Fantasma Accidental 4×07

http://www.ivoox.com/fantasma-accidental-4x07_md_9945877_wp_1.mp3″ |Descarga|

Derradeiro programa do ano cun Especial Nadal no que lle pedimos a oito persoas de varias bandas galegas que nos contaran cal era a súa gravación favorita das que tiñan feito ata o de agora e ademais que recomendaran unha canción ou tema que escoitaran este 2015.

Roberto Casteleiro, alias de Korokati, Koroiev e Flesfa Dublé, recupera un tema de Fagot y Popota, o seu dúo con Diego Lamas, na gravación para o Record Store Day de Desconcierto Cultural. A canción elexida por Roberto como representativa do que máis lle gustou este ano é de Hidrogenesse, os barceloneses Carlos Ballesteros e Genís Segarra, do seu disco “Roma”.

Alberto M. Vecino de Chicharrón, antes en Franc3s, escolle unha canción do disco debut da banda de Carballo e O Grobe,  a súa canción do 2015 está na emoción pura da música de Christina Rosenvinge no seu disco “Lo nuestro”.

Coque Dosil dos Puma Pumku presenta “A Window in Time” un tema da súa banda que lle trae moi bos recordos. O canción do 2015 que quere que coñezamos é dos Jay, banda ruidosa de Vigo que sacaron este ano “Los colegas no te olvidan”.

Óscar Vilariño de Musel e A Veces Ciclón escolle a súa música neste ‪‎Especial Nadal con un tema do disco “Rabuña” dos Musel que foi editado polo selo Acuarela. Gente Joven, leoneses integrantes tamén do mesmo selo, co seu “Garcilaso” é a súa eleccción dentro do que máis lle gustou deste ano.

Luismi de Lobishome, Travesti Afgano e Selvática cóntanos que o disco con Travesti Afgano é a gravación que máis lle mola e pinchamos “Defensa Mental” do Jefes de julais. Non vai moi lonxe para indicar que participa do tema que máis lle gusta deste ano: “Ella es especial” de Selvática.

Rafa Anido, de mil bandas (Travesti Afgano e Metralletas Lecheras entre elas), escolle un tema instrumental de Jimenez Los Santos co que recorda que cambiou o baixo pola guitarra. Queda en Galiza para dicir que “Las Vacaciones” de Diadermín é a súa favorita neste ano que acaba.

Bea Argüelles da formación coruñesa Lady Leño escolle un tema do seu primeiro álbum que lle fai sentir poderosa cando o toca en directo. Gústalle moito “Vigorexia Emocional” do asturiano Pablo Und Destruktion e así o recomenda.

Zippo de Sra Sr Sra e Triángulo de Amor Bizarro escolle en último lugar a súa música neste ‪‎Especial Nadal‬ cun trallazo dos Sra Sr Sra e sorprende cunha elección musical que nos leva ao ano 1950: Amos Milburn, co seu “Bad Bad Whiskey”. A ritmo de rhythm and blues despedímonos ata o próximo ano.

Advertisements
Etiquetado , ,

2 thoughts on “Fantasma Accidental 4×07

  1. koroiev di:

    Reblogueó esto en – Roberto Casteleiro –y comentado:
    Amor incondicional ao Fantasma Accidental!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nomepisesofreghao!

Feministas mudando o mundo

LAV 016

Laboratorio Audiovisual de Vedra

INDUSTRIAL PT

Grupo de Incentivo à Música Industrial em Portugal

Èdip als Tròpics

Temor, temblor y fantasía

malditosvinilos

discos punk, contracultura, subversion!

Hervir un Indie

Una nueva forma de observar el panorama alternativo de la música y el arte

Silencio! Records

Promotora cultural. Santiago DC

Discos y Libros DE KIRLIAN

Casa de Libros y Discos. Poble Sec (Barcelona) Desde octubre de 2011. discosdekirlian@gmail.com

Discos Perdidos

plataforma musical independiente

MONICA MURA | Italian Multimedia Artist & Designer

Monica Mura, Artista Multimedia y Diseñadora Gráfica especializada en nuevos lenguajes, formas y técnicas de expresión y comunicación para nuevos tiempos.

Ladyfest Madrid

Un Ladyfest Madrid futuro & presente & bello & continuo

Hacia el Sur en el Atlántico

Un podcast de feminismo pop

Por quem os sinos dobram-blog de Fabio M

Futebol, espiritualidade, livros, música, política e tudo mais o que me der vontade.

%d bloggers like this: