Arquivo por etiquetas: Galiza

Fantasma Accidental 4×08

Continuación do programa #EspecialNadal no que lle pedimos a varias persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran no pasado 2015.

|Descarga|

Sergio de Carrero Bianco escolle a canción que fora a nosa sintonía na primeira tempada na Cuac FM, “Radio”. Recomenda aos británicos Chemical Brothers co seu hit “Go” que resoou neste 2015 en todas partes.

Alonso Caxade mándanos unhas verbas dende Ames nas que presenta “A dança dos moscas” do seu disco homónimo como favorita e suxire a The Lost Omelette-makers, alter ego de Daniel Santos e produto tamén da factoría Discos da Máquina, coa canción nadaleña “Noitevella do Xuízo Final” como o mellor que lle puido pasar a música o ano finado.

Cibrán de Monstruo escolle a súa música con unha gravación en directo e directa: “Maskenfreiheit” coas dúbidas sobre o seu papel na música e na vida dun varón, xove, discretamente radical. A canción allea escollida é “Estação” do único, xenial e desbordante músico de Quins, Melón Emilio José do seu recente triplo CD.

Anxela de Bala traenos un tema do seu disco debut con Matapadre, “Tripas + Chained”, onde o dúo lle da moita caña a guitarra e batería, poderosas baquetas de Violeta, deixando os tímpanos tremendo. A súa seguinte elección tamén e de moitos decibelios: Cuchillo de Fuego con “Forforcio”.

O ubicuo Abel Dobarro de Estrambote elixe “Caligrama” do seu EP para Discos de Kirlian publicado o pasado ano. E lévanos a África para recuperar a moi bailonga canción de Ata Kak “Obaa sima” que foi rescatada polo etnomusicologo Brian Shimkovitz en Ghana no 2005.

A cavernosa voz de Coco de Mano de Obra fálanos neste programa para  indicar que lle gusta o son cutre de “El romance del prisionero”, xa do 2011, o cal lle causa gran satisfacción. A continuación viaxa tamén a África para descubrirnos a Gasper Nali de Malawi e o seu babatoni (un baixo dunha soa corda).

Nelo é Pálida, un proxecto de música electrónica unipersoal dentro da Metamovida, das súas gravacións escolle “Deepest” e propón un tema de Rawtekk e outro de Four Tet. Escollemos a este último para despedir programa extendendoo máis alá dos confíns radiofónicos.

 

 

01 Carrero Bianco – Blister – Radio (CB, 2012)

02 Chemical Brothers – Born in the Echoes – Go (Virgin, 2015)

03 Caxade – A dança dos moscas – A dança dos moscas (Discos da Máquina, 2013)

04 The Lost Omelette-makers – The Lost Omelette-makers deséxavos partir as Christmas – Noitevella do Xuizo Final  (Discos da Máquina, 2013)

05 Monstruo – Monstruo #7 – Maskenfreiheit (Discos Porno, 2015)

06 Emilio José – Agricultura Livre – Estação (Foehn, 2015)

07 Bala – Human Flesh – Tripas-Chained (Matapadre, 2015)

08 Cuchillo de Fuego – Triple España – Forforcio (Amawisca, 2014)

09 Estrambote – Ep – Caligrama (Discos de Kirlian, 2015)

10 Ata Kak – Obaa Sima – Obaa Sima (1994)

11 Mano de Obra – Imperio Cobra – El romance del prisionero (MdO, 2011)

12 Gasper Nali – Abale Ndikuwuzeni – Abale Ndikuwuzeni (Spare Dog Records, 2015)

13 Pálida – Days Static – Deepest (Pálida, 2015)

14 Four Tet – Think and Change – For These Times (Nonplus, 2013)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements
Etiquetado , , ,

Fantasma Accidental 4×07

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x07_md_9945877_wp_1.mp3″ |Descarga|

Derradeiro programa do ano cun Especial Nadal no que lle pedimos a oito persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran este 2015.

Roberto Casteleiro, alias de Korokati, Koroiev e Flesfa Dublé, recupera un tema de Fagot y Popota, o seu dúo con Diego Lamas, na gravación para o Record Store Day de Desconcierto Cultural. A canción elexida por Roberto como representativa do que máis lle gustou este ano é de Hidrogenesse, os barceloneses Carlos Ballesteros e Genís Segarra, do seu disco “Roma”.

Alberto M. Vecino de Chicharrón, antes en Franc3s, escolle unha canción do disco debut da banda de Carballo e O Grobe,  a súa canción do 2015 está na emoción pura da música de Christina Rosenvinge no seu disco “Lo nuestro”.

Coque Dosil dos Puma Pumku presenta “A Window in Time” un tema da súa banda que lle trae moi bos recordos. O canción do 2015 que quere que coñezamos é dos Jay, banda ruidosa de Vigo que sacaron este ano “Los colegas no te olvidan”.

Óscar Vilariño de Musel e A Veces Ciclón escolle a súa música neste ‪‎Especial Nadal con un tema do disco “Rabuña” dos Musel que foi editado polo selo Acuarela. Gente Joven, leoneses integrantes tamén do mesmo selo, co seu “Garcilaso” é a súa eleccción dentro do que máis lle gustou deste ano.

Luismi de Lobishome, Travesti Afgano e Selvática cóntanos que o disco con Travesti Afgano é a gravación que máis lle mola e pinchamos “Defensa Mental” do Jefes de julais. Non vai moi lonxe para indicar que participa do tema que máis lle gusta deste ano: “Ella es especial” de Selvática.

Rafa Anido, de mil bandas (Travesti Afgano e Metralletas Lecheras entre elas), escolle un tema instrumental de Jimenez Los Santos co que recorda que cambiou o baixo pola guitarra. Queda en Galiza para dicir que “Las Vacaciones” de Diadermín é a súa favorita neste ano que acaba.

Bea Argüelles da formación coruñesa Lady Leño escolle un tema do seu primeiro álbum que lle fai sentir poderosa cando o toca en directo. Gústalle moito “Vigorexia Emocional” do asturiano Pablo Und Destruktion e así o recomenda.

Zippo de Sra Sr Sra e Triángulo de Amor Bizarro escolle en último lugar a súa música neste ‪‎Especial Nadal‬ cun trallazo dos Sra Sr Sra e sorprende cunha elección musical que nos leva ao ano 1950: Amos Milburn, co seu “Bad Bad Whiskey”. A ritmo de rhythm and blues despedímonos ata o próximo ano.

Etiquetado , ,

Fantasma Accidental 29

Celebramos o cumpreanos de Johnny Cash, que tería 82 anos se estivera no mundo dos vivos, escoitando o súa voz. Este é un programa moi clásico de country e rock. Dámonos o gustazo de concibir un programa de nostálxicas cancións e sabor da América do Norte. Dende A Coruña temos a All Night Workers, que son uns revivalistas do rock and roll máis clásico e unha superbanda que grava en analóxico, o segundo álbum ‘Do It Again, Please’ saíu con Grabaciones de Impacto no 2012 conseguindo un son xenuíno. Outros que interiorizan e fan seu sons do outro lado do atlántico son os membros de WolRus co seu magnífico ‘Chasin’ the Light’. Graham Summer súmase a selección de músicos galegos xunto con Niño y Pistola. Neil Young e Flying Burrito Brothers soan como parte da colleita máis clásica e anella. Tom Waits soara tamén para darlle ambiente de bar a este programa lemuriforme. O disco que nos gustaría que escoitaras hoxe é o do coruñés Luís Moro que ven de editar ‘Cielo color Burdeos’.

Johnny Cash

Johnny Cash

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-29_md_3069486_1.mp3″ Ou descargalo

Listaxe 26/02/2014

01 Johnny Cash – With His Hot and Blue Guitar – Folsom Prison Blues (1955)
02 The Allnight Workers – Do It Again, Please – Sunny home of love (2012)
03 Johnny Cash – American III: Solitary Man – Solitary Man (2000)
04 WolRuS – Chasin’ the Light – My love is gonna last (2012)
05 Graham Summer – Sparrows in autumn days (2007)
06 The Flying Burrito Brothers – The Gilded Palace of Sin – Hot Burrito #1 (1969)
07 Cass McCombs – Big Wheel And Others – Big Wheel (2013)
08 Niño y Pistola – There’s A Man With A Gun Over There – Indian Song (Everything´s Burned) (2013)
09 Neil Young – Harvest – Harvest (1972)
10 Chris Masuak & Los Eternos – Another lost weekend (2013)
11 Luís Moro – Cielo color burdeos – Cielo color burdeos
12 Tom Waits – The Heart Of Saturday Night – New Coat Of Paint (1974)
13 Joe Henry – Civilians – Civil War (2007)
14 Luís Moro – Cielo color burdeos – Santa María

Luís Moro

Luís Moro

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 11

As guitarras con reverb dominan este programa con surf sen sol mentres os tornados azotan a costa atlántica. Baixo este oleaxe embravecido as instro bands sucédense rapidamente, “sin solución de continuidad” como diría Juan de Pablos. Dende bandas de principios dos 60 californianas ata actuais galegas como The Kanaloas e Leroy & Los Masoquistas. Escoitamos clásicos como Link Wray e Dick Dale e potentes bandas hispanas como os madrileños Los Coronas e os mexicanos Lost Acapulco. Damos cabida tamén a banda asturiana Kings of Makaha, editada polo selo coruñés Freeky Dicky Records, proximamente de xira polas nosas terras. E presentamos en exclusiva o disco de Travestí Afgano, editado por Seara Records, o novo proxecto do incombustible Rafa Anido xunto a Marcos e Luismi de Lobishome. No control técnico estivo Sisco Lariño.

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-11_md_1859377_1.mp3″ Ou descargalo

travestí afgano

travestí afgano

Listaxe (10/03/2013)
01 The Tornados – Telstar (1962)
02 Manuel and The Renegades – Rev-Up (1963)
03 John Barry Seven – Iron Horse (1961)
04 Link Wray & the Raymen – Fat Back (Ace of Spades) (1965)
05 The Kanaloas – Play Quasimoto Stomp! & Other Tunes – Quasimoto Stomp (2009)
06 Dick Dale and His Deltones – Night Rider (1963)
07 Los Straitjackets – Jet Set – Crime Scene (2012)
08 Lost Acapulco – 4 – A huevo! (1998)
09 Los Kanibales Surf Combo – Camino a Infiernillo – Forastero en el pueblo (2006)
10 Los Coronas – El baile final… – Sangre en la arena (2009)
11 Leroy & Los Masoquistas – Songs – WWII (2011)
12 Los Tiki Phantoms – …y el Ejército de Las Calaveras – Siberia (2009)
13 The Shadows – Apache (1960)
14 Ben Vaughn – Blows Your Mind – El Rambler Dorado (1988)
15 The Bambi Molesters – Sonic Bullets: 13 from the Hip – Farewell Malasaña (2001)
16 Kings of Makaha – The Kings of Makaha – Hold It (2011)
17 The Trashmen – Surfin´ Bird, Bird is the Word (1963)
18 Los Saicos – Demolición (1965)
19 Travestí Afgano – Yo se la chupé a Mark E. Smith – Ciclado
20 Travestí Afgano – Yo se la chupé a Mark E. Smith – Risa Floja

Etiquetado , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 10

Damos unha patada de rebeldía dende o Detroit do ano 1968 “And right now it’s time to… KICK OUT THE JAMS, MOTHERFUCKERS!” gritaron MC5. Emitimos un programa sobre rock de garaxe, sobre influenciadores e influenciados. Viaxamos ao Lugo de finais dos 80 para escoitar a Los Contentos. Pasamos pola Coruña cos Mandrágoras e voltamos ao presente con  The Phantom Keys,  maqueteros coma Demonhigh e uns garaxeiros novo cuño chamados Los Thyssen. Clásicos de onte e de agora e sempre como o adianto de Niño y Pistola que saca Ernie Records. Escoitamos parte do esperado álbum de Lendrone “Uno” que sae a luz publicado por Matapadre. E rematamos cun recordo ao defunto Kevin Ayers e Soft Machine.
Neste programa contamos coa inestimable participación no control técnico de Sisco Lariño.  Grazas mil!

Pódelo escoitar aquí
http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-10_md_1818819_1.mp3″ Ou descargalo

Los Contentos

Los Contentos

Listaxe (24/02/2013)

01 MC5 – Kick Out the Jams – Intro 2 Kick Out The Jams
02 Los Contentos – 2 – Ramblin’ Rose
03 Los Contentos – 2 – El secreto de mamá
04 The Seeds – The Seeds – Pushin Too Hard
05 Mandragoras – Entiérralo vivo – Freaky (There´s a Phantom In My Mirror)
06 The Phantom Keys – The real sounds of​.​.​. – Evil eye
07The Stooges – The Stooges – Real Cool Time
08 Indómitos – Indómitos – El Rapto
09 Demonhigh – Demo – Ya no es tiempo de dios
10 Los Thyssen – Los Thyssen EP – Ciervo acechando en el Beach club abandonado
11 The Electric Prunes – The Electric Prunes – I Had Too Much To Dream (Last Night)
12 Niño y Pistola – By the Grace of God
13 Lendrone – UNO – La Mécanique Moderne
14 Lendrone – UNO – Misa en Detroit
15 Soft Machine – The Soft Machine – Why Are We Sleeping
16 Soft Machine – Soft Space (Single)

Etiquetado , , , , , , , , , , , , ,

Volta O Fantasma Accidental

O programa de radio para a radiONeria volta cun novo formato esta primaveira centrándose exclusivamente na música independente feita en Galiza. Soaran as bandas emerxentes de calquera xénero musical e darase conta da actualidade discográfica e dos concertos e festivais que acontezan na nosa xeografía.

A efervescente escea independente galega ten calidade e cantidade e é por iso que OFA será un programa de radio onde se fale e se escoite as bandas, solistas e ruidistas da terra.

Na pestaña Podcasts están colgados os programas.

 

Etiquetado , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography