Unha fermosa miniatura nun estado de calma profunda. Amor e soidade que non está soa. Chicharrón poetiza música dándolle son á escrita de Antía Otero.
“Na cela”, poema incluido en O cuarto das abellas (Xerais, 2016), é o sono pop dun verán esvaecéndose no seu último solpor.
Mar Catarina ponlle imaxes a unha inquedanza que só se axita na superficie.
Comezamos sacudidos polo adveñimento do mal, na apocalipse dos U.S.A., con Abstract Artimus poñéndolle sintonía a Donald Trump. William Burroughs ten unhas palabras que compartir con nós. Pacificamos con El Meister, cantor dos débiles coas verbas de Chicho Sánchez Ferlosio. Abrimos o garaxe da Cuac FM para escoitar a Thee Boas, Los Thyseen, Psychotic Acid Freek, Los Saicos e Pleasure Seekers facendo unha das nosas viaxes de ida e volta. Disco Las Palmeras! teñen novo single e andan de xira. Os lemures escollen da maleta dos discos o “In Bitter Pink” de Los Bichos, con Josetxo Ezponda na memoria celebramos os 25 anos dese tesouro vinílico.
Thee Boas
Listaxe 9/11/2016
01 Abstract Artimus – Doomsday in the U.S.A. (Subterfuge, 2016)
02 El Meister – Bestiario – Gallo rojo, gallo negro (Subterfuge, 2014)
No programa deste mércores 26 de outubro non imos poñer música de Bob Dylan, non é un bo tipo, tampouco imos celebrar o seu premio Nobel de Literatura. Temos nova sinto para toda a tempada: o remix de “Los Chicos de Chicago” de Músculo! feito por Raúl Santiago e Álvaro Blanco. Presentamos a selo de Ferrol Ferror Records, apadrinado por Fernando F. Rego e Serxio Peck. Escoitamos algunhas das bandas deste selo que quere dar a coñecer “propostas musicais e culturais desde a militancia e a autoxestión apoiando a escena local”.
Marcos Romero e María Costa son Elvis Negro
Na sección Lemuria escoitamos a voz de María Costa, ex Franc3s, batería de Elvis Negro falando dunha experiencia musical inédita e recomendando un tema que lle remove por dentro. Miramos cara o pasado para rescatar a Blood Filloas e falar da traxectoria de Daniel Alonso (Os Amigos dos Músicos) máis coñecido por ser O Neno Elliot. Un inspirado trovador do cotía. Rematamos recomendando o festival Semibreve de Braga, Portugal, na súa edición do 2016 do 28 ao 30 de outubro.
Nada que celebrar no día que voltamos ás ondas na Cuac FM. A nosa 5ª tempada dá comezo nun día ” rojigualdo ” no que traballamos para traer máis música, lemures, fantasmas e outros accidentes. A nova formación Atrás Tigre, que edita EP con Triunvirato, que ao día seguinte deste programa tocarán cos londinienses Flowers en Santiago nun concerto organizado por Desconcierto Cultural, fainos mirar cara o 1986 e a mitificada casete C86 editada pola revista NME. Escoitamos a unha boa representación de bandas dun Reino Unido nada macarra. Detémonos con The Wedding Present que visitarán Vigo o 30 de outubro. Seguimos con máis movidas viguesas, pero en 1982, recordando a Bar, unha efémera formación cun só disco.
The Wedding Present
Na nosa sección Lemuria temos de invitado a Tarci Ávila, ex The Blows e agora con Presumido, que nos conta unha intrigante historia sobre voces clonadas nun falso directo e fala dunha canción de Nine Inch Nails que lle puxo os pelos de punta na primeira escoita. Rematamos, sen tempo para máis, con Caxade e o seu último disco para Discos da Máquina “E isto é o amor” que presentan en directo n´A Coruña dentro do ciclo Retroalimentación.
Tarci Ávila e Nacho Dafonte son Presumido
Listaxe
01 Atrás Tigre – Atrás Tigre EP – Final (Triunvirato, 2016)
02 Atrás Tigre – Atrás Tigre EP – Bengala (Triunvirato, 2016)
03 Flowers – Flowers EP – Watch and Wonder (Cloudberry, 2013)
04 The Pastels – C86 – Breaking Lines (NME, Rough Trade, 1986)
05 Primal Scream – C86 – Velocity Girl (NME, Rough Trade, 1986)
06 McCarthy – C86 – Celestial City (NME, Rough Trade, 1986)
07 We’ve Got a Fuzzbox and We’re Gonna Use It – C86 – Console Me (NME, Rough Trade, 1986)
08 Talulah Gosh – Steaming Train – Just a Dream (53rd&3rd, 1986)
09 The Wedding Present – C86 – This Boy Can Wait (NME, Rough Trade, 1986)
10 The Wedding Present – George Best – Getting Better (fet. Amelia Fletcher, Beatles cover) (Reception Records, 1987)
11 The Wedding Present – Going, Going… – Fifty Six (Scopitones, 2016)
12 Bar – Bar – Tu turno (Citola, 1982)
13 Bar – Bar – Cada esquina, cada sombra (Citola, 1982)
14 Bar – Bar – No queda gente afuera (Citola, 1982)
15 Presumido – Vendetta – Necrotú y yo (2016)
16 Nine Inch Nails – With Teeth – All The Love In The World (Nothing Records, 2005)
17 Caxade – E isto é o amor – Independence Day (Discos da máquina, 2016)
18 Caxade – E isto é o amor – Homen bala (Discos da máquina, 2016)
Episodio no que voltamos a vista atrás 30 anos para enfrentar dous discos publicados en 1986. Desde Nova York o “Licensed to Ill” de Beastie Boys e desde Vigo o “Fai un sol de carallo” de Os Resentidos.
Os Resentidos, Fai un sol de carallo
Beastie Boys, Licensed t
Falamos tamén da dobre estrea de Malandrómeda publicada por Matapadre. O Hevi e O Master do Son presentan, tras cinco anos sen publicar disco, “Cada can que lamba o seu carallo” e “Os corenta e oito nomes do inimigo”. Facemos unha pequena escolma doutras gravacións do Hevi con Fluzo e Non Residentz.
Malandrómeda, de chea con…
Listaxe 24/03/2016
01 Beastie Boys – Licensed to Ill – (You Gotta) Fight for Your Right (to Party!) (Def Jam, 1986)
02 Os Resentidos – Galicia caníbal (fai un sol de carallo)/Canibal Galicia (It Is So Fucking Sunny)/Galicia Kanibal (Kriston Eguzkia Dago) (Gasa, 1986)
03 Beastie Boys – Licensed to Ill – Rhymin & Stealin (Def Jam, 1986)
04 Os Resentidos – Fai un sol de carallo – Pensionismo Ou Barbarie (Gasa, 1986)
05 Beastie Boys – Licensed to Ill – Paul Revere (Def Jam, 1986)
06 Os Resentidos – Fai un sol de carallo –Sector Naval (Gasa, 1986)
07 Beastie Boys – Licensed to Ill – Time to Get Ill (Def Jam, 1986)
08 Os Resentidos – Fai un sol de carallo – Líbido Rock (Gasa, 1986)
Queimamos as nosas caretas tralo último baile ritual nas corredoiras choqueiras do Entroido. Mércores de cinza cun programa dedicado ao Primos Hermanos, festival de irmandamento entre Galiza e Asturias organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, que celebra a súa terceira edición este 2016. A viaxe é de ida e volta entre Compostela e Uviéu neste festival que “xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios ”
O 20 de febreiro será aprimeira cita en Compostela coa xente chegada de Asturias. Neste día o cabareteiro Rodrigo Cuevas, a alemana residente en Asturias Fee Reega xunto con Thee Operators, Autotan e Bobkat’65 actuarán en tres emblemáticos locais da cidade vella: Embora, A Casa das Crechas e o Cachán Clube. Escoitamos a todas estas músicas destacando a Fee Reega e Rodrigo Cuevas.
Cabaré burro
alemaña sobre todo
Pola súa banda cinco grupos galegos viaxarán a Asturias o próximo 5 de marzo na cita de Oviedo. O cartaz conta con diola, banda surxida das cinzas quentes de Unicornibot, e a banda de cantigas e rock de Ourense Os amigos dos músicos, o dúo da vella (e da nova) escola do hip-hop galego Malandrómeda, e o baile electrónico de Músculo! máis a imprevista psicodelia de Lengorón. Actuacións repartidas entre os locais La Lata de Zinc e La Salvaje.
OADM, amigos de Ourense
diola, yeah, jeje, ups
Na nosa sección chamada Lemuria, onde unha persoa vencellada á música feita en Galicia fai unhas recomendacións musicais, temos de invitado a Rubén Domínguez (Pantis e Chicharrón) que rescata a efémera banda Cudevaso e recomenda a Jackson do Pandeiro, músico brasileiro de principios dos anos 50 considerado o Rei do Ritmo.
Rematamos coa triloxía de programas nos que xente de bandas galegas falan e recuperan cancións favoritas do seu repertorio, e recomendan outras de repertorios alleos escoitadas no pasado ano 2015 (ainda que non se publicaran ese ano).
Toño Magariños de diola (antes en Unicornibot) escolle un tema do seu proxecto máis persoal: Marrones Burócratas. Banda na que xeralmente colabora con Rubén Abad e máis músicos invitados e que saca en edicións limitadas os seus discos en Nadal. A música que elixe do que máis lle gustou o pasado ano corresponde a Girl Band, uns irlandeses que lle recordan a impredecibilidade dos Pixies.
Marrones Burócratas, edición limitada
Girl Band, boys band
Manu G. Sanz de Selvática fainos pinchar outra vez a súa banda neste programa. Nesta ocasión bailamos ao ritmo de “Qué más da” do primeiro disco destes galegos afincados en Brasil. E precisamente do pais tropical escolle unha canción da bahiana Gal Costa do ano 1973 aparecida no seu disco Índia producido polo influinte Guilherme Araújo.
Selvática, tropicalismo punk
Gal Costa, chea de gracia.
Raúl Santiago de Músculo! aporta “Los chicos de Chicago” coa que a súa banda adéntrouse no baile electrónico no 2013 dándolle unha identidade ao proxecto dos de Pontevedra. Cóntanos cales foron as súas favoritas do 2015 pero non vai moi lonxe para seleccionar e recomendar a Pálida, o proxecto unipersonal electrónico do vigués José Garnelo, máis coñecido como Nelo.
Músculo!, os rapazes de Chicago
Pálida, éxtase con knobss
Isabel Fdez. Reviriego (Aries) é a primeira invitada na que vai ser a nova sección fixa de gravacións accidentais chamada Lemuria. Extendemos o chamamento incitando a que nos conten algo dende a emoción sobre unha gravación na que teñan participado e recomenden aquela música que teñan na cabeza nese instante. Isabel recorda a súa ex banda Charades e un fin de semana de exaltación da amizade en Brighton. Coa triste nova da morte de David Bowie retrotraese a 1965 cando o músico londinense facíase chamar Davy Jones e tiña un conxunto mod.
Charades, en algún lugar da memoria
Davy Jones, 18 anos
A parte final do programa recorda a David Bowie, que morría o pasado 10 de xaneiro, logo de publicar como testamento Dark Star o 8, día no que cumpría 69 anos. Deixa música e emocións para revivir ad eternum. Entendemos a súa figura musical como unha presenza continua na nosa vida. Tres filmes relacionados co camaleónico Duque Blanco foron impactos emocionais na nosa vida.
Bowie o extraterrestre
Bowie o heroe
Bowie o asesino
Con “The Man Who Sold the World” recordamos The Man Who Fell to Earth dirixida por Nicolas Roeg e protagonizada por Bowie en 1976 na que interpreta a un extraterrestre. Yo, Cristina F.(Christiane F. – Wir Kinder vom Bahnhof Zoo) dirixida por Uli Edel no 1981 foi un impacto na memoria deste lemur. Baseada na hstoria real dunha rapaza de 13 anos adicta á heroina que se prostitue e vive unha historia de amor cun rapaz adicto e chapero na estación Zoo de Berlín. Bowie interprétase a si mesmo, presente coma unha figura salvadora que vai tocar na capital da Alemaña. Na miña mente soaba “Heroes” cando el e ela corren polo metro berlinés, mais foi nunha galería do edificio culminado coa estrela da Mercedes-Benz e cunha versión en inglés e alemán do tema. Rematamos con “I´m Deranged” que soa en Lost Highway (1997) de David Lynch escoitando a voz de Bowie aparecendo e desvanecéndose nunha estrada infinita.
Continuación do programa #EspecialNadal no que lle pedimos a varias persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran no pasado 2015.
Sergio de Carrero Bianco escolle a canción que fora a nosa sintonía na primeira tempada na Cuac FM, “Radio”. Recomenda aos británicos Chemical Brothers co seu hit “Go” que resoou neste 2015 en todas partes.
Carrrero Bianco, na túa radio
Chemical Brothers, imos
AlonsoCaxade mándanos unhas verbas dende Ames nas que presenta “A dança dos moscas” do seu disco homónimo como favorita e suxire a The Lost Omelette-makers, alter ego de Daniel Santos e produto tamén da factoría Discos da Máquina, coa canción nadaleña “Noitevella do Xuízo Final” como o mellor que lle puido pasar a música o ano finado.
Caxade, dança popular
The Lost Omelette-makers, partindo christmas
Cibrán de Monstruo escolle a súa música con unha gravación en directo e directa: “Maskenfreiheit” coas dúbidas sobre o seu papel na música e na vida dun varón, xove, discretamente radical. A canción allea escollida é “Estação” do único, xenial e desbordante músico de Quins, Melón Emilio José do seu recente triplo CD.
Monstruo, varón, xove, discretamente radical
Emilio José, radical livre
Anxela de Bala traenos un tema do seu disco debut con Matapadre, “Tripas + Chained”, onde o dúo lle da moita caña a guitarra e batería, poderosas baquetas de Violeta, deixando os tímpanos tremendo. A súa seguinte elección tamén e de moitos decibelios: Cuchillo de Fuego con “Forforcio”.
Bala, carne humana
Cuchillo de Fuego, Jaime Peñafiel! Qué pase!
O ubicuo Abel Dobarro de Estrambote elixe “Caligrama” do seu EP para Discos de Kirlian publicado o pasado ano. E lévanos a África para recuperar a moi bailonga canción de Ata Kak “Obaa sima” que foi rescatada polo etnomusicologo Brian Shimkovitz en Ghana no 2005.
Estrambote, de voda
Ata Kak, casettes africanas
A cavernosa voz de Coco de Mano de Obra fálanos neste programa para indicar que lle gusta o son cutre de “El romance del prisionero”, xa do 2011, o cal lle causa gran satisfacción. A continuación viaxa tamén a África para descubrirnos a Gasper Nali de Malawi e o seu babatoni (un baixo dunha soa corda).
Mano de Obra, a voz do teu amo (foto Luis Diaz Diaz)
Gasper Nali, un home e unha corda
Nelo é Pálida, un proxecto de música electrónica unipersoal dentro da Metamovida, das súas gravacións escolle “Deepest” e propón un tema de Rawtekk e outro de Four Tet. Escollemos a este último para despedir programa extendendoo máis alá dos confíns radiofónicos.
Derradeiro programa do ano cun Especial Nadal no que lle pedimos a oito persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran este 2015.
Roberto Casteleiro, alias de Korokati, Koroiev e Flesfa Dublé, recupera un tema de Fagot y Popota, o seu dúo con Diego Lamas, na gravación para o Record Store Day de Desconcierto Cultural. A canción elexida por Roberto como representativa do que máis lle gustou este ano é de Hidrogenesse, os barceloneses Carlos Ballesteros e Genís Segarra, do seu disco “Roma”.
