Arquivo por etiquetas: Warp

Fantasma Accidental 44

KRKT | Electrónica subversiva

KRKT | Electrónica subversiva

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-44_md_3684005_wp_1.mp3″ |Descarga|

Neste segundo episodio da terceira tempada confeccionamos unha selección musical que busca o futuro a través da electrónica. Experimentación e pescuda dos espazos sonoros alternativos galegos xunto á braindance e a IMD actual na península.
KRKT (Korokati) é Roberto Casteleiro, o autor da nosa sintonía e unha mente inqueda do panorama electrónico galego. Este coruñés é un arquitecto musical con letras subversivas en contra do sistema capitalista. Matar Gente (Matar Xente) é o proxecto en solitario de Nicolás Nieto, baixista de Músculo!. A súa música en loop crea ambientes expansivos en capas e capas entretecidas. Blixdeina son Santiago Rodríguez, coñecido por formar parte de Mequetrefe, e a artista Monica Mura poñen música e voz a “Tus palabras ya no me tocan” do escritor, poeta e crítico musical Fernando Fernández Rego. A poesía orixinal foi publicada en 2011 no libro “Blues From A Gun: Secuencias Interiores”.
A improvisación e a experimentación sonora, o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas conforman o proxecto chamado Ulobit. Formado por Ariel Ninas (zanfoña), Horacio Gonzalez (video) e Xoan Xil (electrónica) nesta peza revisitan “Vikingland”, a longametraxe de Xurxo Chirro do 2011. Facemos contraste coa unión de Alva Noto + Ryuichi Sakamoto e os seus bits minimalistas. Escoitamos a actualidade musical da electrónica no estado español cunha pequena selección: o catalán Uner é un dos máis importantes nomes da electrónica hispana; o dúo asturiano formado por Ana Quiroga e Uge Pañeda LCC, abreviatura de Las Casi Casiotones, involucionan para quedar coa matería principal no seu LP para Mego; Svreca é un madrileño de techno abstracto e experimentación sonora, publica có seu propio selo, Semantica, e pincha nas máis selectas cabinas europeas; mentras que Downliners Sekt é un dúo catalano-francés, con sede en Barcelona, que fichou polo prestixioso selo francés Infiné.
Aphex Twin volta a actualidade publicando “Syro” con Warp. Máis música inclasificable de Richard D. James, que ben podería ser un álbum anterior a “drukQs” (2001).
Rescatamos do pasado da música electrónica galega a dous históricos: Humanoid e Prozack, para mostrar que o futuro está escrito no pasado, ao menos na música.

LCC | Mineralogía con base electrónica

LCC | Mineraloxía con base electrónica

Listaxe 08/10/2014
01 Korokati – MaA3 – MaA2, el ascenso del estado penal
02 Matar Gente – Todo le llega al que sabe esperar – Terrible
03 Blixdeina – Palabras
04 Ulobit – Vikingland Noise Redux (live)
05 Alva Noto + Ryuichi Sakamoto – Insen – Moon (Raster-Noto, 2005)
06 Uner – Tune432 – Tierra Hueca (Original Mix) (Diynamic Label, 2014)
07 LCC – d/evolution – Quarz (Editions Mego, 2014)
08 Aphex Twin – Syro – minipops 67 [120.2] (Warp, 2014)
09 Svreca – Obscur. Alternative. – Seda Muerta (Semantica, 2011)
10 Downliners Sekt – Silent Ascent – Silent Ascent (InFine Music, 2014)
11 Humanoid – Vectorspheres – Analogue Dream (Jabalina, 1998)
12 Prozack – Tan lejos – Dualidad (Elefant, 1998)

Aphex Twin | Deep web sound

Aphex Twin | Deep web sound

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 31

Richard D James

Richard D James | Ambiente selecto

Participamos do aniversario da publicación do ‘Selected Ambient Works Volume II’, do ano 1994, segundo álbum de Richard D. James como Aphex Twin. Un dos cumios musicais do ambient editado polo selo Warp. A música de ambiente, termo acuñado por Brian Eno, lévanos a un certo orixe que Erik Satie chamaba “música de mobiliario” nunha carta a Jean Cocteau datada o 1 de marzo de 1920.

“A música de mobiliario é basicamente industrial. O costume, o uso, é facer música en ocasións en que a música non ten nada que facer… Queremos establecer unha música que satisfaga as “necesidades útiles”. A arte non entra nestas necesidades. A música de mobiliario crea unha vibración; non ten outro obxecto; desempeña o mesmo papel que a luz, a calor e o confort en todas as súas formas… Esixan música de mobiliario. Nin reunións, nin asembleas, etc. sen música de mobiliario… Non se case sen música de mobiliario. Non entre nunha casa na que non haxa música de mobiliario. Quen non oíu a música de mobiliario descoñece a felicidade. Non se durma sen escoitar un fragmento de música de mobiliario ou durmirá vostede mal.”

Engadimos electrónica musical e ambientes selectos galegos con Dræn, GAS NOBLE, Noel Lou e Anda-lh’à Lus.
Despedimos o programa coa estrea do ‘Blank Project’ de Neneh Cherry e facemos un manifesto anti-patriarcado con Mercedes Peón.

Pódelo escoitar aquí:
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-31_md_3103687_1.mp3″ Ou descargalo

Listaxe 12/03/2014

01 Aphex Twin – Selected Ambient Works Volume II – Rhubarb (1994)
02 Erik Satie – Petite ouverture à danser (interpretado por Reinbert de Leeuw)(1897)
03 Dræn – Los tres estanques – OST (Project Moscow) – Parte II – Tres estanques (Monte Hermón) (2013)
04 Aphex Twin – Selected Ambient Works Volume II – Shiny Metal Rods (1994)
05 GAS NOBLE – Rn-5f146d107s2 – Polyphonic Argall (2010)
06 Fennesz – AUN – Euclides (2012)
07 Noel Lou – Just Feel It
08 Brian Eno – Apollo: Atmospheres and Soundtracks – An Ending (Ascent) (1983)
09 Anda-lh’à Lus – O lounge da barata (Single version)
10 Neneh Cherry – Blank Project – Blank Project (2014)
11 Neneh Cherry – Raw Like Sushi – Manchild (1989)
12 Mercedes Peón – Ajrú – Ajrú (segunda parte) (2003)
13 Mercedes Peón – SOS – Derorán (2010)

Neneh Cherry 1989

Neneh Cherry | Pasado e presente

Etiquetado , , , , , , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography