DISTURBIOS nace dentro do Laboratorio de Arte Sonora de Club Cultural Matienzo en Bos Aires e é presentado como unha instalación que se activou durante o ciclo Drama es Acción.
Edición de vídeo: Manuel Margulis Darriba
Agradecementos a Galiza Contrainfo.
Cando comeza o disturbio? Quen dirixe a violenta coreografía na que chocan as forzas de seguridade do estado e quen se manifestan?
Que protexen os anti-disturbios? É lexítima a resposta violenta da cidadanía fronte á represión policial? Habería disturbio sen anti-disturbios?
A orixe da violencia nas manifestacións non se adoita explicar, fanse balances de danos, se cuantifica o número de feridos de ambos bandos, xustifícase a legalidade como fin último para restaurar a orde pública polos medios de represión dos que dispón o estado.
A liña que se cruza para que estale é difusa.
Santiago de Compostela (Galiza), unha pequena e histórica cidade serve de exemplo, e escenario, de batallas dantescas entre forzas adestradas para sufocar calquera alteración da orde e a indignada cidadanía esixindo dereitos.
Escoitando os sons do enfrontamento cando vivía nesa cidade quixen darlles forma orquestando varios actos, para ser proxectados en pantalla partida, que pretenden dar unha audio-visión da tensión, o medo, a ira e a derrota.
Unha ópera do disturbio inspirada en imaxes e sons con cámara subxectiva que tratan de revelar a destrución da razón mediante o uso da represión por parte do estado.
CC BY