Arquivo por etiquetas: Slowdive

Fantasma Accidental 38

Cocteau Twins | Soño eterno

Cocteau Twins | Soño eterno

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-38_md_3314316_1.mp3″ descarga

Terra de Soños.
Dreamland, Christina Georgina Rossetti.

Descansa, descansa por sempre
nas exuberantes beiras
Descansa ata que o corazón cale,
ata que o núcleo do tempo morra.
Durme un soño que a dor
non pode perturbar,
na noite que non quebrará na mañá,
ata que a alegría se apodere
da súa perfecta paz.

John Everett Millais |Ophelia (detalle)

John Everett Millais | Ophelia (detalle)

Facemos un programa de etérea forma dedicado ao pop máis ensoñador. Centrámonos nos 30 anos da edición do disco de Cocteau Twins “Treasure” (4AD, 1984) rescatando das sombras a This Mortal Coil e pescudando conexións e posibles influenciadxs en Galiza. Escoitamos as ensoñacións musicales no pasado de alDDao, o presente de Primrose e Linda Guilala, e ás novísimas formacións Visceral Eyes e Xoves. Anunciamos a Romaría Pop, da asociación Desconcerto, e o concerto presentación do mesmo na Zona C de Santiago de Compostela escoitando a unha das bandas impliccadas: La Dance. E completamos con Nadadora, banda xa desaparecida, e de fora de Galiza temos Beach House, Slowdive, Sensible Soccers e Silvania. Unha selección pre e post rafaelita de onírica beleza.

Nadadora | Beleza efímera

Nadadora | Canto de cisne

Listaxe 21/05/2014

01 Cocteau Twins – Treasure – Pandora (4AD, 1984)
02 Primrose – Serial Love – Not What You Thought
03 Cocteau Twins – Treasure – Ivo (4AD, 1984)
04 This Mortal Coil – Sixteen Days/Gathering Dust EP- Song to the Siren (4AD, 1983)
05 Visceral Eyes – Nebula – Empty
06 Slowdive – Hide Yer Eyes (no oficial) – Sleep (cover de Eternal) (Alti Philosophi, 2011)
07 Beach House – Teen Dream – Take Care (SubPop, 2010)
08 alDDao- alDDao EP- Crazy love show (rawmatroid, 2009)
09 La Dance – Cicloesférico – Plan B
10 Nadadora – Nadadora, Luz, oscuridad, luz – Siempre (Ernie Producciónes, 2010)
11 Linda Guilala – Xeristar – Lo Siento Mucho (Elefant Records, 2014)
12 Xoves – Getting Back
13 Sensible Soccers – Sensible Soccers EP – Fernanda (AMDISCS:Futures Reserve Label, 2011)
14 Silvania – Avalovara – En líneas sin fin (Elefant, 1995)

Silvania | En líneas sin fin

Silvania | En líneas sin fin

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 35

Noise Project, ruido en Valga

Noise Project, ruído en Valga

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-35_md_3196261_1.mp3″ Ou descarregalo

Valga, concello da provincia de Pontevedra, é o protagonista deste programa emitido na Cuac FM. Moito do mellor ruído que escoitamos nos últimos anos ven desa localidade.
De alí son Noise Project, banda de ruído e melodía guitarreira á que recordamos por ternos deixado marabillados no seu momento.
Trala súa separación os seus membros repartíronse entre dúas interesantes formacións e proxectos.
Músculo! é unha delas e xa temos escoitado neste programa o seu baile electrorockista con temas coma o que soa do seu ‘Selección Natural’.

Cazador,  nos bosques de Valga

Cazador, nos bosques de Valga


Cazador é a outra e estrean tres temas en cartucho USB, presentado nun paquetiño selado. Ademais escoitamos a Álvaro Blanco, ex-Noise Project e parte de Músculo!,
que presenta un proxecto en solitario baixo o nome de Incurable.
Engadimos uns temas de Screaming Trees, Neu!, os portugueses Paus e algún máis sacado da maleta dos lemures para facer contraste.
Linda Guilala teñen novo disco chamado ‘Xeristar’ publicado con Elefant e pinchamos un tema do mesmo.
Recordamos tamén ás Franc3s, que se disolveron o ano pasado, recuperando as súas primeiras maquetas. María, Patuki e Alberto déixannos o seu ruído zumbando entre as orellas.

Franc3s, o ruído que nos deixou.

Franc3s, o ruído que nos deixou.

Listaxe 09/04/2014

01 Noise Project – Asuntos que se resolven co tempo – Que se pare o mundo cando me dea o sol (2010)
02 Cazador – Cazador Ep – Sand Grave
03 Screaming Trees – Sweet Oblivion – Troubled Times (1992)
04 Cazador – Cazador Ep – Mitsmoka
05 Paus – Paus – Deixa-me Ser (2011)
06 Músculo! – Selección natural – Žydrunas (2013)
07 Neu! – Neu! 2 – Super (1972)
08 Incurable – Incurable – Taurus
09 Noise Project – Galician Bizarre – Sempre se reirá (2010)
10 Linda Guilala – Xeristar – Chicas Guapas (Que Van A Trabajar En Moto)
11 Slowdive – Souvlaki – When the Sun Hits (1993)
12 Décima Víctima – Décima Víctima – Detrás De La Mirada (1982)
13 Franc3s – Franc3s Ep – Al son obsesivo de los tamboriles estáticos de la demolición (2008)
14 Franc3s – Franc3s – ¿Como haremos para desaparecer? (2011)

Etiquetado , , , , , , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography