiting Room (1988)
18 Black Flag- Jealous Again- No Values (1980)
19 Mencer Vermello – Novas Batallas – Orgullo e Honor

Etiquetado , , , , , , , , ,

FANTASMA ACCIDENTAL PRESENTA EN CONCERTO A PRIMROSE E LADY LEÑO

Fantasma Accidental, o programa sobre a música contemporánea galega e as súas conexións, remata a súa primeira tempada da nova etapa en CUAC FM. Queremos celebrar este punto e aparte cun concerto no que presentaremos a dúas prometedoras formacións. As bandas que máis darán que falar na cidade da Coruña nos próximos tempos: Primrose e Lady Leño.
Dúas, e moi novas, formacións xurdidas na cidade herculina neste efervescente panorama musical galego onde este programa busca eses accidentes chamados música.
Os concertos terán lugar o venres 14 de xuño na sala LeClub.

Apertura de portas as 21:30, entrada 5€.

LADY LEÑO

lady leño_bea

A escuridade e a contundencia dunha banda que podería formar parte dos inicios dos selos GASA e DRO. Os inicios do afterpunk que xuntaba a expresividade propiciada polo DIY e a visión crítica ante unha sociedade decadente. Unha banda que podería emparentarse con aquelas bandas que se empaparon de Joy Division, The Cure ou Bauhaus para concibir as sinistras formas de Décima Víctima ou Parálisis Permanente, e a moi reivindicable encarnación de Ana Curra con Los Seres Vacios.

Lady Leño, nome e inspiración en David Lynch, son as sinistras guitarras de Iago Golpe, a batería punk de Alberto Vázquez, coñecido debuxante ademais de militar nos distópicos Mano de Obra, e o baixo e grave voz de Bea Argüelles. Coa súa primeira demo, gravada nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero, remiten a frías estancias onde a xenreira estala en diatribas como “yo construyo puertas/que me sirvan para escapar/las demás fabricáis ventanas/que sirvan para esperar” (Arquitecta).

PRIMROSE

primrose_euge
Este trío de A Coruña parece seguir os designios musicais das bandas postpunk dos inicios do selo 4AD. Escuridade con bases de electrónica, baixos de grave presencia, guitarras máis suxeridas que mostradas e a melancolía da voz envolta en reverb. Dreampop e plácidos ambientes que se tornan inhóspitos cando se asoman ao seu abismo. Dende as catacumbas onde Cocteau Twins respiraban beleza e os primeiros e lutuosos Modern English explicaban a modernidade. Cando novas formas de expresión foron saíndo á superficie para que bandas como Hugo Largo lles deran forma, e acabaran reencarnándose nunha pequena cidade cercana a Bristol chamada Portishead onde atopamos un novo, e industrial, blues.

Descubrimos en “Serial Love”, primeira gravación de Primrose, a Eugenia Sánchez na penumbra da súa voz xunto a David Vázquez, membro do dúo Light Emitting Diode (LED) e máis en solitario, nas planeadoras guitarras. Pecha o trío Roberto Casteleiro, coñecido por ser parte de Fagot y Popota e os seus heterónimos Koroiev, Korokati e Federico Flesfa.

LEMUR DJ

Factotum deste programa, pinchará música nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo para que boten os lemures. Unha selección de post, after e pre punk. Dende a apertura de portas e despois do concerto.

cartaz fantasma_imprenta

Etiquetado , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography