Arquivo por etiquetas: Mercedes Peón

Fantasma Accidental 4×03

John e Alan Lomax, pai e fillo rexistrando o mundo en sons.

John e Alan Lomax, pai e fillo rexistrando o mundo en sons.

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x03_md_9305764_wp_1.mp3″

|Descarga|

A música tribal e as gravacións de campo para perpetuar a cultura musical é o contido deste episodio no que podemos escoitar sons e voces de África e de occidente. Centrámonos en Alan Lomax, etnomusicólogo estadounidense, considerado como un dos máis grandes compiladores de cancións populares do século XX, do que celébrase o seu centenario este ano. A través das súas gravacións descubrimos a Galiza de principios dos 50 en localidades afastadas como O Hío e Corcubión. Servímonos dun artigo de Marga Tojo para o número 16 da revista Luzes para falar do paso deste fornido texano, que xunto a súa axudante inglesa Jeanette Bell, quixo coñecer as músicas e voces galegas durante o cru inverno de 1952.

Mercedes Peón, foto Ovidio Aldegunde

Mercedes Peón, foto Ovidio Aldegunde

Os lemures aportan música tribal do seu Madagascar natal; un cachiño de Cabo Verde canta na voz de 24 mulleres en Burela con Batuko Tabanka; un tolo sueco chamado Peder Mannerfelt sintetiza músicas do Congo Belga dos anos 30; o tribalismo que recupera a tradición non-folk de Caxade e a innovación da etnomusicóloga Mercedes Peón dende banda galega. Coa escuridade emanando vudú haitiano de Cut Hands quedamos sen tempo, nin para despedirnos da nosa audiencia. Quixemos rematar con IGMIG pero o tempo pasou por riba noso, sabemos como empezamos pero non como rematamos.

Peder Mannerfelt, tribalismo congolés

Peder Mannerfelt, tribalismo colonial congolés

Listaxe 04/11/2015

01 Tombo Daniel and family – Madagascar: Land of The Betsimisaraka,recording by Alanin Desjacques – Ravoranga [Zanakorovagna] (UNESCO, 1996)
02 Walter Jackson (Tangle Eye), Willy Lacey (Hard Hat), Benny Will Richardson(22) – The Alan Lomax Collection: Prison Songs, Vol. 1 – Early in the mornin´ (Parchman Prision, Mississippi, EE.UU 11-12-1947)
03 Inacio Barrero, Emilio Barrio, Isaac Blanco, Pepe Blanco, Camilio Santiago, Emilio Veldrón – The Alan Lomax Collection: The Spanish Recordings, Galicia – A miña burra (Paredes, Leiro 11-1952)
04 Anónimo – The Alan Lomax Collection: The Spanish Recordings, Galicia – A raiz do toxo verde (O Hío, Cangas do Morrazo 11-1952)
05 Anónimo – The Alan Lomax Collection: The Spanish Recordings, Galicia – Asubíasme de lonxe (O Hío, Cangas do Morrazo 11-1952)
06 Juana Lema Sánchez, María Sánchez, Manuela Lema Santos, Maruxa Lema Santos, María Lorenzo Vigo – The Alan Lomax Collection: The Spanish Recordings, Galicia – Carballeiriña oscura (Corcubión 11-1952)
07 Juana Lema Sánchez, María Sánchez, Manuela Lema Santos, Maruxa Lema Santos, María Lorenzo Vigo – The Alan Lomax Collection: The Spanish Recordings, Galicia – Eiche de dar por un manto (Corcubión 11-1952)
08 Tombo Daniel and family – Madagascar: Land of The Betsimisaraka,recording by Alanin Desjacques – Satsoka mangaragna (UNESCO, 1996)
09 Batuko Tabanka – Djunto Mô – Brinca kumí (PAI Musica, 2009)
10 Caxade – Monstros da Máquina vol. I – Botín (Discos da Máquina, 2014)
11 Caxade – Sr. Xorda – A Dança dos Moscas (Discos da Máquina, 2013)
12 Mercedes Peón – SÓS – Babel (Fol Música, 2010)
13 Mercedes Peón – Ajrú – Ajrú (Primeira Parte) (DISCMEDI, 2003)
14 Peder Mannerfelt – The Swedish Congo Record – Flagellation (Archives Intérieures, 2015)
15 Peder Mannerfelt – The Swedish Congo Record – Kokonyangeґs Dance (Archives Intérieures, 2015)
16 Peder Mannerfelt – The Swedish Congo Record – Omande (Archives Intérieures, 2015)
17 Cut Hands – Damballah 58′ (12″ Sgl) (Blackest Ever Black, 2013)

Etiquetado , , , , , , ,

Fantasma Accidental 31

Richard D James

Richard D James | Ambiente selecto

Participamos do aniversario da publicación do ‘Selected Ambient Works Volume II’, do ano 1994, segundo álbum de Richard D. James como Aphex Twin. Un dos cumios musicais do ambient editado polo selo Warp. A música de ambiente, termo acuñado por Brian Eno, lévanos a un certo orixe que Erik Satie chamaba “música de mobiliario” nunha carta a Jean Cocteau datada o 1 de marzo de 1920.

“A música de mobiliario é basicamente industrial. O costume, o uso, é facer música en ocasións en que a música non ten nada que facer… Queremos establecer unha música que satisfaga as “necesidades útiles”. A arte non entra nestas necesidades. A música de mobiliario crea unha vibración; non ten outro obxecto; desempeña o mesmo papel que a luz, a calor e o confort en todas as súas formas… Esixan música de mobiliario. Nin reunións, nin asembleas, etc. sen música de mobiliario… Non se case sen música de mobiliario. Non entre nunha casa na que non haxa música de mobiliario. Quen non oíu a música de mobiliario descoñece a felicidade. Non se durma sen escoitar un fragmento de música de mobiliario ou durmirá vostede mal.”

Engadimos electrónica musical e ambientes selectos galegos con Dræn, GAS NOBLE, Noel Lou e Anda-lh’à Lus.
Despedimos o programa coa estrea do ‘Blank Project’ de Neneh Cherry e facemos un manifesto anti-patriarcado con Mercedes Peón.

Pódelo escoitar aquí:
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-31_md_3103687_1.mp3″ Ou descargalo

Listaxe 12/03/2014

01 Aphex Twin – Selected Ambient Works Volume II – Rhubarb (1994)
02 Erik Satie – Petite ouverture à danser (interpretado por Reinbert de Leeuw)(1897)
03 Dræn – Los tres estanques – OST (Project Moscow) – Parte II – Tres estanques (Monte Hermón) (2013)
04 Aphex Twin – Selected Ambient Works Volume II – Shiny Metal Rods (1994)
05 GAS NOBLE – Rn-5f146d107s2 – Polyphonic Argall (2010)
06 Fennesz – AUN – Euclides (2012)
07 Noel Lou – Just Feel It
08 Brian Eno – Apollo: Atmospheres and Soundtracks – An Ending (Ascent) (1983)
09 Anda-lh’à Lus – O lounge da barata (Single version)
10 Neneh Cherry – Blank Project – Blank Project (2014)
11 Neneh Cherry – Raw Like Sushi – Manchild (1989)
12 Mercedes Peón – Ajrú – Ajrú (segunda parte) (2003)
13 Mercedes Peón – SOS – Derorán (2010)

Neneh Cherry 1989

Neneh Cherry | Pasado e presente

Etiquetado , , , , , , , , , , , ,

MERCEDES PEÓN, Sihá

“A algunhas tocounos ser feministas para que outros non o sexan” (M.Peón)

Unha rapaza de 13 anos descobre os sons que proveñen da sua terra, ao escoitar cantar a unhas mulleres na costa da morte, e resultanlle tan exóticos coma os de Arxelia ou Marrocos. Obsesionase por coñecer máis e, grabadora en man, percorre os pobos e as aldeas.
Mercedes Peón (A Coruña 1967) representa a inquedanza por coñecer as orixes das músicas que perviven(sobreviven) no eido rural, rescatalas da fagotización das urbes.
Este coñecemento adquirido levaá a cantar con diversas bandas e a colaborar no primeiro disco de Xose Manuel Budiño, cos Diplomáticos de Montealto e mesmo Mano Negra.
Vinte anos despois publica o seu primeiro traballo Isué (Resistencia,2000), sorprendente compendio de folclore galego actualizado. Polo camiño convertese en colaboradora do programa da TVG (Televisión de Galicia) “Luar” no que apresenta a sua recolleita. Este para moitos foi o primeiro contacto con esta muller amosadora da natureza tribal do floclore galaico.

Ajrú(DiscMedi, 2003), o sua segunda grabación é un disco que rompe esquemas preconcebidos sobre o acomodaticio folk galaico de consumo interior; que devolvelle sentido a experimentación partindo da raiz mesma do son; que inxecta nova savia no vello tronco.

Con estes antecedentes, a escoita do último traballo xa non sorprende, impacta i emociona.
Sihá (DiscMedi, 2007), e outro diccionario de verbas estrañamente familiares no idioma de Mercedes Peón.
Mediante un meticuloso proceso de sampleo e secuenciación Mercedes consegue facer unha exibición do que debe ser a música como arte para ser escoitado,
Unhas pandeiretas que chisporretean electricidade, unhas gaitas provintes do espacio esterior, unhas percusións feitas con sachos, e uns baixos que retumban coma as ondas nos ollos de mar da costa da morte, a voz do matriarcado soando en loop hipnótico.
Todo elo perfectamente integrado e reinterpretado polos músicos que a acompañan no directo
Escoitar a sua interpretación de “Aiché” co seu drumkit , desde o que vai soltando os samples; vela en pe coa pandeireta frente a sua audiencia, forte, inmensa, é unha das máis impresionantes sensacios que unha artista pode ofrecer neste pais.
Chegou Mercedes Peón e nada sera coma antes na terra dos comedores de patacas; o patriarcado que gosta das gaiteiras xeitosiñas pode sentirse incomodo ante unha muller que berra con forza que non e mercadoria.

Etiquetado , , , , ,
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography