Arquivo por etiquetas: lo-fi pop

FA5x01: Atrás Tigre, C86 e a movida viguesa de Bar

Atrás Tigre: Xiana Arias, Olalla Cociña, Pedro Solla e Xis Ele Carlín.

Atrás Tigre: Xiana Arias, Olalla Cociña, Xis Ele Carlín e Pedro Solla.

[descarga]

Nada que celebrar no día que voltamos ás ondas na Cuac FM. A nosa 5ª tempada dá comezo nun día ” rojigualdo ” no que traballamos para traer máis música, lemures, fantasmas e outros accidentes. A nova formación Atrás Tigre, que edita EP con Triunvirato, que ao día seguinte deste programa tocarán cos londinienses Flowers en Santiago nun concerto organizado por Desconcierto Cultural, fainos mirar cara o 1986 e a mitificada casete C86 editada pola revista NME. Escoitamos a unha boa representación de bandas dun Reino Unido nada macarra. Detémonos con The Wedding Present que visitarán Vigo o 30 de outubro. Seguimos con máis movidas viguesas, pero en 1982, recordando a Bar, unha efémera formación cun só disco.

The Wedding Present

The Wedding Present

Na nosa sección Lemuria temos de invitado a Tarci Ávila, ex The Blows e agora con Presumido, que nos conta unha intrigante historia sobre voces clonadas nun falso directo e fala dunha canción de Nine Inch Nails que lle puxo os pelos de punta na primeira escoita. Rematamos, sen tempo para máis, con Caxade e o seu último disco para Discos da Máquina “E isto é o amor” que presentan en directo n´A Coruña dentro do ciclo Retroalimentación.

Tarci Ávila e Nacho Dafonte son Presumido

Tarci Ávila e Nacho Dafonte son Presumido

Listaxe

01 Atrás Tigre – Atrás Tigre EP – Final (Triunvirato, 2016)
02 Atrás Tigre – Atrás Tigre EP – Bengala (Triunvirato, 2016)
03 Flowers – Flowers EP – Watch and Wonder (Cloudberry, 2013)
04 The Pastels – C86 – Breaking Lines (NME, Rough Trade, 1986)
05 Primal Scream – C86 – Velocity Girl (NME, Rough Trade, 1986)
06 McCarthy – C86 – Celestial City (NME, Rough Trade, 1986)
07 We’ve Got a Fuzzbox and We’re Gonna Use It – C86 – Console Me (NME, Rough Trade, 1986)
08 Talulah Gosh – Steaming Train – Just a Dream (53rd&3rd, 1986)
09 The Wedding Present – C86 – This Boy Can Wait (NME, Rough Trade, 1986)
10 The Wedding Present – George Best – Getting Better (fet. Amelia Fletcher, Beatles cover) (Reception Records, 1987)
11 The Wedding Present – Going, Going… – Fifty Six (Scopitones, 2016)
12 Bar – Bar – Tu turno (Citola, 1982)
13 Bar – Bar – Cada esquina, cada sombra (Citola, 1982)
14 Bar – Bar – No queda gente afuera (Citola, 1982)
15 Presumido – Vendetta – Necrotú y yo (2016)
16 Nine Inch Nails – With Teeth – All The Love In The World (Nothing Records, 2005)
17 Caxade – E isto é o amor – Independence Day (Discos da máquina, 2016)
18 Caxade – E isto é o amor – Homen bala (Discos da máquina, 2016)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , ,
LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

MONICA MURA | Italian Multimedia Artist & Designer

Monica Mura, Artista Multimedia y Diseñadora Gráfica especializada en nuevos lenguajes, formas y técnicas de expresión y comunicación para nuevos tiempos.

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography