Arquivo da categoría: Fantasma Accidental

Fantasma Accidental 53

Sub Rosa | Inspirándose en Dietrich

Sub Rosa | Inspirándose en Dietrich

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-53_md_4116502_wp_1.mp3″

|Descarga|

Chegamos ao ano 2015 sorprendidos de que non existan monopatíns voadores e de que a xente nova, e non tan nova, siga a facer ruído a base de guitarrazos, ou calquera instrumento, a pesar de que non exista industria discográfica (tal e como a coñecíamos).
Facemos escolma de bandas que máis que emerxentes son urxentes. Propoñemos un ano máis a unha serie de formacións galegas a seguir ao longo do ano 2015.
Unha lista con diversos xéneros musicais nos máis diversos estilos dentro da música alternativa de Galiza. Concordamos con Desconcierto na aposta por algunhas destas bandas.

Monstruo | Novas bestialidades

Monstruo | Novas bestialidades

Listaxe 07/01/2015
01 Matar Gente – Todo le llega al que sabe esperar – Absolute Terror Field (Autoeditado, 2014)
02 Duister – The Boring Sounds of Duister – Fabada Cósmica (Autoeditado, 2014)
03 Ocre – Torpe – Lejos (Discos de Kirlian, 2014)
04 Elvis Negro – estaba en llamas / el salvaje abandono – El mundo en sus manos (Prenom, 2014)
05 Sub Rosa – Dietrich / Mise en place – R.I.P. James (Autoeditado, 2015)
06 Aníbal Anisakis – Single – Bailar (Autoeditado, 2014)
07 404 Error! – Otoño – Acapulco (Autoeditado, 2014)
08 Sokram – Chuvia Ácida – Vacas (Dktc Sons, 2014)
09 VickyPolard – Mutt – Si il vio verlo usconi (Autoeditado, 2014)
10 Superoito – Todo me dá voltas – Non sabes bailar (Autoeditado, 2014)
11 Avecrem – Avecrem – Monstruo Split – Gallego de Baltimore (Porno, 2014)
12 Monstruo – Travesti Afgano / Monstruo Split – Doma, cría (Porno, 2014)
13 Hömi – Pantalla – Global (Autoeditado, 2014)
14 Selvática – Demo – Uh Uh Espejismo (Autoeditado, 2014)

Ocre | Mirando ao lonxe

Ocre | Mirando ao lonxe

Advertisements
Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 50

La Düsseldorf, banquete de repolo

La Düsseldorf, banquete de repolo

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-50_md_4107819_wp_1.mp3″

|Descarga|

Neste episodio escoitamos a música d´Alemaña kraut, do repolo como despectivamente lle chamaron os críticos musicais ingleses. Poñemos a La Düsseldorf, a banda dos irmáns Klaus e Thomas Dinger, ambos formaron parte de Kraftwerk e Neu! A Klaus atribúlese a invención do ritmo “motorik”, un compás de 4/4 e de ritmo moderado que definiu todo un xénero, o krautrock. Cluster, dúo formado por Hans-Joachim Roedelius e Dieter Moebius, movéronse entre o kraut e o ambient e aínda están producindo música (recordamos o seu paso pola cidade da Coruña no 981 festival no ano 2010). Silver Apples soan coa súa oscilación como precursores do rock progresivo a través da electrónica e o Simeon, un sintetizador primexenio deseñado por Simeon Oliver Coxe III. Paramos en Portugal para descubrir a banda de rock progresivo Saga. Viaxamos da Alemaña dos anos 70 á Galiza contemporanea con Lendrone e Músculo! có seu disco Vivac. Ampliamos pescuda e descubrimos a unha nova banda chamada Farniente con membros de Lüger e Schwarz. Pechamos programa coa inconfundible Lætitia Sadier, que liderou StereoLab xúnto a Tim Gane, e que veu presentar novo disco á Coruña dentro do Vello, Raro, Novo comisariado por Sinsal.

Músculo! | Iluminando a noite

Músculo! | Iluminando a noite

Listaxe
01 La Düsseldorf – La Düsseldorf – La Düsseldorf (Nova/Radar, 1976)
02 Saga – Homo Sapiens – Guerra (Movieplay, 1976)
03 Silver Apples – Silver Apples – Oscillations (Kapp Records, 1968)
04 Cluster – Zuckerzeit – Hollywood (Brain, 1974)
05 Lendrone – Uno – Misa en Detroit (Matapadre, 2013)
06 Schwarz – Alquimística -El elefante blanco (Autoeditado, 2012)
07 Farniente -Farniente – Ropa Cara (Discos Humeantes, 2014)
08 Lüger – Lüger – La fin absolue du monde (Giradiscos, 2010)
09 Músculo! – Vivac – Breve historia paralela (Autoeditado, 2014)
10 Lætitia Sadier – Something Shines – Echo Port (Drag City, 2014)
11 StereoLab – Mars Audiac Quintet – Three-Dee Melodie (Duophonic Super 45s, 1994)

Laetitia Sadier | Fulgor deslumbrante

Laetitia Sadier | Fulgor deslumbrante

Fantasma Accidental 49

Qui pagi Pujol

Qui pagi Pujol | foto: Pedro Madueno

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-49_md_4089492_wp_1.mp3″ |Descarga|

“Isto é hardcore” deberon pensar os políticos de ambos os dous bandos ante a “Consulta sobre o futuro político de Cataluña” do 9N. Os lemures pensaron en poñer hardcore catalá neste programa. Oriol Junqueras emocionouse, Artur Mas non entendeu nada, Alicia Camacho ficou coa boca aberta, Mariano Rajoy tentou proibilo, Jordi Pujol quixo invadir Andorra.
Unha selección musical sobre a independencia, o amor romántico, a emancipación, a posesión; Catalunya vs Espanha, o hardcore en definitiva.

L´Odi Social | Pioneiros do hardcore catalá

L´Odi Social | Pioneiros do hardcore catalá

Viaxamos a Catalunya de Pujol entre finais dos 80 e principios da década dos 90, aos anos do hardcore punk máis combativo. Bandas como L’Odi Social, 24 Ideas, Anti/Dogmatikss e HHH facían unha radiografía do desencanto deses anos. Escoitamos moita música recollida no emblemático selo de Barcelona BCore, testemuña e recompilador da escena hardcore, punk e indie catalã.
Continuamos coa evolución cara o emocional dunha banda chamada Standstill, recomendando o documental “10 años y una zanahoria” (Buena Suerte, 2007) dirixido por Enric Montefusco, cantante e líder da banda. O post hardcore, o paso a un estado adulto e coherente lévanos a banda coruñesa Pülsar da que escoitamos temas extraidos dos seus dous discos publicados.

Pülsar | Cruzando pontes

Pülsar | Cruzando pontes

Listaxe 12/11/2014
01 HHH – A por ellos, que son muchos y están supercachas – Estúpido país (Potencial HC/Fobia, 1990)
02 La Banda Trapera del Río – La Banda Trapera del Río – Ciutat podrida (Belter, 1979)
03 Anti/Dogmatikss – Anti/Dogmatikss – Fuego en la Moncloa (Tralla Records, 2000)
04 L’Odi Social – Qui pagi Pujol – 20 Años (Potencial Hardcore, 1986/1992) ‎
05 24 Ideas ‎– Sick Of Banality – Jo i ells (BCore, 1993)
06 Corn Flakes – Childish – Really Real/No Life (BCore, 1992)
07 Rouse – Deep Wound – Trust (7 seconds cover) (Rumble Records, 1993)
08 Fugazi – Repeater – Repeater (Dischord, 1990)
09 Pülsar – Buen Viaje! – Puentes (Baten records/Radix records, 2012)
10 Pülsar – Música para animales – Nueva programación (Baten Records, 2009)
11 Pülsar – Buen Viaje! – El buen tiempo (Baten records/Radix records, 2012)
12 Standstill – The Tide – Last Bridge (Heart In Hand/DIY Product, 1998)
13 Madee – Orion’s Belt – Orion’s Belt (BCore, 2004)
14 Standstill – The Latest Kiss – Memories Collector (BCore, 2003)
15 Standstill – Vivalaguerra – 1,2,3 Sol (Buena Suerte/Intolerancia, 2006)

Standstill

Standstill | Hardcore emocional, foto: Silverthree.

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 48

Estrambote, nova onda

Estrambote, nova onda

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-48_md_4021385_wp_1.mp3″ |Descarga|

Programa sobre a new wave, a nova onda aquí mais en Portugal, e os nuevaoleros. Estrambote é a banda que nos introduce cos seus frescos ritmos das Rías Baixas neste subxénero. Abel Dobarro, axitador da escena musical viguesa forma xunto a Nico (ex Fantasmage e Indomitos), Carmen e Fredo esta banda que nos fai bailalo século vinte.
A escena xerada na contorna do clube CBGB en Nova York a finais dos anos 70 é a orixe mitolóxica da new wave. Unha denominación surxida da mente do representante musical Ian Copeland para quitarlle o mal nome do punk a bandas de novo cuño dentro do DIY. Talking Heads, con David Byrne á fronte, é unha das máis representativas. Pinchamos tantos jits seguidos neste programa que parece de radiofórmula, pero con xeito e escusa argumental.

Talking Heads, despois do punk

Talking Heads, despois do punk

Reivindicamos ás bandas que tocan mal pero que o pasan ben. A movida madrileña representada polo bigote hitleriano de Iñaki de Glutamato Ye Yé no seu primer EP. Os portugueses Táxi e os franceses Indochine soando na mesma época que Metro, os gañadores do Concurso Municipal de Rock de A Coruña do ano 1982, cunha canción da que Fernando F. Rego, administrador de La Fonoteca, escribe: <>.
A parte final está dedicada a Poch, irrepetible e sobredimensionado ser que liderou Derribos Arias, quee foi parte activa da eclosión musical centralizada por Madrid e capitalizada polo PSOE na festa posterior a Transición.

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Poch, o rapaz máis pálido da praia

Listaxe 5/11/2014

01 Estrambote – Estrambote – Así se baila el siglo XX (Seara, 2014)
02 Hidrogenesse – Asi se baila el siglo XX (Piérdete‎, 2000)
03 Estrambote – Estrambote – La serpiente multicolor (Seara, 2014)
04 Glutamato Ye-Yé – Zoraida – Europa (DRO,1982)
05 Talking Heads – Talking Heads: 77 – The Book I Read (Sire, 1977)
06 Estrambote – Ídolos y héroes – Afonso Andrade (2013)
07 The Rubinoos – Back to the Drawing Board! – I Wanna Be Your Boyfriend (Bersekley Records, 1979)
08 Metro – Metro – Él quiere ser tu zombie (Citola, 1982)
09 Táxi – Táxi – Chiclete (Polygram, 1981)
10 Indochine – L’Aventurier – L’Aventurier (BMG Ariola, 1982)
11 La Banda sin Futuro – Grabaciones Desinfectadas – El chico más pálido de la playa del Gros (orixinal de 1983, Subterfuge, 1997)
12 Poch – Poch se ha Vuelto a Equivocar – La playa (Epic, 1985)
13 Poch (con Fania) – Nuevos sistemas para viajar – Hacia El Mar (Gasa, 1988)
14 Derribos Arias (con Iñaki Fernandez) – Disco Pocho – Branquias Bajo el Agua (Gasa, 1984)

Etiquetado , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 47

Apenino, paseos polo pop

Apenino, paseos polo pop

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-47_md_4016303_wp_1.mp3″

Descarga

“Conversa Ultramarina é a canción que abre o disco (o primeiro single) e está inspirada no libro de Lois Pereiro de mesmo título, no que o poeta galego mantén unha relación epistolar coa que fora a súa noiva, Pilar, cando ela se vai a San Francisco e el vive os seus últimos días. Encántame a obra de Lois e ésta, aínda que non é a súa obra máis coñecida nin considerada, resúltame estremecedora. Un historia de amor/desamor brutal, plasmada nuns textos conmovedores. A canción compúxena, dende o inicio, buscando unha homenaxe ao autor” Marco Maril.

Presentamos “Conversa Ultramarina” como adianto da ‘Viravolta’ de Apenino. Unha canción que está inspirada no libro do mesmo título de Lois Pereiro. Repasamos a discografía deste músico de nome non artístico Marco Maril, compostelán afincado en Vigo, e as súas conexións no pasado. Con Dar Ful Ful, en unión de Xabi Font, crearon un pop lánguido comparado moitas veces con Family, é por iso que escollemos a canción na que participa Iranztu Valencia.
Deixa ver o seu gusto polas gravacións de campo nas colaboracións con Rafael Romero, tamén coñecido como Árbore e Raro. A súa discografía está ligada ao selo barcelonés Jabalina, así como aos estudios Abrigueiro, en Friol (Lugo), de Arturo Vaquero “Humanoid”.
A participación deste músico de pop estelar xunto a Mónica Vacas serve de nexo para que na segunda parte falemos do dúo asturiano Mus.
“Lusquefús” é unha canción utilizada para musicar un corto que Alexandre Cancelo filmou para Proxecto Nimbos, unha serie de filmes inspirados nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2014. En ‘Postal illa’ sonoriza a Illa de San Simón (convertida no lugar onde se celebra o festival co cartel máis misterioso do mundo grazas a Sinsalaudio). É a canción oficial do Festival Sinsal 2014, publicada físicamente como postal sonora e construída a partir de sons recollidos na propia illa da ría de Vigo.
Engadimos un extra, o regalo que nos fan os desaparecidos Noise Project coa canción homenaxe a Lois Pereiro “A través do colchón”

Mus, los dies, les coses

Mus, los dies, les coses

Listaxe 29/10/2014

01 Apenino – Viravolta – Conversa ultramarina (acústica) (Jabalina, 2014)
02 Apenino – Viravolta – Conversa ultramarina (Jabalina, 2014)
03 Noise Project – A través do colchón (inédito)
04 Apenino – Un rayo de sol – Días de septiembre (Jabalina, 2007)
05 Apenino – DEDICATESSEN vol. 7 – Cerca de las estrellas (Jabalina, 2013)
06 Dar Ful Ful – El Artista Adolescente – En soledad (con Iranztu Valencia) (Jabalina, 2001)
07 apenino & árbore – animals are not things! – peludiño (2012)
08 Árbore – apenino & raro – #02 (Sinsalaudio, 2005)
09 apenino, mónica vacas & árbore – lusquefús (2014)
10 Apenino – Postal illa (Apenino & Mónica Vacas) (Sinsalaudio, 2014)
12 Mus – El Naval – Al debalu (Acuarela, 2002)
13 Mus – Fai – Los díes,les coses (Acuarela, 1999)
14 Fran Gayo – Las próximas cosechas – Economía de guerra (Acuarela, 2009)
15 Mus – La Vida – Cantares de Ciegu (Green Ufos, 2007)

Etiquetado , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 46

Jacques Derrida | Un fantasma percorre Europa

Jacques Derrida | Un fantasma percorre Europa

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-46_md_3741125_wp_1.mp3″

|Descarga| Deseñamos un programa sobre espectros do pasado no presente. Sobre música empapada de nostalxia. Escoitamos a Scritti Politti unha banda con nome que refire a Antonio Gramsci e que lle da título a unha canción con nome de outro teórico e filósofo: Jacques Derrida. A banda inglesa servenos para iniciar unha busca entre o pasado e o presente do pop de espectros.

“Á “ontoloxía” do fin da historia, Derrida opoñía unha “fantoloxía” asediada polos espectros que superan a barreira do vivo e o morto, da alma e o corpo. (“Ontologie” e o neoloxismo “hantologie” son homófonos en francés; en inglés, “haunt” é “asexar” e incluso “embruxar”).” (Pablo Schanton)

Alex Casanova | Pop antagónico

Alex Casanova | Pop antagónico

Estreamos dous discos; o do galego Alex Casanova có seu esperado debut ‘Antagonasia’ (Crispis, 2014), e o da chilena Javiera Mena con ‘Otra Era’ (Unión Del Sur, 2014). Escoitamos o rompepistas de efluvio de festa horteira de Joe Crepúsculo para nadar entre as olas de Svper, antes Pegasvs. Coa viguesa BFlecha bailamos a electrónica do presente co seu ‘βeta’ facturado para Arkestra o pasado 2013. Ariel Pink é o invitado de honra do programa, el é o autor dunha música empapada de vaporoso e fantasmal pop. O californiano leva destilando estraños artefactos sonoros dende o 2002 en dez inclasificabels discos. Jon Maus é un dos seus compañeiros de bailes raros.

Listaxe 22/10/2014
01 Scritti Politti – Songs to Remember – Jacques Derrida (Rough Trade, 1982)
02 Scritti Politti – Cupid & Psyche 85 – Perfect Way (Virgin, 1985)
03 Alex Casanova – Antagonasia – Todo va a estar bien (Crispis, 2014)
04 Alex Casanova – Yo no me Muevo por Dinero (Demo, 2012)
05 Joe Crepúsculo – Baile de magos – Mi fábrica de baile (mushrow Pillow, 2013)
06 Svper – Pegasvs – Sobre las Olas (Canada, 2012)
07 Javiera Mena – Otra Era – Otra Era (Unión Del Sur, 2014)
08 Javiera Mena – Esquemas juveniles – Al siguiente nivel (Unión Del Sur, 2006)
09 Emilio José – Chorando Apréndese – Río grande do sul (Fohen, 2012)
10 BFlecha – βeta – B33 (Arkestra, 2013) 11 BFlecha ft Arufe – βeta – Mundo Bizarro (Arkestra, 2013)
12 Ariel Pink – Pom Pom – Put Your Number In My Phone (4AD, 2014)
13 Ariel Pink’s Haunted Graffiti – Before Today – Bright Lit Blue Skies (4AD, 2010)
14 John Maus – We Must Become the Pitiless Censors of Ourselves – Believer (Upset the Rhythm, 2011)

Ariel Pink | Nostalxia pop

Ariel Pink | Nostalxia pop

Etiquetado , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 45

Little Richard - Elvis is dead

Little Richard – Elvis is dead

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-45_md_3713658_wp_1.mp3″ |Descarga|

Este é un programa de libre configuración, de escaleta móbil, de guión improvisado e de fantasmas accidentais. Non sabemos se a nosa distinguida audiencia pertence a igrexa de Elvis ou se creen que o seu espírito aínda vaga entre nós, pero os lemures acreditan que Elvis está morto. Non creen no seu reinado, tan só foi o elixido para branquear o rock and roll. Os brancos non saben bailar. A rebeldía de Elvis Aaron Presley era mellor, máis guapa, máis americana que a de Chuck Berry ou Little Richard.

Rei-vindicamos aos Elvis negros, e escoitamos aos que herdaron o seu nome. Traemos a Elvis Perkins e a Elvis Costello a colación.

Elvis Negro | Al amor y a la amistad y la aniquilación total

Elvis Negro | Salvaxe abandono

Pero queriamos falar do Elvis Negro da Coruña. Unha banda de íntimo surrealismo e shoegaze mental. Buscamos algunhas conexións como a de Nouvelle Cuisine e rescatamos os proxectos dun dos seus ex-membros: David Miranda.

Rematamos con post-punk, os axitadores Ornamento y Delito con novo disco, e traemos do pasado a dúas bandas lendarias: Pere Ubu e Half Japanese que estarán no futuro inmediato en Galiza nun novo Sinsal en Vigo.

Pere Ubu | Solución final

Pere Ubu | Solución final

Listaxe 15/10/2014
01 Living Colour feat. Little Richard and Maceo Parker – Time’s Up – Elvis is Dead (Epic, 1990)
02 Little Richard – Little Richard – Good Golly Miss Molly (Specialty Records, 1957)
03 Willie Mae “Big Mama” Thornton – Hound Dog (Peacock Records, 1953)
04 El Vez – Fun in Español – Está bien mamacita (Sympathy For The Record Industry, 1991)
05 Elvis Perkins in Dearland – Doomsday EP – Stay Zombie Stay (XL Recordings, 2009)
06 Elvis Costello and The Atractions – This Year’s Model – Pump it up (Radar, 1978)
07 Elvis Negro – estaba en llamas / el salvaje abandono – A veces está bajo (Prenom, 2014)
08 Nouvelle Cuisine – Mientras tanto (Colección otoño/invierno) – Roulotte (2012)
09 Cripple and The Tramp – Deep in the Dark – The House (Discos Perdidos, 2012)
10 Bangor – Lembrarás este cuarto – Poema do inverno ( A Regueifa Netlabel, 2011)
11 Elvis Negro – Mientras tanto (Colección otoño/invierno) – Al amor y a la amistad (y la aniquilación total) (Prenom, 2014)
12 Ornamento y Delito – El espíritu objetivo – Laissez faire (LimboStarr, 2014)
13 Half Japanese – Overjoyed – Overjoyed And Thankful (Joyful Noise, 2014)
14 Ornamento y Delito – Putas y Cocheros – Canción de derechas (2009)
15 Pere Ubu – Final Solution (Hearthan, 1976)

Ornamento y Delito | Todo podre, todo en venda

Ornamento y Delito | Todo podre,
todo en venda

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 44

KRKT | Electrónica subversiva

KRKT | Electrónica subversiva

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-44_md_3684005_wp_1.mp3″ |Descarga|

Neste segundo episodio da terceira tempada confeccionamos unha selección musical que busca o futuro a través da electrónica. Experimentación e pescuda dos espazos sonoros alternativos galegos xunto á braindance e a IMD actual na península.
KRKT (Korokati) é Roberto Casteleiro, o autor da nosa sintonía e unha mente inqueda do panorama electrónico galego. Este coruñés é un arquitecto musical con letras subversivas en contra do sistema capitalista. Matar Gente (Matar Xente) é o proxecto en solitario de Nicolás Nieto, baixista de Músculo!. A súa música en loop crea ambientes expansivos en capas e capas entretecidas. Blixdeina son Santiago Rodríguez, coñecido por formar parte de Mequetrefe, e a artista Monica Mura poñen música e voz a “Tus palabras ya no me tocan” do escritor, poeta e crítico musical Fernando Fernández Rego. A poesía orixinal foi publicada en 2011 no libro “Blues From A Gun: Secuencias Interiores”.
A improvisación e a experimentación sonora, o erro sonoro/visual, a música incidental e os ritmos minimalistas conforman o proxecto chamado Ulobit. Formado por Ariel Ninas (zanfoña), Horacio Gonzalez (video) e Xoan Xil (electrónica) nesta peza revisitan “Vikingland”, a longametraxe de Xurxo Chirro do 2011. Facemos contraste coa unión de Alva Noto + Ryuichi Sakamoto e os seus bits minimalistas. Escoitamos a actualidade musical da electrónica no estado español cunha pequena selección: o catalán Uner é un dos máis importantes nomes da electrónica hispana; o dúo asturiano formado por Ana Quiroga e Uge Pañeda LCC, abreviatura de Las Casi Casiotones, involucionan para quedar coa matería principal no seu LP para Mego; Svreca é un madrileño de techno abstracto e experimentación sonora, publica có seu propio selo, Semantica, e pincha nas máis selectas cabinas europeas; mentras que Downliners Sekt é un dúo catalano-francés, con sede en Barcelona, que fichou polo prestixioso selo francés Infiné.
Aphex Twin volta a actualidade publicando “Syro” con Warp. Máis música inclasificable de Richard D. James, que ben podería ser un álbum anterior a “drukQs” (2001).
Rescatamos do pasado da música electrónica galega a dous históricos: Humanoid e Prozack, para mostrar que o futuro está escrito no pasado, ao menos na música.

LCC | Mineralogía con base electrónica

LCC | Mineraloxía con base electrónica

Listaxe 08/10/2014
01 Korokati – MaA3 – MaA2, el ascenso del estado penal
02 Matar Gente – Todo le llega al que sabe esperar – Terrible
03 Blixdeina – Palabras
04 Ulobit – Vikingland Noise Redux (live)
05 Alva Noto + Ryuichi Sakamoto – Insen – Moon (Raster-Noto, 2005)
06 Uner – Tune432 – Tierra Hueca (Original Mix) (Diynamic Label, 2014)
07 LCC – d/evolution – Quarz (Editions Mego, 2014)
08 Aphex Twin – Syro – minipops 67 [120.2] (Warp, 2014)
09 Svreca – Obscur. Alternative. – Seda Muerta (Semantica, 2011)
10 Downliners Sekt – Silent Ascent – Silent Ascent (InFine Music, 2014)
11 Humanoid – Vectorspheres – Analogue Dream (Jabalina, 1998)
12 Prozack – Tan lejos – Dualidad (Elefant, 1998)

Aphex Twin | Deep web sound

Aphex Twin | Deep web sound

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 43

nova  portada do FA

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-43_md_3577554_wp_1.mp3″ |Descarga|

Retornamos ás ondas e presentamos a nosa III tempada na Cuac FM. Estreamos imaxe e sintonía. Aymará Ghiglione é a autora da imaxe e Roberto CasteleiroKorokati” adaptou o seu tema La Puerta Excavadora para a cabeceira do programa. Estamos moi agradecidos!

Oroza |  A poesía do fracaso

Oroza | A poesía do fracaso

Presentamos unha compilación de músicas que comezan coa poética beat de Carlos Oroza na compaña de Jay, a experiencia e a xuventude man a mano na reinterpretación da poesía do viveirense. Escoitamos o single que edita Seara Records xunto a Editorial Elvira.

Esta tempada está dedicada a memoria de Francisco Dotras Lamberti, que faleceu o 13 de setembro deste ano. Foi un moi querido compañeiro da Cuac FM e o botaremos de menos.

Cuchillo de Fuego, foto: D.Tombilla

Cuchillo de Fuego | foto: David Tombilla

A parte principal do programa está centrada no primeiro disco de Cuchillo de Fuego editado por Amawisca (xunto a Chingaste La Confianza, Existencia e El Morro de Alf). Unha banda da órbita do Liceo Mutante formada por membros de Sierpes de la Luz, Los Collares de Perlas, Djalminha e Unicornibot.
Comparten protagonismo có retorno de Shellac, a banda de Steve Albini ten novo disco chamado Dude Incredible, sete anos despoís do anterior e publicado polo selo independente Touch and Go Records.
Moita música cargada de odio e visceralidade ao estilo Peter Bagge. Queriamos terminar montando en moto pero acabamos mareados.

Listaxe 01/10/2014

01 Carlos Oroza & Eclipse – CARLOS OROZA 7″ – Malú (grabado 1975) (Seara Records, 2014)
02 Carlos Oroza & JAY – Évame- Carlos Oroza & JAY (Seara Records, 2014)
03 Allen Ginsberg – First Blues – Father Death Blues (John Hammond Records, 1982)
04 Cuchillo de Fuego – Triple España – Electrónica Martinez (Amawisca, 2014)
05 Shellac – Dude Incredible – Dude Incredible (Touch and Go, 2014)
06 Big Black – Atomizer – Big Money (Homestead, 1986)
07 Cuchillo de Fuego – Triple España – Bouquet ( Fuego y Mierda ) (Amawisca, 2014)
08 Los Collares de Perlas – Le Hajduk Split – Futbolistas gemelos encontrados muertos en apartamento de lujo (2011)
09 Rapeman – Two Nuns and a Pack Mule – Kim Gordon´s Panties (Touch and Go, 1988)
10 Djalminha – Djalminha – Así que… (Chingaste La Confianza/Niquel Press, 2014)
11 Shellac – Dude Incredible – Riding Bikes (Touch and Go, 2014)
12 Jesus Lizard – Goat – Seasick (Touch and Go, 1990)

Steve Albini | Con mono de traballo

Steve Albini | Con mono de traballo

Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , ,

Fantasma Accidental 42

Pálida | Raves do espazo exterior

Pálida | Raves do espazo exterior

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-42_md_3343583_1.mp3″ Descarga|

Rematamos a nosa segunda tempada na CuacFM cun programa con futuro e pasado. Comezando con Pálida, o proxecto de música electrónica de Nelo, o cantante de Durarará!! e tamén integrado no colectivo Metamovida. É a música que queremos que soe nas nosas raves no espazo exterior. Contrastámolo con Nathan Fake remisturado por James Holden.

Chicharrón | Dolor e frío

Chicharrón | Dor e frío

Editado por PRENOM temos Chicharrón, que é o novo proxecto de Alberto Martinez Vecino, e nace das cinzas de Franc3s que foron disoltos a finais do ano pasado (xa o contamos no FA 35). Alberto está acompañado de Rubén Domínguez, de Telephone Rouges, e Diego “Chape” Gende, xuntos producen nova música de expiación que nos remite a Michel Gira e o seu World of Skin.

A segunda parte está dedicada aos vinte anos de “Super 8”(RCA, 1994), o primeiro larga duración de Los Planetas é homenaxeado por xente como Klaus & Kinsi e os galegos Disco Las Palmeras! nun CD que acompaña a “De viaje por Los Planetas” da editorial Ondas del Espacio. Ímonos de viaxe e despedímonos ata a próxima tempada deste programa que viaxa no tempo e no espazo da música alternativa.

Los Planetas | 20 anos de viaxe

Los Planetas | 20 anos de viaxe

Listaxe 25/06/2014

01 Pálida- A killing farawell- Goodbye II
02 Nathan Fake- The Sky Was Pink (Holden Remix) (Border Community, 2014) ‎
03 Pálida- The Veil
04 Chicharrón- Chicharrón- Caída horizontal (infraleve) (Prenom, 2014)
05 The World of Skin- Ten Songs From Another World- The child´s right (Young Gods Records, 1990)
06 Chicharrón- Chicharrón- Por mi grandísima culpabilidad (Prenom, 2014)
07 Los Planetas- Super 8- De viaje (RCA, 1994)
08 Klaus Kinski- De viaje por Los Planetas- Que puedo hacer (Ondas del espacio, 2014)
09 Disco Las Palmeras- De viaje por Los Planetas- 10.000 (Ondas del espacio, 2014)
10 Los Planetas- Super 8- La caja del diablo (RCA, 1994)
11 Los Planetas- Medusa EP- Mi hermana pequeña (Elefant, 1993)

Etiquetado , , , , , , ,
Advertisements
Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

República Ibérica Ruidista

Iberian Netlabel / Social Phonography