Fagot y Popota, imaxinario épico
Hidrogenesse, escoitando a Roma
Alberto M. Vecino de Chicharrón, antes en Franc3s, escolle unha canción do disco debut da banda de Carballo e O Grobe, a súa canción do 2015 está na emoción pura da música de Christina Rosenvinge no seu disco “Lo nuestro”.
Chicharrón, emoción pura
Christina Rosenvinge, amores adultos
Coque Dosil dos Puma Pumku presenta “A Window in Time” un tema da súa banda que lle trae moi bos recordos. O canción do 2015 que quere que coñezamos é dos Jay, banda ruidosa de Vigo que sacaron este ano “Los colegas no te olvidan”.
Puma Pumku, psicodelia pop
Jay, heavy mental
Óscar Vilariño de Musel e A Veces Ciclón escolle a súa música neste Especial Nadal con un tema do disco “Rabuña” dos Musel que foi editado polo selo Acuarela. Gente Joven, leoneses integrantes tamén do mesmo selo, co seu “Garcilaso” é a súa eleccción dentro do que máis lle gustou deste ano.
Musel, galegocore
Gente Joven, slowxente
Luismi de Lobishome, Travesti Afgano e Selvática cóntanos que o disco con Travesti Afgano é a gravación que máis lle mola e pinchamos “Defensa Mental” do Jefes de julais. Non vai moi lonxe para indicar que participa do tema que máis lle gusta deste ano: “Ella es especial” de Selvática.
Travesti Afgano, defensa elemental
Selvática, tropical punk
Rafa Anido, de mil bandas (Travesti Afgano e Metralletas Lecheras entre elas), escolle un tema instrumental de Jimenez Los Santos co que recorda que cambiou o baixo pola guitarra. Queda en Galiza para dicir que “Las Vacaciones” de Diadermín é a súa favorita neste ano que acaba.
Rafa Anido, factotum
Diadermín, cosmética doméstica
Bea Argüelles da formación coruñesa Lady Leño escolle un tema do seu primeiro álbum que lle fai sentir poderosa cando o toca en directo. Gústalle moito “Vigorexia Emocional” do asturiano Pablo Und Destruktion e así o recomenda.
Lady Leño, rock lynchniano
Pablo Und Destruktion, vigoréxico emocionalmente
Zippo de Sra Sr Sra e Triángulo de Amor Bizarro escolle en último lugar a súa música neste Especial Nadal cun trallazo dos Sra Sr Sra e sorprende cunha elección musical que nos leva ao ano 1950: Amos Milburn, co seu “Bad Bad Whiskey”. A ritmo de rhythm and blues despedímonos ata o próximo ano.
Conformamos un programa de electrónica e kraut rock cun ollo na actualidade sen perder o retrovisor do pasado con raíces alemás. Estreamos en exclusiva o adianto do disco de Pantis, proxecto en solitario de Rubén Domínguez (Telephone Rouges, Chicharrón), e que sairá editado por Prenom Lab o próximo ano. Escoitamos o novo de Pálida e unha maqueta do proxecto ambiental e misterioso chamado Torso. Hans-Joachim Roedelius é unha figura musical da vangarda, activo aos seus 81 anos, do que facemos unha breve retrospectiva polas súas bandas Harmonia e Cluster. Contrastamos coa actualidade da electrónica orgánica de Klara Lewis. Tanto a anglo/sueca como Roedelius estiveron na última edición do Semibreve en Braga do que damos fe que non se botou en falla ao ausente Tim Hecker.
Falamos do microfestival organizado por Desconcierto CulturalCortaPega. A música a poñen o galego Korokati; o madrileño/nixeriano John Grvy, que ven acompañado polos lugueses LWLGHT; os, tamén de Lugo, Aloe Perra e Paspi Vicio (Disco Episcopal), xunto con Morales e Fire To Fire, ámbolos dous do selo Menta. Todos eles estarán en Compostela mostrando as últimas tendencias no xénero electrónico estatal.