Arquivo por etiquetas: Acuarela

Fantasma Accidental 47

Apenino, paseos polo pop

Apenino, paseos polo pop

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-47_md_4016303_wp_1.mp3″

Descarga

“Conversa Ultramarina é a canción que abre o disco (o primeiro single) e está inspirada no libro de Lois Pereiro de mesmo título, no que o poeta galego mantén unha relación epistolar coa que fora a súa noiva, Pilar, cando ela se vai a San Francisco e el vive os seus últimos días. Encántame a obra de Lois e ésta, aínda que non é a súa obra máis coñecida nin considerada, resúltame estremecedora. Un historia de amor/desamor brutal, plasmada nuns textos conmovedores. A canción compúxena, dende o inicio, buscando unha homenaxe ao autor” Marco Maril.

Presentamos “Conversa Ultramarina” como adianto da ‘Viravolta’ de Apenino. Unha canción que está inspirada no libro do mesmo título de Lois Pereiro. Repasamos a discografía deste músico de nome non artístico Marco Maril, compostelán afincado en Vigo, e as súas conexións no pasado. Con Dar Ful Ful, en unión de Xabi Font, crearon un pop lánguido comparado moitas veces con Family, é por iso que escollemos a canción na que participa Iranztu Valencia.
Deixa ver o seu gusto polas gravacións de campo nas colaboracións con Rafael Romero, tamén coñecido como Árbore e Raro. A súa discografía está ligada ao selo barcelonés Jabalina, así como aos estudios Abrigueiro, en Friol (Lugo), de Arturo Vaquero “Humanoid”.
A participación deste músico de pop estelar xunto a Mónica Vacas serve de nexo para que na segunda parte falemos do dúo asturiano Mus.
“Lusquefús” é unha canción utilizada para musicar un corto que Alexandre Cancelo filmou para Proxecto Nimbos, unha serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2014. En ‘Postal illa’ sonoriza a Illa de San Simón (convertida no lugar onde se celebra o festival co cartel máis misterioso do mundo grazas a Sinsalaudio). É a canción oficial do Festival Sinsal 2014, publicada físicamente como postal sonora e construída a partir de sons recollidos na propia illa da ría de Vigo.
Engadimos un extra, o regalo que nos fan os desaparecidos Noise Project coa canción homenaxe a Lois Pereiro “A través do colchón”

Mus, los dies, les coses

Mus, los dies, les coses

Listaxe 29/10/2014

01 Apenino – Viravolta – Conversa ultramarina (acústica) (Jabalina, 2014)
02 Apenino – Viravolta – Conversa ultramarina (Jabalina, 2014)
03 Noise Project – A través do colchón (inédito)
04 Apenino – Un rayo de sol – Días de septiembre (Jabalina, 2007)
05 Apenino – DEDICATESSEN vol. 7 – Cerca de las estrellas (Jabalina, 2013)
06 Dar Ful Ful – El Artista Adolescente – En soledad (con Iranztu Valencia) (Jabalina, 2001)
07 apenino & árbore – animals are not things! – peludiño (2012)
08 Árbore – apenino & raro – #02 (Sinsalaudio, 2005)
09 apenino, mónica vacas & árbore – lusquefús (2014)
10 Apenino – Postal illa (Apenino & Mónica Vacas) (Sinsalaudio, 2014)
12 Mus – El Naval – Al debalu (Acuarela, 2002)
13 Mus – Fai – Los díes,les coses (Acuarela, 1999)
14 Fran Gayo – Las próximas cosechas – Economía de guerra (Acuarela, 2009)
15 Mus – La Vida – Cantares de Ciegu (Green Ufos, 2007)

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 36

A Veces Ciclón | Diseño Clara Iris

A Veces Ciclón | Deseño de Clara Iris

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-36_md_3242748_1.mp3″ Descarga

A trama Gürtel comeza en Valencia e remata en Galiza, tamén poderíamos dicir que a ruta do bakalao foi un camiño tan espiritual como o é o xacobeo. Con esta escusa argumental facemos unha conexión valenciana. A banda nexo é A Veces Ciclón, a unión do galego Óscar Vilariño (ex- Triángulo de Amor Bizarro, Vale Tudo e tamén en Musel) con Marcos Junquera (Estrategia Lo Capto, La Orquesta del Caballo Ganador, Betunizer) e Xavi Muñoz (ex Litius, e parte da banda de directo de Daniel Johnston, Ora Cogan ou Laetitia Sadier), valencianos ou residentes, a lo menos. O selo Acuarela editou o primeiro disco homónimo de A veces Ciclón no 2013, que xa presentáramos neste programa.
Percorremos un chisco da escena actual alternativa de Valencia, con Jupiter Lion, Negro, Estrategia lo Capto!, Cuello, deBigote, Los Amantes e Alberto Montero. Tamén falamos do TriCiclo de Work On Sunday, xa na súa quinta edición.

Listaxe (07/05/2014)
01 Jupiter Lion – Silver Mouth – Silver Constellation (Bcore, 2013)
02 A Veces Ciclón – A Veces Ciclón – Primavera (Acuarela, 2013)
03 Vale Tudo – Gris – Ser (Pauken, 2009)
04 A Veces Ciclón – A Veces Ciclón – Amén (Acuarela, 2013)
05 Negro – Formación del espíritu nacional – Paz y permanencia (La Castanya, 2013)
06 Alberto Montero – Puerto Príncipe – Puerto Príncipe (BCore, 2013)
07 Alberto Montero – Claroscuro – En la ciudad de la luz (Greyhead Records, 2011)
08 Estrategia lo Capto! – Gran bola de nieve – Massanassa (Burka For Everybody, 2011)
09 Cuello – Mi brazo que te sobre – Mosquetero débil cisne (Mascarpone, 2013)
10 Triángulo de Amor Bizarro – Año Santo – Muchos blancos en todos los mapas (Mushroom Pillow, 2010)
11 The Entrance Band – Face The Sun – No Needs (Beyond Beyond is Beyond, 2013)
12 Los Romeos – Los Romeos – Muérdeme (Hispavox, 1990)
13 Los Amantes – Traiciones – Cien años (Lucinda Records, 2014)
14 deBigote – Estuario – Modular (2014)
15 Carlos Berlanga – La Cajera Sgl – El tiempo gana (Edel, 1997)

Alberto Montero | Trovador pop

Alberto Montero | Trovador pop

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography